Parquet Courts
Parquet Courts | |
---|---|
Parquet Courts (2014) | |
Orixe | Nova York, |
Período | 2010 - presente |
Xénero(s) | indie rock, post-punk revival, garage rock |
Selo(s) discográfico(s) | What's Your Rupture?, Dull Tools, Rough Trade Records, Third Man Records |
Membros | A. Savage Austin Brown Sean Yeaton Max Savage |
Artistas relacionados | Teenage Cool Kids, Fergus & Geronimo, Daniel Striped Tiger, Wiccans, PC Worship, PCPC, Maxband |
Na rede | |
Web | |
Parquet Courts é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Nova York e formada no ano 2010. O grupo está composto por Andrew Savage (voces, guitarra), Austin Brown (voces, guitarra), Sean Yeaton (baixo), e Max Savage (batería).
Historia
[editar | editar a fonte]Andrew Savage e Austin Brown coñecéronse en Denton, Texas cando os dous estudaban na University of North Texas, nun club de estudantes chamado Knights of the Round Turntable, onde escoitaban e compartían discos novos. Andrew tivo varios proxectos musicais durante o seu tempo na universidade, incluídos Teenage Cool Kids e Fergus & Geronimo. Andrew e o seu irmán Max Savage, o batería de Parquet Courts, naceron e medraron en Denton. Os tres trasladáronse a Brooklyn tras a universidade e pouco despois fundaron Parquet Courts.[1]
A banda publicou o seu álbum de estrea, American Specialties, como un casete de edición limitada no ano 2011. O seu segundo traballo, Light Up Gold (2012), lanzouse inicialmente a través do selo Dull e posteriormente reeditado por What's Your Rupture? en 2013. Light Up Gold recibiu unha ampla aclamación da crítica tanto na prensa underground como na mainstream.[2]
No ano 2014 a banda acadou o número 55 na lista de álbums da Billboard co seu terceiro disco, Sunbathing Animal. Posteriormente nese mesmo ano o grupo lanzou "Uncast Shadow of a Southern Myth" como un sinxelo baixo o nome de Parkay Quartz. Pouco despois lanzaron o seu cuarto álbum de estudio, Content Nausea, no cal non estiveron Sean e Max debido a outros compromisos.[3][4]
No ano seguinte a banda editou o disco colaborativo Ramsgate con PC Worship baixo o nome PCPC. Tamén publicou un EP experimental principalmente instrumental titulado Monastic Living.
O 4 de febreiro de 2016 a banda anunciou o seu quinto álbum de estudio, titulado Human Performance. O disco foi lanzado o 8 de abril a través do selo Rough Trade.[5] O colíder e encargado da confección da arte do álbum, Andrew Savage, obtivo unha nomeación a un Grammy polo seu traballo.
O 13 de outubro de 2017 Andrew Savage lanzou o seu primeiro álbum en solitario, Thawing Dawn, a través do selo Dull Tools e baixo o nome artístico de A. Savage.[6] Ese mesmo mes a banda editou Milano, un álbum colaborativo con Daniele Luppi que contaba con Karen O, a vocalista de Yeah Yeah Yeahs.
O 18 de maio de 2018 a banda publicou o seu sexto álbum, Wide Awake! O traballo foi nomeado "álbum do ano" pola emisora australiana Double J.[7] A súa canción "Almost Had to Start a Fight/In and Out of Patience" aparece no videoxogo EA Sports NHL 19, "One Man No City" aparece nun episodio de The Blacklist,[8] e "Wide Awake" na banda sonora do xogo de fútbol eFootball Pro Evolution Soccer 2020.
O sétimo álbum de estudio de Parquet Courts, Sympathy for Life, foi publicado o 22 de outubro de 2021, novamente a través da discográfica Rough Trade Records.[9]
Entre febreiro de marzo de 2022, Parquet Courts foi cabeza de cartel nunha xira por América do Norte na que estivo acompañado polo guitarrista afro-psicodélico nixeriano Mdou Moctar como abreconcertos.[10]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo | Comentarios |
---|---|---|---|
American Specialties | 2011 | Cut the Cord That..., Play Pinball! | |
Light Up Gold | 2012 | Dull Tools, What's Your Rupture? | |
Sunbathing Animal | 2014 | What's Your Rupture?, Rough Trade | |
Content Nausea | 2014 | What's Your Rupture? | como Parkay Quarts |
Human Performance | 2016 | Rough Trade Records | |
Wide Awake! | 2018 | Rough Trade Records | |
Sympathy for Life | 2021 | Rough Trade Records |
EPs
[editar | editar a fonte]- Tally All the Things That You Broke (2013) (como Parkay Quarts)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Alumni come together to form a 'band to watch'". North Texan. Consultado o 2023-10-21.
- ↑ "Parquet Courts - Light Up Gold". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-10-21.
- ↑ "Parkay Quartz (Parquet Courts) share 'Uncast Shadow Of A Southern Myth' and announce new album, "Content Nausea"". web.archive.org. 2015-05-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2015. Consultado o 2023-10-21.
- ↑ Rupture?, Whats Your. "Parquet Courts - Content Nausea CD/LP/2xCD". Whats Your Rupture?. Consultado o 2023-10-21.
- ↑ Monroe, Jazz (2016-02-04). "Parquet Courts Announce New Album Human Performance, Expand Tour, Share "Dust" Video". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
- ↑ "Thawing Dawn, by A. Savage". A. Savage (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
- ↑ "The 50 best albums of 2018". Double J (en inglés). 2018-12-10. Consultado o 2023-10-22.
- ↑ ""The Blacklist" The Debt Collector (No. 46) (TV Episode 2017) - Soundtracks - IMDb" (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
- ↑ Minsker, Evan (2021-08-18). "Parquet Courts Announce New Album Sympathy for Life, Share Video for New Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2023-10-22.
- ↑ "Mdou Moctar announces new U.S. tour dates". The FADER (en inglés). Consultado o 2023-10-22.