Provincia de Badaxoz
Provincia de Badajoz (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Estremadura | ||||
Capital | Badaxoz | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 669.943 (2021) (30,78 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 21.766 km² | ||||
Punto máis alto | Cerro de Tentudia (en) (1.110 m) | ||||
Punto máis baixo | Río Guadiana (110 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1833 | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Diputación Provincial de Badajoz (en) | ||||
• Chairperson of Diputación Provincial (en) | Valentín Cortés | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 06 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | ES-BA | ||||
Código NUTS | ES431 | ||||
Código INE | 06 | ||||
Sitio web | dip-badajoz.es | ||||
Badaxoz (en castelán: Badajoz, en estremeño: Badajós) é unha das dúas provincias da Comunidade Autónoma de Estremadura, España. Pola súa área, 21.657 km², é a provincia máis extensa de España. Polo norte limita coa outra provicia extremeña, Cáceres, con Cidade Real (enclave de Rincón de Anchuras) e con Toledo; polo leste confina con Cidade Real e Córdoba; polo sur con Sevilla e Huelva; e polo oeste linda coa antiga provincia do Alto Alentexo (Portugal). A súa capital é a cidade homónima.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O centro e centro-norte da provincia é un territorio chairo, con declive suave do terreo de leste (Monte Matilla, 914 m) a oeste (Badaxoz, 195 m; Monte Alar, 610 m). O centro-sur (Sierra Vieja, 812 m), e sobre todo o sur, son máis elevados. Na parte meridional, o relevo adquire maior potencia, nas proximidades da linde coa provincia de Huelva, onde se erguen cordais occidentais da Serra Morena: Serra de Tudia, co Pico de Tentudia (1.104 m) .
O río Guadiana atravesa a parte norte da provincia de leste a oeste, e á altura de Badaxoz, pasa a incurvarse para o sur, conformando en boa medida a fronteira con Portugal . Os maiores ríos badaxocenses pertencen á súa conca; os máis importantes verten nel as súas augas pola marxe esquerda, seguindo, en xeral, unha dirección de corrente sur-norte: Zújar, Guadamez, Matachel, Ardila. Os afluentes da marxe dereita son máis curtos, limitados polos cordais occidentais da prolongación dos Montes de Toledo nos límites provinciais con Cáceres.
Clima
[editar | editar a fonte]A carencia de grandes serras no oeste fan que as borrascas atlánticas non atopen obstáculos de consideración; con todo Badaxoz está comprendido na zona de influencia do clima mediterráneo. As precipitacións son maiores que no interior e franxa oriental da península, cunha media de entre 500 e 600 mm anuais de media (Badaxoz capital: 506 mm), mentres a temperatura media anual é superior aos 15 °C[1]. Pódese falar dun clima seco e suave.
Demografía
[editar | editar a fonte]No ano 1998, na provincia de Badaxoz habitaban 663.803 habitantes (un total de 678.103 habitantes para o ano 2005 ). O crecemento vexetativo anual era positivo, cun 0,1 por cada 1000 habitantes. As taxas de natalidade e mortalidade eran de 9,6 e 9,66 respectivamente. Badaxoz capital ten unha poboación de 134.710 habitantes no padrón do ano 1998.
Comarcas
[editar | editar a fonte]- A Serena, no leste.
- A Terra de Barros, ocupa gran parte do centro da provincia.
- Llanos de Olivenza, no oeste, nos confíns con Portugal.
- A Serra no sur.
Ao norte do Guadiana, fican: no centro as Vegas del Guadiana, e a oeste os denominados Baldíos de Alburquerque.
Núcleos urbanos
[editar | editar a fonte]Os municipios máis poboados da provincia de Badaxoz (INE 2007) son:
- Badaxoz (145.257 habitantes).
- Mérida (54.894 habitantes), capital da comunidade autónoma.
- Don Benito (34.540 habitantes).
- Almendralexo (31.072 habitantes).
- Villanueva de la Serena (25.318 habitantes).
- Zafra (16.014 habitantes).
- Montijo (15.711 habitantes).
- Villafranca de los Barros (13.084 habitantes).
- Olivenza (11.652 habitantes).
- Jerez de los Caballeros (9.828 habitantes).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ J. Vilá Valentí, La Península Ibérica. Barcelona. Ariel. 1968, páxs. 88-69
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Provincia de Badaxoz |