Saltar ao contido

Nuno Espírito Santo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNuno Espírito Santo

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Nuno Herlander Simões Espírito Santo Editar o valor en Wikidata
25 de xaneiro de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
San Tomé Editar o valor en Wikidata
Altura188 cm Editar o valor en Wikidata
Peso84 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista, adestrador de fútbol Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaPortugal Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1992–1996 Vitória Sport Clube 34(0)
1993–1994 cesión Sport Clube Vila Real 19(0)
1997–2002   Deportivo da Coruña 4(0)
1998–2000 cesión Club Polideportivo Mérida 69(0)
1998–2000 cesión Mérida Unión Deportiva 69(0)
2000–2001 cesión   CA Osasuna 33(0)
2002–2004   FC Porto 6(0)
2005–2006 FC Dinamo Moscova 11(0)
2006–2007 Clube Desportivo das Aves 15(0)
2007–2007 Clube Desportivo das Aves 15(0)
2007–2010   FC Porto 8(0)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1994–1996   Portugal sub-21 3(0)
  Adestrador Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
2012–2014 Rio Ave Futebol Clube
2014–2015   Valencia CF
2016–2017   FC Porto
2017–2021 Wolverhampton Wanderers F.C.
2021–2021 Tottenham Hotspur
2022–2023 Al Ittihad FC
2023–2024 Nottingham Forest FC Editar o valor en Wikidata
Participou en
xuño de 2008Eurocopa de Fútbol Austria/Suíza 2008
1996Xogos Olímpicos de 1996 Editar o valor en Wikidata

FIFA: 183397 Editar o valor en Wikidata

Nuno Herlander Simões Espírito Santo, nado en San Tomé o 25 de xaneiro de 1974, é un exfutbolista e adestrador de fútbol santomense, naturalizado portugués, que dende decembro de 2023 adestra o Nottingham Forest, da Premier League.

Xogaba de porteiro e militou en varios clubs de Portugal, España e Rusia, sen conseguir ter moita continuidade, agás no Mérida, onde conseguiu o Trofeo Zamora de Segunda División, e en Osasuna. Aínda que nunca chegou a vestir a camiseta da selección portuguesa, foi parte do conxunto luso na Eurocopa de 2008.

Comezou a súa carreira como adestrador no Rio Ave, ao que guiou ata as finais da Copa de Portugal e da Copa da Liga. A continuación dirixiu o Valencia e o Porto, antes de recalar no banco do Wolverhampton Wanderers, onde permaneceu catro tempadas, logrando un ascenso á Premier League. Máis tarde adestrou o Tottenham e o Al-Ittihad Club.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu o 25 de xaneiro de 1974 na illa de San Tomé, cando esta formaba parte do Imperio Portugués, un ano e medio antes da independencia de San Tomé e Príncipe, nunha familia con ascendencia tanto africana como europea, que acabou instalándose en Portugal.[1]

Como futbolista

[editar | editar a fonte]

Vitória de Guimaraes

[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar ao fútbol no Santoantoniense de Barreiro, pasando logo polo Quimigal e o Caçadores Torreenses, antes de ingresar en 1991 na canteira do Vitória de Guimarães. En 1993 debutou co primeiro equipo, con 19 anos e 4 meses de idade, converténdose no gardameta máis novo en vestir a camiseta do club.[2]

Tralo seu precoz debut na Primeira Liga, para a tempada 1993/94 saíu cedido ao Vila Real, equipo da Segunda Liga que acabou descendendo ao remate da campaña. A continuación regresou ao Vitória, onde comezou a xogar como titular con máis asiduidade, acadando os 34 partidos de liga.

