Saltar ao contido

Premio Nobel de Física

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Premio Nobel de Física
Tipopremio de física e premio científico
Data de fundación1901
Nomeado en referencia aAlfred Nobel
PaísSuecia
Na rede
http://nobelprize.org/
editar datos en Wikidata ]
A 1ª Conferencia de Solvay, en 1911, na que participaron 9 laureados co Nobel de Física. Sentados, de esquerda a dereita: W. Nernst, M. Brillouin, E. Solvay, H. Lorentz (presidente da conferencia), E. Warburg, J. Perrin, W. Wien, M. Curie e H. Poincaré. De pé, de esquerda a dereita: R. Goldschmidt, M. Planck, H. Rubens, A. Sommerfeld, F. Lindemann, M. de Broglie, M. Knudsen, F. Hasenöhrl, G. Hostelet, E. Herzen, J.H. Jeans, E. Rutherford, H. Kamerlingh Onnes, A. Einstein e P. Langevin.

O Premio Nobel de Física (en sueco: Nobelpriset i fysik), é un dos cinco Premios Nobel que outorga a Real Academia das Ciencias de Suecia, en Estocolmo, xunto cos Premio Nobel de Química, o Premio Nobel de Literatura, o Premio Nobel da Paz e mailo Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina.[1] Tradicionalmente, o de física é o primeiro en entregarse e o primeiro ano que se entregou foi no 1901. Como os demais premios, é administrado pola Fundación Nobel.

Antecedentes

[editar | editar a fonte]

Alfred Nobel, na súa última vontade e testamento, afirmou que a súa riqueza debería ser utilizada para crear unha serie de premios para aqueles que lle confiran o "maior beneficio á humanidade" nos campos da física, a química, a paz, a fisioloxía ou a medicina e a literatura.[2] Aínda que Nobel escribiu varios testamentos durante a súa vida, o derradeiro foi escrito un ano antes de morrer e asinouse no Club Sueco-Noruegués de París o 27 de novembro de 1895.[3] Nobel legou o 94% dos seus activos totais, 31 millóns de coroas suecas (2,9 millóns de dólares, ou 2,7 millóns de euros en 2023), para establecer e dotar os cinco premios Nobel.[4] Debido ao nivel de escepticismo ao redor do testamento, non foi ata o 26 de abril de 1897 cando foi aprobado polo Storting (Parlamento noruegués).

Os executores do seu testamento foron Ragnar Sohlman e Rudolf Lilljequist, quen formaron a Fundación Nobel para coidar a fortuna de Nobel e organizar os premios. Conforme ás indicacións no testamento, o premio é administrado pola Fundación Nobel e outorgado por un comitê que consiste de cinco membros electos pola Academia Real.

Os membros do Comité Nobel noruegués que debían outorgar o Premio da Paz foron nomeados pouco despois de aprobarse o testamento. As outras organizacións que concederon premios seguiron: Karolinska Institutet o 7 de xuño, a Academia Sueca o 9 de xuño e a Real Academia Sueca de Ciencias o 11 de xuño. A Fundación Nobel estableceu entón pautas para a concesión dos premios. En 1900, os estatutos recentemente creados da Fundación Nobel foron promulgados polo rei Óscar II. Segundo o testamento de Nobel, a Real Academia Sueca de Ciencias concede o Premio de Física.

Características

[editar | editar a fonte]

De gran relevancia dende a súa creación, obedecendo a vontade do químico Alfred Nobel, expresa no seu testamento, é un premio atribuído anualmente, en outubro, polos membros da Real Academia das Ciencias de Suecia «(...) á persoa que realizase o descubrimento ou invención máis importante dentro do campo da física».[5] Porén, a cerimonia onde se entregan oficialmente, polo rei de Suecia, a medalla e o diploma da fundación e un certificado para o premio monetario celébrase o 10 de decembro, día do aniversario do creador do premio.[6] Dende 2001, a cantidade que se lle dá ó gañador é de 10 millóns de coroas suecas (pouco máis de 1 millón de euros).[7]

Estatísticas (até 2024)

[editar | editar a fonte]

Desde 1901, outorgáronse en 118 ocasións, quedando sen outorgar, por diferentes razóns, en 1916, 1931, 1934, 1940, 1941 e 1942[8] polo que os cartos se engadiron aos fondos da Fundación. Os estatutos indican que non se pode entregar a máis de 3 persoas, polo que, entre 1901 e 2024, hai 47 premios de física outorgados a unha soa persoa; en 33 ocasións se compartiron entre 2 galardoados e en 38 ocasións se compartiron entre 3; cun total de 226 persoas galardoadas en total.[8]

Das 226 persoas galardoadas, só 5 foron mulleres: Marie Curie en 1903, Maria Goeppert Mayer en 1963, Donna Strickland en 2018, Andrea Ghez en 2020 e Anne L’Huillier en 2023;[9] e, soamente, unha persoa o recibiu en 2 ocasións, John Bardeen, en 1956 e 1972.

