Peggy Ashcroft
Aparencia
Edith Margaret Emily Ashcroft, nada en Croydon (Londres) o 22 de decembro de 1907 e finada en Londres o 14 de xuño de 1991 foi unha actriz inglesa, coñecida como Dame Peggy Ashcroft.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dedicouse ao teatro desde moi nova, destacando no papel de Desdemona en Otelo en 1931 e chegou ao estrelado en 1934 cando interpretou a Xulieta en Romeo e Xulieta, con Laurence Olivier e John Gielgud. Durante toda a súa vida estivo no máis alto do teatro británico.
Pola contra, as súas aparicións no cinema e na televisión foron escasas, pero gañou o Oscar á mellor actriz secundaria entre outros premios por A Passage to India (1984), de David Lean.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ano | Filme |
---|---|
1933 | The Wandering Jew |
1935 | The 39 Steps |
1941 | Quiet Wedding |
1959 | Historia dunha monxa |
1968 | Secret Ceremony |
1969 | Three Into Two Won't Go |
1971 | Sunday Bloody Sunday |
1973 | Der Fußgänger |
1984 | A Passage to India |
1986 | When the Wind Blows |
1988 | Madame Sousatzka |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peggy Ashcroft |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Peggy Ashcroft na IMDb (en inglés).