Deportivo da Coruña

[editar | editar a fonte]

Militando no Vítória, coñeceu a Jorge Mendes, converténdose no primeiro cliente do que anos máis tarde sería o axente de futbolistas máis famoso do mundo.[1] En 1996 o Deportivo da Coruña interesouse polo xogador, ofrecéndolle un salario 10 veces superior ao que cobraba en Portugal,[3] pero o presidente do Vitória, António Pimenta Machado, rexeitou a oferta presentada por Augusto César Lendoiro. Nuno e Mendes finxiron entón que o futbolista tiña problemas co alcohol, para que o dirixente portugués deixase saír o gardameta con máis facilidade.[1] O plan funcionou e a fichaxe concretouse en outubro de 1996, asinando un contrato por oito anos e pagando o club galego uns 280 millóns de pesetas ao conxunto de Guimarães, así como a ficha de Branko Milovanović.[4][5]

Con todo, o seu paso polo Deportivo foi pouco máis que testemuñal.[6] Na súa primeira tempada na Coruña, o equipo galego estaba a vivir un cambio de ciclo na portería, tralas marchas de Liaño e Elduayen, e contaba con catro gardametas (Songo'o, Canales e Kouba). Songo'o foi o elixido en case tódolos partidos por John Benjamin Toshack e polo seu sucesor no banco, Carlos Alberto Silva, mentres que Kouba quedou como segundo porteiro trala marcha de Canales no mercado invernal.[7]

Nuno non debutou ata a antepenúltima xornada de liga, cando Silva o introduciu como substituto de Songo'o nos minutos finais dun partido ante o Sevilla en Riazor que estaba practicamente sentenciado (3-0).[7] Ao remate da tempada Kouba saíu cedido ao Kaiserslautern, pero o Deportivo incorporou ao porteiro nixeriano Peter Rufai e Nuno tIvo que esperar máis dun ano para xogar o seu segundo partido co equipo coruñés, ata que foi titular na derradeira xornada da tempada 1997/98 ante o Sporting de Gijón no Molinón.[8]

Cesión ao Mérida
[editar | editar a fonte]

Para a tempada 1998/99 saíu cedido ao Mérida, da Segunda División, en busca dos minutos que non tiña no Deportivo.[9] Debutou na sétima xornada de liga e xa non saíu do once inicial de Paco Herrera durante as seguintes 28 xornadas (excepto unha que perdeu por sanción), sendo elixido por diante de Falagán e Manu. Non encaixou o seu primeiro gol ata o quinto partido e acabou a liga con só 25 goles recibidos en 29 partidos, sendo o terceiro porteiro con mellor coeficiente da competición, só por detrás de Željko Cicović e César Quesada.[10]

Aínda que no verán de 1999 regresou ao Deportivo, volveu ser cedido para unha segunda campaña ao Mérida, que solicitou de novo os seus servizos.[11] Titular indiscutible, disputou completos 41 dos 42 partidos de liga, encaixando só 32 goles, polo que gañou o Trofeo Zamora de Segunda por diante dos gardametas Raúl Arribas (Leganés) e Gaspercic (Extremadura).[12][13] Ademais sumou seis partidos na Copa do Rei, competición na que o equipo estremeño acadou os cuartos de final, e encaixou un só gol, na vitoria por 2-1 sobre o Real Madrid.

Nuno foi o porteiro no último partido da historia do club, que acabou desaparecendo ese verán despois de 88 anos de historia, por mor das súas débedas cos futbolistas.[14]

Cesión a Osasuna
[editar | editar a fonte]

As súas excelentes actuacións en Mérida espertaron o interese dun club da Primeira División, Osasuna, que conseguiu a súa cesión en xullo de 2000.[15] No club navarro, dirixido por Lotina, fíxose coa titularidade por diante de Ricardo Sanzol, disputando 34 partidos.