O máis novo en recibilo foi William Lawrence Bragg, que o recibiu en 1905, cando tiña 25 anos, e o máis vello foi Arturo Ashkin, que o recibiu en 2018, cando tiña 96 anos.[8]

Familiares galardoados

[editar | editar a fonte]

O único matrimonio galardoado foi o de Marie Curie e Pierre Curie en 1903. En troques, hai 4 casos de pais e fillos: Sir William Henry Bragg xunto co seu fillo William Lawrence Bragg, o recibiron xuntos en 1915; Niels Henrik David Bohr en 1922 e seu fillo Aage Niels Bohr no 1975; Karl Manne Georg Siegbahn en 1924 e seu fillo Kai M. Siegbahn en 1981 e Joseph John Thomson en 1906 mailo seu fillo George Paget Thomson en 1937.[8]

Premiados

[editar | editar a fonte]
Data Laureados Foto Nacionalidade Traballos recompensados
1901 Wilhelm Conrad Röntgen
 Imperio Alemán "En recoñecemento dos extraordinarios servizos que ha prestado polo descubrimento dos extraordinarios raios que posteriormente levan o seu nome".[10]
1902 Hendrik A. Lorentz (1/2)
Países Baixos Países Baixos "En recoñecemento ao extraordinario servizo que prestaron polas súas investigacións sobre a influencia do magnetismo nos fenómenos radiolóxicos".[11]
Pieter Zeeman (1/2)
1903 Antoine Henri Becquerel (1/2)
Francia "En recoñecmento aos extraordinarios servizos que prestou polo seu descubrimento da radioactividade espontáne".[12]
Pierre Curie (1/4)
"En recoñecemento aos extraordinarios servizos prestados polas súas investigacións conxuntas sobre os fenómenos radiolóxicos descubertos polo profesor Henri Becquerel".[12]
Marie Curie (1/4)
1904 Lord John William Strutt
Inglaterra Inglaterra "Polas súas investigacións sobre as densidades dos gases máis importantes e polo seu descubrimento de argon en relación con estes estudos".[13]
1905 Philipp Lenard
 Imperio Alemán "Polo seu traballo sobre os raios catódicos."[14]
1906 Sir Joseph John Thomson
Inglaterra Inglaterra Pescudas sobre a condución do gas. Primeiro modelo atómico.
1907 Albert Abraham Michelson
Estados Unidos de América Estados Unidos Desenvolvemento de diversos instrumentos ópticos de precisión e investigacóns desenvolvidas con estes instrumentos nos campos da espectroscopía e meteoroloxía.
1908 Gabriel Lippmann
Francia Polo seu método de reproducir fotografías en cor baseado nos fenómenos de interferencia luminosa.
1909 Guglielmo Marconi
 Italia Invención da telegrafía sen fíos por ondas hertzianas e do osciloscopio catódico (tubo de Braun)
Karl Ferdinand Braun
 Imperio Alemán
1910 Johannes Diderik van der Waals
Países Baixos Países Baixos Ecuación de estado para gases e líquidos (lei de Van der Waals)
1911 Wilhelm Wien
 Imperio Alemán Descubrimento sobre as leis da radiación da calor
1912 Gustaf Dalén
Suecia Suecia Invención do regulamento automático para a chama das farolas e dos faros.
1913 Heike Kamerlingh Onnes
Países Baixos Países Baixos Pola súa investigación das propiedades da materia a baixas temperaturas.
1914 Max von Laue
 Imperio Alemán Polo seu descubrimento da difracción dos raios X polo cristais.
1915 William Henry Bragg
Inglaterra Inglaterra Fundamentos da radiocristalografía moderna.
William Lawrence Bragg
1916 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio.
1917 Charles Glover Barkla
Inglaterra Inglaterra Propagación das ondas de radio e os raios X.
1918 Max Planck
 Alemaña Polo seu descubrimento dos cuantos de enerxía.
1919 Johannes Stark
 Alemaña O efecto Stark: descomposición dos raios espectrais por un campo eléctrico.
1920 Charles Edouard Guillaume
Suíza Suíza Pola mellora da precisión das medidas en Física debido ó descubrimento de anomalías nas aliaxes níquel-aceiro.
1921 Albert Einstein
 Alemaña Polo impulso ó avance da física teórica, en particular pola lei do efecto fotoeléctrico.
1922 Niels Bohr
