Pankrti
Pankrti | |
---|---|
Orixe | Ljubljana, Eslovenia (RFS Iugoslavia) |
Período | 1977–1987 2007-presente |
Xénero(s) | Punk |
Membros | Peter Lovšin Gregor Tomc Bogo Pretnar Dušan Žiberna Marc Kavaš Boris Kramberger Slavc Colnarič |
Na rede | |
Pankrti fundado en 1977 en Ljubljana (Eslovenia) por aquel entón na República Federal Socialista de Iugoslavia, foi un coñecido grupo de Punk, un dos primeiros da escena punk iugoslava e do leste de Europa. Na época caracterizabase polas letras provocativas e explicitamente políticas, autodenomínandose a Primeira banda punk tralo pano de aceiro. Estiveron en activo ata 1987 e en 2007 uníronse de novo, ata a actualidade.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Os inicios da banda déronse en Kodeljevo, ás aforas de Ljubljana, da man de Gregor Tomc e Peter Lovšin que formaron o grupo. Xa dende o comezo estiveron moi influenciados polo Punk do Reino Unido, mantendo iso si un estilo propio tanto no son coma nas letras. O seu primeiro concerto foi en 1977 na escola secundaria de Moste, onde alternaron versións de grupos coma Sex Pistols, The Clash e New York Dolls con cancións propias.
Os seus primeiros éxitos foron Totalna revolucija (Revolución total), Lublana je bulana (Ljubljana está enferma) e Anarhist (Anarquista). O seu primeiro disco completo foi Dolgcajt (Aburrimento), publicado en 1978 e que tivo un grande éxito. O seu segundo traballo, Državni ljubimci (Os amantes do país), recibiu o premio ao mellor álbum de Iugoslavia en 1982. O seu terceiro álbum, Rdeči album (Álbum vermello), contén a versión da famosa canción revolucionaria italiana Bandiera rossa.
A causa da gran fama acadada por Pankrti en Iugoslavia influíu sobremaneira nunha nova xeración de grupos punk, tanto en Eslovenia coma a costa dálmata, Belgrado ou Vojvodina, os principais centros punk da República Federal Socialista. Esta influencia reflectiuse na edición de dúas películas co nome dos seus dous primeiros discos e con máis de dez libros escritos sobre a banda e o inicio do movemento punk en Iugoslavia.
Un dos seus últimos concertos antes da súa separación foi no ano 1987 no Hala Tivoli de Ljubljana, baixo o nome de Zadnji pogo v Ljubljani (O último pogo en Ljubljana). A banda reuniuse en 2007 para conmemorar o seu trinta aniversario na capital eslovena e continuaron dando concertos ata a actualidade, unha das súas últimas aparicións foi en 2011 no festival de música Schengenfest en Eslovenia.
Compoñentes
[editar | editar a fonte]- Peter Lovšin (Letrista, Voz)
- Gregor Tomc (Letrista, representante)
- Bogo Pretnar (Guitarra)
- Dušan Žiberna (Guitarra)
- Marc Kavaš (Guitarra)
- Boris Kramberger (Baixo)
- Slavc Colnarič (Batería)
Discografía
[editar | editar a fonte]- 1978: Lublana je bulana (Sinxelo) (SKUC)
- 1980: Dolgcajt (ZKP RTLJ)
- 1981: Novi punk val
- 1981: Namesto tebe (Sinxelo)
- 1982: Državni ljubimci (ZKP RTLJ)
- 1982: Svoboda (ZKP RTLJ)
- 1984: Rdeči album (ZKP RTLJ)
- 1985: Pesmi sprave (ZKP RTLJ)
- 1985: Slovan (Sinxelo)
- 1987: Sexpok (ZKP RTLJ)
- 1992: Zbrana dela (Recompilatorio)
- 1994: Zbrana dela II (Recompilatorio)
- 1996: Zaboj (Recompilatorio)
- 2007: Sabrana Dela