Regreso ao Deportivo
[editar | editar a fonte]

Para a tempada 2001/02 regresou ao Deportivo da Coruña, tras tres anos de cesións, e coa marcha de Songo'o converteuse no segundo gardameta do equipo, por detrás de Molina.[16] A pesar da titularidade indiscutible de Molina,[16] Nuno tivo a súa oportunidade en outubro, cando o porteiro valenciano se resentiu dos seus problemas musculares no cuarto partido da primeira fase de grupos da Liga de Campións ante o Manchester United en Old Trafford. Nuno substituíuno ao descanso, cun 2-2 no marcador, e callou unha magnífica actuación, mantendo a súa portería sen goles.[17] Salvou un man a man ante Giggs e contribuíu ao vitorioso 2-3 final, no que foi considerado un dos mellores partidos da historia do club galego.[18][19][20]

Xogou tamén os seguintes catro partidos do equipo coruñés, dous deles na liga e outros dous na Liga de Campións (ante Lille e Olympiakos). Trala recuperación de Molina, Nuno volveu ao banco, aínda que foi aliñado por Irureta nos partidos de Copa do Rei, competición na que o Deportivo se acabou proclamando campión.[21] Con todo, Molina foi o elixido para defender a portería na final ante o Real Madrid, no coñecido como Centenariazo.[22] Dúas semanas despois, Nuno disputou o seu 12º e derradeiro partido co Deportivo, na última xornada da segunda fase da Liga de Campións, ante o Bayer Leverkusen, co equipo coruñés xa clasificado para os cuartos de final.[23]

Porto (1ª etapa)

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2002 foi traspasado ao Porto, como parte da operación que levou a Jorge Andrade ao Deportivo.[24] Nos seus primeiros anos no club portugués estivo á sombra do histórico porteiro Vítor Baía, titular na maioría de partidos. Con todo, na súa primeira tempada disputou 15 partidos, contribuíndo a que o equipo de Mourinho se proclamase campión da Primeira Liga, da Copa de Portugal e da Copa da UEFA. Ademais marcou un gol, o único da súa carreira, nos cuartos de final da Copa ante o Varzim, onde anotou de penalti o sétimo gol do seu equipo (7-0).[25][26]

A súa participación reduciuse a nove partidos na seguinte tempada, na que o club portuense conquistou a liga, a Supercopa de Portugal e a Liga de Campións. Ademais chegou ata a final da Copa de Portugal, na que Nuno foi titular, perdendo ante o Benfica 2-1 na prórroga.[27]

Na tempada 2004/05, con Víctor Fernández como adestrador, disputou 7 partidos, entre eles dúas vitorias na Liga de Campións ante o CSKA Moscova e o Chelsea de Mourinho. Xogou tamén na final da Copa Intercontinental ante o Once Caldas no Estadio Internacional de Iocoama, tras substituír a na prórroga a Vítor Baía, vítima dunha taquicardia.[28][29] O partido acabou nunha quenda de penaltis na se realizaron 18 lanzamentos, e aínda que nin Nuno nin o porteiro rival, Juan Carlos Henao, conseguiron deter ningún, o título foi para o equipo portugués grazas ao erro do colombiano Edwin García.[29]

Dinamo Moscova

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2005 deixou Portugal e instalouse en Rusia, fichando polo Dinamo Moscova, onde coincidiu cos seus compatriotas Jorge Ribeiro, Nuno Frechaut, Luís Loureiro, Costinha, Maniche e Danny. [30][31] Disputou 11 partidos co equipo moscovita na Liga Premier e un na Copa de Rusia, ata que en xaneiro de 2007 foi traspasado ao Desportivo das Aves.[32]

Desportivo das Aves

[editar | editar a fonte]

No seu regreso á Primeira Liga portuguesa,[32] converteuse no porteiro titular no equipo adestrado por Neca para o que restaba da tempada 2006/07, sumando un total de 15 encontros. O equipo acabou descendendo á Segunda Liga.