Dinamarca Dinamarca Pola investigación da estrutura do átomo e a radiación emanada deles (mellora teórica do modelo de Rutherford).
1923 Robert Andrews Millikan
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola medida da carga eléctrica elemental do electrón.
1924 Karl Manne Georg Siegbahn
Suecia Suecia Polo seu traballo no campo da espectroscopía dos raios X.
1925 James Franck
Gustav Ludwig Hertz
 Alemaña Polo descubrimento das leis que regulan o impacto do electrón sobre o átomo.
1926 Jean Baptiste Perrin
Francia Polo traballo sobre a estrutura descontinua da materia.
1927 Arthur Holly Compton
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo descubrimento do efecto Compton.
Charles Thomson Rees Wilson
Escocia Escocia Polo seu método de visualización de camiños seguidos polas partículas eléctricas (cámara de Wilson).
1928 Sir Owen Willans Richardson
Inglaterra Inglaterra "...polo seu traballo sobre o efecto termoiónico e, sobre todo, polo descubrimento da lei que leva o seu nome".[15]
1929 Louis de Broglie
Francia Polo seu descubrimento da natureza ondulatoria do electrón,
1930 Sir Chandrasekhara Venkata Raman
India India Polo seu traballo sobre a dispersión da luz (efecto Raman).
1931 Destinado ao Fondo Especial desta sección do premio.
1932 Werner Heisenberg
 Alemaña Pola creación da mecánica cuántica.
1933 Paul Adrien Maurice Dirac
Inglaterra Inglaterra
Polo descubrimento de novas formas na teoría atómica.
Erwin Schrödinger[16]
Austria Austria
1934 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1935 James Chadwick
Inglaterra Inglaterra Descuberta do neutrón.
1936 Carl David Anderson
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo descubrimento do positrón.
Victor Franz Hess
Austria Austria Polo seu descubrimento da radiación cósmica.
1937 Clinton Joseph Davisson
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola descuberta experimental da difracción dos electróns polos cristais.
Sir George Paget Thomson
Inglaterra Inglaterra
1938 Enrico Fermi
 Italia Pola súa demostración da existencia de novos elementos radioactivos producidos por irradación de neutróns e o descubrimento relacionado das reaccións nucleares por neutróns lentos.
1939 Ernest Lawrence
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola invención, desenvolvemento e resultados do ciclotrón.
1940 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1941 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1942 1/3 destinado ao Fondo Principal e 2/3 ao Fondo Especial desta sección do premio
1943 Otto Stern
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo descubrimento do momento magnético do protón e o método do raio molecular.
1944 Isidor Isaac Rabi
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo método de resonancia en relación coas propiedades magnéticas do núcleo atómico.
1945 Wolfgang Ernst Pauli
Austria Austria "polo descubrimento do Principio de Exclusión, tamén chamado Principio de Pauli".[17]
1946 Percy Williams Bridgman
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola invención dun aparello para producir moi altas presións.
1947 Edward Victor Appleton
Inglaterra Inglaterra Polas súas investigacións sobre a alta atmosfera, en particular, polo descubrimento da capa Appleton.
1948 Patrick Maynard Stuart Blackett
Inglaterra Inglaterra Polo desenvolvemento do método da cámara de néboa de Wilson, e os descubrimentos subsecuentes na física nuclear e a radiación cósmica.
1949 Hideki Yukawa (湯川 秀樹)
Xapón Polo descubrimento dos mesóns en base ó traballo teórico sobre as forzas nucleares.
1950 Cecil Frank Powell
Inglaterra Inglaterra Polo desenvolvemento do método fotográfico para o estudo dos procesos nucleares e a súa aplicación ó estudo dos mesóns.
1951 Sir John Cockcroft
Inglaterra Inglaterra Polo seu traballo sobre a transmutación de núcleos atómicos producido por partículas atómicas aceleradas artificialmente.
Ernest Walton
Irlanda Irlanda
1952 Felix Bloch
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo desenvolvemento de novos métodos de medidas magnéticas de precisión.
Edward Mills Purcell
1953 Frits Zernike
Países Baixos Países Baixos Polo método de contraste de fase a a súa aplicacion ó microscopio de contraste de fase.
1954 Max Born
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Pola súa investigación fundamental en mecánica cuántica, e en particular, pola súa interpretación estatística da función de onda.
Walther Wilhelm Georg Bothe
Polo método de coincidencia.
1955 Willis Eugene Lamb
Estados Unidos de América Estados Unidos Polos descubrimentos relacionados coa estrutura fina do espectro do hidróxeno.
Polykarp Kusch
Pola determinación precisa do momento magnético do electrón.
1956 William Bradford Shockley
Estados Unidos de América Estados Unidos Polas súas investigacións sobre semicondutores e o efecto transistor.
Walter Houser Brattain
John Bardeen
1957 Chen Ning Yang (楊振寧)
China Pola súa profunda investigación das leis de paridade.
Tsung-Dao Lee (李政道)
1958 Pavel Tcherenkov (Павел Черенков)
 URSS Polo descubrimento e interpretación do efecto Tcherenkov.
Ilia Frank (Илья Франк)
Igor Tamm (Игорь Тамм)
1959 Emilio Gino Segrè
Estados Unidos de América Estados UnidosItalia Italia Descuberta do antiprotón
Owen Chamberlain
Estados Unidos de América Estados Unidos
1960 Donald Arthur Glaser
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola invención da cámara de burbullas.
1961 Robert Hofstadter
Estados Unidos de América Estados Unidos
Polos seus estudos pioneiros na dispersión do electrón no núcleo atómico e os seus descubrimentos na estrutura dos nucleóns
Rudolf Ludwig Mössbauer
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Polos seus estudos sobre a absorción resonante da radiación gamma e o efecto Mössbauer.
1962 Lev Davidovich Landau (Лев Давидович Ландау)
 URSS Polas súas teorías para a materia condensada, especialmente, helio líquido.
1963 Eugene Paul Wigner
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola súa contribución á teoría do núcleo atómico e partículas elementais, particularmente polo descubrimento e aplicación de principios de simetría.
Maria Goeppert-Mayer[18]
Hans Daniel Jensen
Polos seus descubrimentos sobre a superficie nuclear.
1964 Charles Townes
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo seu traballo no campo da electrónica cuántica, que levou á construción de osciladores e amplificadores baseados no principio dos máser e láser.
Nikolai Basov (Николай Геннадиевич Басов)
 URSS
Alexandr Prokhorov (Александр Михайлович Прохоров)
 URSS
1965 Julian Schwinger
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo seu traballo en electrodinámica cuántica.
Richard P. Feynman
Sin-Itiro Tomonaga (朝永 振一郎)
Xapón
1966 Alfred Kastler
Francia Polo desenvolvemento de métodos ópticos para o estudo das resonancias hertzianas nos átomos.
1967 Hans Bethe
Estados Unidos de América Estados Unidos Polas súas contribuciónas á teoría das reaccións nucleares, en particular no relacionado coa enerxía das estrelas.
1968 Luis Walter Álvarez
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola súa decisiva contribución á física das partículas elementais, en particula o descubrimento dun gran número de estados de resonancia.
1969 Murray Gell-Mann
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola contribución á clasificación das partículas elementais e as súas interaccións.
1970 Hannes Alfvén
Suecia Suecia Polos seus descubrimentos en magnetohidrodinámica e a aplicación de física do plasma.
Louis Eugène Félix Néel
Francia
1971 Dennis Gabor