Porto (2ª etapa)

[editar | editar a fonte]

No verán de 2007 regresou ao Porto, onde militou durante as tres últimas tempadas da súa carreira, todas con Jesualdo Ferreira como adestrador. Durante esta etapa o porteiro titular do Porto era Helton, mentres que Nuno disputou 25 partidos en tres anos, a maioría deles na Copa de Portugal e na Copa da Liga. Foi titular na final da Copa de Portugal de 2009, título que o seu equipo conquistou tras derrotar ao Paços de Ferreira no Estadio Nacional de Oeiras.[33]

Xogou o seu derradeiro partido como futbolista o 21 de marzo de 2010, na final da Copa da Liga fronte ao Benfica no estadio Algarve de Faro, partido que gañou o equipo de Lisboa por 3-0.[34] En xuño de 2001 o Porto anunciou a fin do seu contrato.[35] Pechou o seu paso polo Estádio do Dragão con 61 partidos oficiais, 1 gol e 12 títulos.

Selección portuguesa

[editar | editar a fonte]

Internacional coas categorías inferiores da selección portuguesa, foi membro do equipo portugués que disputou a Eurocopa sub-21 de 1996 en España. Foi tamén convocado por Nelo Vingada para representar a Portugal nos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta, a primeira participación do equipo luso dende os Xogos de 1928. Aínda que acudiu aos Estados Unidos como segundo porteiro por detrás de Costinha, acabou substituíndo ao bracarense cando este se lesionou no segundo encontro ante a Arxentina de Daniel Passarella.[36] Foi titular no partido ante a selección anfitrioa que pechou a primeira fase e tamén nos cuartos de final contra Francia, onde Portugal venceu grazas a un gol de ouro de José Calado.[37] A continuación ocupou a portería nas semifinais contra a Arxentina, recibindo dous goles de Hernán Crespo que eliminaron o equipo luso.[38] Finalmente Portugal perdeu tamén no partido pola medalla de bronce, ante o Brasil, acabando no cuarto lugar final, que, con todo, é o mellor resultado olímpico da súa historia.[39]

Entre 2000 e 2001 disputou tres partidos coa selección B de Portugal. A pesar de non vestir nunca a camiseta da selección absoluta, foi convocado polo técnico Luiz Felipe Scolari para substituír o lesionado Quim na Eurocopa de 2008, onde tampouco chegou a xogar, acadando o seu equipo os cuartos de final.[40]

Como adestrador

[editar | editar a fonte]

Inmediatamente trala súa retirada como futbolista, iniciou a súa carreira como adestrador. A súa primeira experiencia foi no Málaga, onde traballou durante uns meses como adestrador de porteiros, acompañando ao seu último técnico, Jesualdo Ferreira.[41] Trala destitución de Ferreira, Nuno seguiuno ao seu seguinte destino, o Panathinaikos grego.[42]

En maio de 2012 comezou a traballar por primeira vez como adestrador principal, collendo as rendas do Rio Ave, da Primeira Liga, trala destitución de Carlos Brito. Na súa primeira campaña á fronte do equipo acabou a liga na sexta posición, o mellor resultado en máis de 30 anos. Ademais acadou as semifinais da Copa da Liga, por primeira vez na historia do club.

Na tempada 2013/14 o Rio Ave de Nuno chegou ás finais da Copa de Portugal (a segunda na historia do club) e da Copa da Liga (por primeira vez), aínda que acabou perdendo ambas diante do Benfica de Jorge Jesus.[43] Con todo, conseguiu clasificar o equipo para a Europa League, feito nunca antes acadado polo club de Vila do Conde.

Para a campaña 2014/15 foi contratado polo Valencia, que viña de ser adquirido por Peter Lim, un empresario próximo ao representante do adestrador, Jorge Mendes.[43] Na súa primeira tempada como técnico valencianista foi elixido tres veces Adestrador do Mes e acabou a liga na cuarta posición, co maior número de puntos da historia do club, clasificando o equipo par a Liga de Campións despois de dous anos de ausencia.[44]

No verán de 2015 abandonaron o Valencia Amadeo Salvo e Rufete, presidente executivo e mánager xeral deportivo respectivamente, por mor do crecente papel de Nuno e Mendes na xestión do club.[45] Isto, sumado aos pobres resultados do equipo, foi aumentando o descontento entre os seareiros valencianos, que cada xornada pedían en maior número a marcha do adestrador.[46] Finalmente, o 29 de novembro de 2015, Nuno anunciou a súa dimisión, sendo substituído días máis tarde por Gary Neville.[46]