Hungría Hungría Pola invención e desenvolvemento do método holográfico.
1972 John Bardeen
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola teoría da supercondutividade (Teoría BCS)
Leon Cooper
John Robert Schrieffer
1973 Leo Esaki (江崎 玲於奈)
Xapón Polo estudo do efecto túnel en semicondutores.
Ivar Giaever
Estados Unidos de América Estados Unidos
Brian David Josephson
Gales Gales Pola predición teórica de propiedade dunha supercorrente a traverso dunha barreira túnel, en particular, o efecto Josephson.
1974 Sir Martin Ryle Inglaterra Inglaterra Pola súa investigación en radio astrofísica (técnica de apertura de síntese e descubrimento dos púlsares, respectivamente).
Antony Hewish
1975 James Rainwater
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo estudo e descubrimento da relación entre movemento colectivo e movemento particular nos núcleos atómicos, e o desenvolvemento subsecuente da teoría do núcleo atómico.
Aage N. Bohr
Dinamarca Dinamarca
Ben Roy Mottelson
1976 Burton Richter
Estados Unidos de América Estados Unidos Polos traballos sobre o descubrimento de partículas elementais pesadas dun novo tipo.
Samuel Chao Chung Ting (丁肇中)
1977 Philip Warren Anderson
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo estudo da estrutura electrónica dos sistemas magnéticos desordeados.
Sir Nevill Francis Mott
Inglaterra Inglaterra
John Hasbrouck van Vleck
Estados Unidos de América Estados Unidos
1978 Petr Kapitsa (Петр Леонидович Капица)
 URSS Polas súas invencións e descubrimentos na área da física de baixas temperaturas.
Arno Allan Penzias
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo seu descubrimento da radiación de fondo de microondas.
Robert Woodrow Wilson
Estados Unidos de América Estados Unidos
1979 Sheldon Lee Glashow
Abdus Salam
Steven Weinberg
Estados Unidos de América Estados Unidos
Paquistán
Estados Unidos de América Estados Unidos
Pola teoría da campo unificado electrodébil.
1980 James Watson Cronin
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo estudo da violación de principios fundamentais de simetría no decaemento dos mesóns K neutros.
Val Logsdon Fitch
1981 Nicolaas Bloembergen
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo desenvolvemento da espectroscopía láser Polo desenvolvemento da espectroscopía electrónica de alta resolución.
Arthur Leonard Schawlow
Kai Siegbahn
Suecia Suecia
1982 Kenneth Geddes Wilson Estados Unidos de América Estados Unidos Pola teoría dos fenómenos críticos en relación coas transicións de fase.
1983 Subrahmanyan Chandrasekhar
Estados Unidos de América Estados Unidos Polos estudos teóricos na estrutura e evolución das estrelas.
William A. Fowler
Pola contribución ó estudo da xénese dos elementos químicos.
1984 Carlo Rubbia
Italia Italia Pola contribución á obtención das partículas W e Z, portadoras da forza electrodébil.
Simon van der Meer
Países Baixos Países Baixos
1985 Klaus von Klitzing [19]
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Pola descuberta do Efecto Hall cuántico.
1986 Gerd Binnig
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Polo deseño do primeiro microscopio electrónico.
Heinrich Rohrer
Suíza Suíza
Ernst August Friedrich Ruska
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental
1987 Johannes Georg Bednorz
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental Polos avances na supercondutividade en materiais metálicos.
Karl Alexander Müller
Suíza Suíza
1988 Leon Lederman
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola demostración da estrutura dobre dos leptóns.
Melvin Schwartz
Jack Steinberger
1989 Hans Georg Dehmelt
Wolfgang Paul
Norman Foster Ramsey
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental
República Federal de Alemaña Alemaña Occidental

Estados Unidos de América Estados Unidos

Polo desenvolvemento das bases dos reloxos atómicos.

Polo desenvolvemento da trampa de ións.

1990 Jerome Isaac Friedman
Henry Way Kendall
Richard E. Taylor
Estados Unidos de América Estados Unidos
Estados Unidos de América Estados Unidos
Canadá
Por establecer as bases para o modelo de quarks.
1991 Pierre-Gilles de Gennes
Francia Pola xeneralización de métodos de estudo a formas

complexas de materia

1992 Georges Charpak
Francia Pola invención e desenvolvemento de detectores de partículas.
1993 Russell Alan Hulse
Estados Unidos de América Estados Unidos Descuberta dun púlsar nun sistema de estrelas binarias.
Joseph Hooton Taylor
1994 Bertram N. Brockhouse
Canadá Estudo da estrutura e das propiedades dos cristais.
Clifford G. Shull
Estados Unidos de América Estados Unidos
1995 Martin Lewis Perl
Estados Unidos de América Estados Unidos Descuberta do leptón τ.
Frederick Reines
Pola detección do neutrino.
1996 Douglas Dean Osheroff Estados Unidos de América Estados Unidos Polo descubrimento da superfluideza no Helio-3.
David Morris Lee
Robert Coleman Richardson
1997 Claude Cohen-Tannoudji
Francia Desenvolvemento de métodos para arrefecer e atrapar átomos con luz láser.
Steven Chu
Estados Unidos de América Estados Unidos
William Daniel Phillips
Estados Unidos de América Estados Unidos
1998 Robert B. Laughlin
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo descubrimento dunha nova forma de fluído cuántico con excitacións cargadas fraccionais (efecto Hall cuántico).
Horst L. Störmer
Alemaña Alemaña
Daniel C. Tsui Estados Unidos de América Estados Unidos
1999 Gerardus 't Hooft
Países Baixos Países Baixos Por dilucidar a estrutura cuántica da interacción electrofeble na física de partículas.
Martinus J. G. Veltman
2000 Zhores Ivanovich Alferov
Belarús Belarús Desenvolvemento de heteroestruturas semi-condutoras para a electrónica rápida e a optoelectrónica.
Herbert Kroemer
Alemaña Alemaña
Jack S. Kilby
Estados Unidos de América Estados Unidos
2001 Eric A. Cornell
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola realización doa condensado de Bose-Einstein en gases enrarecidos de átomos alcalinos.
Wolfgang Ketterle
Alemaña Alemaña
Carl E. Wieman
Estados Unidos de América Estados Unidos
2002 Masatoshi Koshiba (小柴 昌俊)
Xapón Polas súas contribucións pioneiras á astrofísica, en particular na detección de neutrinos cósmicos (Koshiba e Davis), e a descuberta das fontes astrofísicas de raios X (Giacconi).
Raymond Davis
Estados Unidos de América Estados Unidos
Riccardo Giacconi
2003 Alekséi Alekséyevich Abrikósov (Алексей Алексеевич Абрикосов)
Rusia Rusia Polas súas contribucións pioneiras á teoría dos supercondutores e superfluídos.
Vitaly L. Ginzburg (Виталий Лазаревич Гинзбур)
Anthony J. Leggett
Estados Unidos de América Estados Unidos
2004 David Gross
Estados Unidos de América Estados Unidos Polos seus descubrimentos sobre as interaccións dos quarks formulando o concepto de liberdade asintótica en cromodinámica cuántica.
H. David Politzer
Frank Wilczek
2005 Roy J. Glauber
Estados Unidos de América Estados Unidos
Roy J. Glauber pola súa contribución á teoría cuántica de coherdanza óptica.
John L. Hall
John L. Hall e Theodor W. Hänsch, polas súas contribucións ó desenvolvemento da espectroscopía de precisión baseada en láser, incluíndo a técnica de frecuencia óptica combinada.
Theodor W. Hänsch
Alemaña Alemaña
2006 George Fitzgerald Smoot
Estados Unidos de América Estados Unidos Pola descuberta da natureza dos corpos negros, da radiación cósmica de fondo e das súas anisotropías.
John Cromwell Mather
2007 Albert Fert (1/2)
Francia "polo descubrimento magnetorresistencia xigante."[20]
Peter Grünberg (1/2)
Alemaña Alemaña
2008 Yoichiro Nambu (1/2)
Estados Unidos de América Estados Unidos "...polo descubrimento do mecanismo da simetría rota espontánea na física subatómica".[21]
Makoto Kobayashi (1/4)
Xapón "...polo descubrimento da orixe da disimetría que predí cando menos a existencia de tres familias de quarks na natureza."[21]