En xuño de 2016 asinou co Porto, iniciando así a súa terceira etapa cos "dragóns azuis", a primeira como adestrador. Dirixiu o club durante unha soa campaña, acabando subcampión de liga por detrás do Benfica de Rui Vitória.[47]

Wolverhampton Wanderers

[editar | editar a fonte]

O 31 de maio de 2017 foi nomeado novo adestrador do Wolverhampton Wanderers, do EFL Championship, co que asinou un contrato por tres anos.[48] En novembro foi elixido Adestrador do Mes da competición, conseguindo o seu equipo catro vitorias en catro partidos, nos que anotou 13 goles.[49] Na súa primeira tempada proclamouse campión da segunda categoría, levando o equipo á Premier League tras seis anos de ausencia.[50][51]

No seu segundo mes como técnico da Premier, en setembro de 2018, foi galardoado como Adestrador do Mes, despois de que o seu equipo se mantivese invicto, acumulando dez puntos en catro partidos e encaixando un só gol.[52] Os Wolves remataron a liga 2018/19 na sétima posición, o mellor resultado do club dende a tempada 1979/80, cando quedara sexto. Deste xeito logrou a clasificación para a Europa League, a primeira competición europea do equipo en case 40 anos.[53]

Na tempada 2019/20 o Wolverhampton volveu rematar sétimo, gañando outro premio ao Adestrador do Mes, mentres que chegou aos cuartos de final da Europa League, o mellor resultado en competicón europea do club dende a final da Copa da UEFA de 1972. Na seguinte campaña superou a Mick McCarthy como o técnico do club con máis partidos dirixidos na Premier League,[54] antes de anunciarse que deixaría o club ao final da competición, de mutuo acordo.[55]

Tottenham Hotspur

[editar | editar a fonte]

O 30 de xuño de 2021 foi anunciado como novo adestrador do Tottenham Hotspur.[56] Conseguiu tres vitorias nos seus tres primeiros partidos, gañando o seu cuarto premio ao Adestrador do Mes da Premier League.[57] O 1 de novembro de 2021, despois de que o seu equipo perdese ante o Manchester United por 0-3, a súa quinta derrota en sete partidos e que o deixou noveno na táboa, foi destituído, despois de menos de catro meses no club.[58] Foi substituído por Antonio Conte ao día seguinte.[59]

Al-Ittihad

[editar | editar a fonte]

En xullo de 2022 asinou como técnico do Al-Ittihad de Jeddah, club da Liga Profesional Saudita.[60] Sete meses despois da súa chegada, gañou a Supercopa de Arabia Saudita cunha vitoria por 2-0 na final contra o Al-Fayha.[61] En maio de 2023 conquistou a liga saudita, o primeiro título de liga do club en 14 anos.[62] A pesar dos éxitos do equipo durante a tempada 2022/23, Nuno foi despedido pouco despois do comezo da seguinte, despois dunha discusión coa estrela do equipo, Karim Benzema.[63]

Nottingham Forest

[editar | editar a fonte]

O 20 de decembro de 2023 anunciouse o seu regreso á Premier League como novo adestrador do Nottingham Forest, onde substituíu o cesado Steve Cooper.[64]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Deportivo da Coruña
Porto
Individual

Adestrador

[editar | editar a fonte]
Wolverhampton Wanderers
Al-Ittihad
Individual
  • Adestrador do Mes da Primeira División (3): Setembro de 2014, Decembro de 2014, Febreiro de 2015.
  • Adestrador do Mes do EFL Championship (1): Novembro de 2017.
  • Adestrador do Mes da Premier League (4): Setembro de 2018, Xuño de 2020, Outubro de 2020, agosto de 2021.
  • Adestrador do Mes da Liga Proresional Saudita (3): Marzo de 2023, abril de 2023, agosto de 2023.
  1. 1,0 1,1 1,2 Lowe, Sid (27 de setembro de 2016). "‘I saw a lot from the bench’: how Porto’s reserve goalkeeper became manager". The Guardian (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2023. 
  2. "Uma estreia para a história" (en portugués). 5 de marzo de 2023. Consultado o 10 de novembro de 2023. 
  3. "El Dépor se interesa por Nuno, dicen en Portugal". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de maio de 1996. p. 44. 
  4. "El fichaje más largo". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de outubro de 1996. p. 51. 
  5. "Milovanovic firmó con el Vitoria por cuatro años". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de outubro de 1996. p. 54. 
  6. Centeno, Alexandre (5 de agosto de 2006). "Mucho portero, poco éxito". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  7. 7,0 7,1 Bouzas, Fabián (18 de outubro de 2017). "El otro póker de porteros que alumbró Riazor". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  8. "Sporting de Gijón 0-3 Deportivo da Coruña". BDFutbol (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  9. "Los herederos de Nuno". La Voz de Galicia (en castelán). 11 de outubro de 1998. p. 59. 
  10. "Segunda División 1998-99". BDFutbol (en castelán). Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  11. "Nuno será cedido al Mérida". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de xullo de 1999. p. 57. 
  12. "El Zamora, de Segunda, fue ganado tres veces por guardametas de clubes extremeños durante los noventa" (en castelán). 27 de outubro de 2022. Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  13. "El Dépor felicitó a Nuno por su Trofeo Zamora". La Voz de Galicia (en castelán). 7 de xuño de 2000. p. 57. 
  14. "El Mérida desaparece por las deudas". El Mundo (en castelán). 31 de agosto de 2000. Consultado o 11 de novembro de 2023. 
  15. "Nuno, cedido a Osasuna". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xullo de 2000. p. 35. 
  16. 16,0 16,1 "El retorno de Nuno cierra los fichajes para la portería". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xuño de 2001. p. 37. 
  17. "Uno a uno". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de outubro de 2001. p. 42. 
  18. "Gesta del Deportivo en Old Trafford". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de outubro de 2001. p. 41. 
  19. Cobas, Eugenio (17 de outubro de 2011). "El Teatro de los Sueños". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  20. Balagué, Guillem (18 de outubro de 2011). "Triunfo histórico del Deportivo en Old Trafford". El Mundo (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  21. "Centenariazo: Los artífices de la conquista" (en castelán). https://www.riazor.org/centenariazo-los-artifices-de-la-conquista/. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  22. Burgos, Julián (4 de xaneiro de 2015). "Nuno vivió el 'Centenariazo". As (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  23. "Irureta dará la alternativa al portero Nuno". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de marzo de 2002. p. 37. 
  24. "El Dépor ficha al internacional portugués Jorge Andrade". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de xullo de 2002. p. 32. 
  25. "Porto 7-0 Varzim". zerozero.pt (en portugués). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  26. A. Lopez, Norberto (9 de outubro de 2008). "F. C. Porto: Nuno é mais que um guarda-redes" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 9 de outubro de 2008. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  27. "Porto 1-2 Benfica 2004". zerozero.pt (en portugués). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  28. "El Oporto, campeón de la Copa Intercontinental". El Mundo (en castelán). 12 de decembro de 2004. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  29. 29,0 29,1 "El gran susto de Baia y una expulsión insólita". El País (en castelán). 13 de decembro de 2004. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  30. "Nuno apresentado no Dínamo" (en portugués). 22 de xullo de 2005. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  31. "Nuno Espírito Santo e a cadeira de sonho" (en portugués). 30 de maio de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  32. 32,0 32,1 ""Динамо" потеряло Нуну" (en ruso). 27 de xaneiro de 2007. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  33. "FC Porto 1-0 Paços de Ferreira". zerozero.pt (en portugués). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  34. "El Benfica revalida la Copa de la Liga". Marca (en castelán). 