Toshihide Maskawa (1/4)
2009 Charles K. Kao (1/2)
Hong Kong "...polos logros innovadores sobre a transmisión de luz en fibra para a comunicación óptica."[22]
Willard S. Boyle (1/4)
Canadá "...pola invención dun circuíto de semicondutores de imaxe - o sensor CCD".[22]
George E. Smith (1/4)
Estados Unidos de América Estados Unidos
2010 Andre Geim (1/2)
Rusia Rusia Polos seus traballos no desenvolvemento do grafeno.[23]
Konstantín Novosiólov (1/2)
Rusia Rusia
2011 Saul Perlmutter (1/2)
Estados Unidos de América Estados Unidos Polo descubrimento da expansión acelerada do universo a través do estudo e observación das supernovas.[24]
Adam Riess (1/4)
Estados Unidos de América Estados Unidos
Brian Schmidt (1/4)
Australia Australia
2012 Serge Haroche (1/2)
Francia Pola súa metodoloxía revolucionaria que permitiu medir e manipular os sistemas individuais de quanto.[25]
David Wineland (1/2)
Estados Unidos de América Estados Unidos
2013 Peter Higgs (1/2)
Reino Unido Reino Unido Polos seus traballos e concepción do bosón de Higgs.[26]
François Englert (1/2)
Bélxica Bélxica
2014 Isamu Akasaki (1/3)
Xapón "...pola invención de díodos emisores de luz azul eficientes que permiten fontes de luz branca brillantes e que aforran enerxía".[27]
Hiroshi Amano (1/3)
Xapón
Shuji Nakamura (1/3)
Xapón
2015 Takaaki Kajita (1/2)
Xapón "...pola descuberta das oscilacións dos neutrinos, que permiten demostrar que os neutrinos teñen masa."[28]
Arthur B. McDonald (1/2)
Canadá
2016 David J. Thouless (1/2)
Reino Unido Reino Unido "...polos descubrimentos teóricos nas transicións de fase topolóxicas e as fases topolóxicas da materia."[29]
Duncan Haldane (1/4)
Reino Unido Reino Unido
Michael Kosterlitz (1/4)
Reino Unido Reino Unido
2017[30] Rainer Weiss (1/2)
Estados Unidos de América Estados Unidos "...polas decisivas contribucións ao detector LIGO e á observación das ondas gravitacionais."[31]
Kip Thorne (1/4)
Estados Unidos de América Estados Unidos
Barry Barish (1/4)
Estados Unidos de América Estados Unidos
2018 Arthur Ashkin (1/2)
Estados Unidos de América Estados Unidos "...polas pinzas ópticas e a súa aplicación aos sistemas biolóxicos."[32]
Gérard Mourou (1/4)
Francia "...Polo seu método de xeración de pulsos ópticos de alta intensidade e ultra-curtos."[32]
Donna Strickland[33] (1/4)
Canadá
2019 James Peebles (1/2)
Canadá "...polos descubrimentos teóricos na cosmoloxía física."[34]
Michel Mayor (1/4)
Suíza Suíza "...polo descubrimento dun exoplaneta orbitando unha estrela de tipo solar."[34]
Didier Queloz (1/4)
Suíza Suíza
2020 Roger Penrose (1/2)
Reino Unido Reino Unido "...polo descubrimento de que a formación de buratos negros é unha predición robusta da teoría xeral da relatividade."[35]
Reinhard Genzel (1/4)
Alemaña Alemaña "...polo descubrimento dun obxecto compacto supermasivo no centro da nosa galaxia."[35]
Andrea Ghez (1/4)
Estados Unidos de América Estados Unidos
2021[36] Syukuro Manabe (1/4)
Xapón "...pola modelaxe do clima terrestre, a cuantificación da variabilidade e a predición fiable do quecemento global."[37]
Klaus Hasselmann (1/4) Alemaña Alemaña
Giorgio Parisi (1/2)[38]
Italia Italia "...polo descubrimento da interacción de trastornos e flutuacións nos sistemas físicos desde escalas atómicas a planetarias."[37]
2022[39] Alain Aspect (1/3)
Francia "...polos seus experimentos con fotóns entrelazados, establecendo a violación das desigualdades de Bell e por ser pioneiros na ciencia da información cuántica."[40]
John Clauser (1/3)
Estados Unidos de América Estados Unidos
Anton Zeilinger (1/3)
Austria Austria
2023[41][42][43] Pierre Agostini (1/3)
Francia "...polos métodos experimentais que xeran pulsos attosegundos de luz para o estudo da dinámica electrónica na materia."[44]
Ferenc Krausz (1/3)
Hungría Hungría
Anne L'Huillier[45] (1/3)
Francia
2024[46][47] John Hopfield (1/2)
Estados Unidos de América Estados Unidos
"...polos seus descubrimentos fundamentais que permitan a aprendizaxe automática con redes neuronais artificiais."[48]
Geoffrey Hinton(1/2)
Reino Unido Reino Unido/