21 de marzo de 2010. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  35. "Comunicado da FC Porto – Futebol, SAD" (en portugués). 21 de xuño de 2010. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2010. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  36. "Arxentina 1-1 Portugal Xogos Olímpicos 1996". FIFA (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  37. "Portugal 2-1 Francia Xogos Olímpicos 1996". FIFA (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  38. "Arxentina 2-0 Portugal Xogos Olímpicos 1996". FIFA (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  39. "Games of the XXVI. Olympiad". rsssf.org (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  40. "Nuno é o substituto de Quim" (en portugués). 7 de xuño de 2008. Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  41. "Nuno: "En Málaga hay gente que aprecio, pero son mis rivales"" (en castelán). 29 de agosto de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  42. "O técnico que já o era antes de o ser" (en portugués). 30 de maio de 2016. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  43. 43,0 43,1 "Nuno Espírito Santo a caminho do Valência" (en portugués). 13 de xuño de 2014. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  44. "Nuno deja el Valencia". As (en castelán). 29 de novembro de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  45. "Amadeo Salvo y Rufete arrojan la toalla y abandonan el Valencia" (en castelán). 1 de xullo de 2015. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  46. 46,0 46,1 Valle, Conrado (29 de novembro de 2015). "Nuno deja el Valencia". As (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  47. Ribeiro, José Manuel (22 de maio de 2017). "Nuno Espírito Santo deixa o FC Porto" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2023. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  48. "Nuno Espirito Santo: Wolves appoint former Porto boss as head coach". BBC (en inglés). 31 de maio de 2017. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  49. "Wolves boss Nuno wins manager of the month award" (en inglés). 8 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2023. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  50. "Wolves: Championship leaders promoted to Premier League after Fulham draw with Brentford". BBC (en inglés). 14 de abril de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  51. "Champions! Wolves win the league after breezing past Bolton" (en inglés). 21 de abril de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  52. "Nuno claims Barclays Manager of the Month for September 2018". Premier League (en inglés). 12 de outubro de 2018. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  53. "Wolves v Braga facts". UEFA (en inglés). 11 de setembro de 2019. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  54. "Captain Jamaal Lascelles says Newcastle "need to stop talking and put points on the board" after missing a chance to move further clear of the Premier League relegation zone with a draw against Wolves.". BBC (en inglés). 27 de febreiro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  55. "Nuno set to leave Wolves". BBC (en inglés). 21 de maio de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  56. "Nuno Espírito Santo appointed new Head Coach" (en inglés). 30 de xuño de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  57. "Nuno Espirito Santo named August's Manager of the Month, Michail Antonio and Trevor Chalobah also win awards" (en inglés). 10 de setembro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  58. "Nuno Espirito Santo: Tottenham sack manager with Antonio Conte contender to replace him". BBC (en inglés). 2 de novembro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  59. "Antonio Conte: Tottenham appoint former Chelsea boss as new manager". BBC (en inglés). 2 de novembro de 2021. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  60. "Nuno Espirito Santo named new boss of Saudi Arabian side Al-Ittihad" (en inglés). 5 de xullo de 2022. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2023. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  61. Drury, Jonny (30 de xaneiro de 2023). "Ex-Wolves boss Nuno and former West Brom defender Ahmed Hegazi win Saudi Super Cup" (en inglés). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  62. "Nuno banishes memories of recent disappointments as he leads Al-Ittihad to Roshn Saudi League glory" (en inglés). 28 de maio de 2023. Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  63. Pérez, Guillermo (8 de novembro de 2023). "Nuno llamó “vago” a Benzema: 24 horas después, despedido". As (en castelán). Consultado o 12 de novembro de 2023. 
  64. "Nottingham Forest hires Nuno Espírito Santo as manager to replace Steve Cooper" (en inglés). 20 de decembro de 2023. Consultado o 20 de decembro de 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]