Canadá

  1. "The Nobel Prize". nobelprize.org/ (en inglés). 2024. Consultado o 16 de outubro de 2024. 
  2. "Alfred Nobel (1833-1896)". bbc.co.uk (en inglés). 2014. Consultado o 16 de outubro de 2024. 
  3. Sohlman (1983), p. 7
  4. "Full text of Alfred Nobel’s will". nobelprize.org (en inglés). 2024. Consultado o 16 de outubro d 2024. 
  5. "The Nobel Prize in Physics". nobelprize.org (en inglés). 2024. Consultado o 16 de outubro de 2024. 
  6. "Nobel Prize Award Ceremonies". nobelprize.org (en inglés). 2024. Consultado o 16 de outubro de 2024. 
  7. O contido da lista de premiados está baseado na información da páxina dos premios Nobel, www.nobelprize.org/nobel_prizes/physics/laureates/
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 "Facts on the Nobel Prize in Physics". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  9. "Nobel Prize awarded women". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  10. "The Nobel Prize in Physics 1901". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2024. 
  11. "The Nobel Prize in Physics 1902". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2024. 
  12. 12,0 12,1 "The Nobel Prize in Physics 1903". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2024. 
  13. "The Nobel Prize in Physics 1904". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2024. 
  14. "The Nobel Prize in Physics 1905". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 8 de novembro de 2024. 
  15. "The Nobel Prize in Physics 1928". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  16. Freire, Noelia (13 de xaneiro de 2024). "Erwin Schrödinger y su fascinante (aunque poco conocida) faceta filosófica". nationalgeographic.com.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  17. "The Nobel Prize in Physics 1945". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  18. País, Ana (21 de marzo de 2021). "Maria Goeppert Mayer, la nobel de Física que explicó los "números mágicos" mientras investigaba sin que le pagaran". bbc.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  19. Montero, Tamara (12 de setembro de 2024). "Klaus von Klitzing, premio Nobel de Física: «No invertiría mi dinero en la fusión nuclear»". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  20. "The Nobel Prize in Physics 2007". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2024. 
  21. 21,0 21,1 "The Nobel Prize in Physics 2008". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 10 de novembro de 2024. 
  22. 22,0 22,1 "The Nobel Prize in Physics 2009". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  23. "The Nobel Prize in Physics 2010". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  24. "The Nobel Prize in Physics 2011". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  25. "The Nobel Prize in Physics 2012". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  26. "The Nobel Prize in Physics 2013". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  27. "The Nobel Prize in Physics 2014". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  28. "The Nobel Prize in Physics 2015". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  29. "The Nobel Prize in Physics 2016". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  30. Forssman, Alec (3 de outubro de 2017). "El Premio Nobel de Física de 2017 a la detección de las ondas gravitacionales". nationalgeographic.com.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  31. "The Nobel Prize in Physics 2017". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  32. 32,0 32,1 "The Nobel Prize in Physics 2018". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  33. Freire, Noelia (17 de febreiro de 2024). "Donna Strickland, la primera Nobel de Física del siglo XXI". nationalgeographic.com.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  34. 34,0 34,1 "The Nobel Prize in Physics 2019". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  35. 35,0 35,1 "The Nobel Prize in Physics 2020". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  36. Redacción (5 de decembro de 2021). "Nobel de Física 2021 para los sistemas físicos complejos y los estudios del clima". rtve.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  37. 37,0 37,1 "The Nobel Prize in Physics 2021". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  38. Barone, Luca Tancredi (12 de outubro de 2021). "Giorgio Parisi, Nobel de Física: “Saber cómo funciona el vuelo de los estorninos puede servir para entender la moda”". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  39. Flores, Javier (6 de outubro de 2022). "Premio Nobel de Física 2022 para los investigadores del entrelazamiento cuántico". nationalgeographic.com.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  40. "The Nobel Prize in Physics 2022". nobelprize.org (en inglés). Consultado o 17 de outubro de 2024. 
  41. Raffio, Valentina (3 de outubro de 2023). "El Nobel de Física 2023 premia la técnica para entender qué pasa en menos de un segundo". elperiodico.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  42. Vacas, Constanza; Pereira Carvalho, Tiago (10 de abril de 2024). "Prémio Nobel de Física 2023 vai para Pierre Agostini, Ferenc Krausz e Anne L'Huillier". nationalgeographic.pt (en portugués). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  43. Redacción (3 de outubro de 2023). "Premio Nobel de Física 2023: qué son los pulsos de luz de attosegundos por los que Pierre Agostini, Ferenc Krausz y Anne L'Huillier recibieron el galardón". bbc.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2023. 
  44. "The Nobel Prize in Physics 2023". nobelprize.org (en castelán). Consultado o 7 de novembro de 2024. 
  45. Ansede, Manuel (6 de outubro de 2023). "Anne L’Huillier, ganadora del Nobel de Física: “Las personas estamos compuestas básicamente de espacio vacío”". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  46. Redacción (8 de outubro de 2024). "El Nobel de Física, para los científicos que enseñaron a aprender a las máquinas". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  47. Criado, Miguel Ángel (8 de outubro de 2024). "Premio Nobel de Física 2024 a John Hopfield y Geoffrey Hinton por poner las bases de la inteligencia artificial". elpais.com (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2024. 
  48. "The Nobel Prize in Physics 2024". nobelprize.org (en inglés). 2024. Consultado o 7 de novembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Sohlman, Ragnar (1983). The Legacy of Alfred Nobel: The Story behind the Nobel Prizes (en inglés). Londres: Bodley Head. ISBN 0 370 30990 1. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]