Quett Masire
(1980) | |
Nome orixinal | (en) Quett Ketumile Joni Masire |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de xullo de 1925 Kanye (Reino Unido) |
Morte | 22 de xuño de 2017 (91 anos) Gaborone, Botswana |
Causa da morte | complicacións dunha cirurxía |
Lugar de sepultura | Kanye (pt) |
2º Presidente de Botswana | |
13 de xullo de 1980 – 31 de marzo de 1998 ← Seretse Khama (pt) – Festus Mogae → | |
Minister of Finance (en) | |
1971 – 1980 ← James G. Haskins (en) – Peter Mmusi (en) → | |
Minister of Finance (en) | |
1967 – 1968 ← Benjamin C. Thema (en) – James G. Haskins (en) → | |
Vicepresidente de Botswana | |
30 de setembro de 1966 – 13 de xullo de 1980 ← sen valor – Lenyeletse Seretse (pt) → | |
Datos persoais | |
Cor dos ollos | Castaño |
Cor do pelo | Pelo negro |
Actividade | |
Ocupación | político, profesor de ensino secundario |
Partido político | Partido Democrático do Botswana (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Gladys Olebile Masire |
Fillos | Mmasekgoa Masire-Mwamba |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Africa: An Encyclopedic Reference, (vol:2) |
Quett Ketumile Joni Masire, nado en Kanye o 23 de xullo de 1925 e finado en Gaborone o 22 de xuño de 2017 foi un político botswaniano, segundo presidente de Botswana entre 1980 e 1998, ano no que renunciou e foi substituído polo daquela vicepresidente Festus Mogae.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu na pequena cidade de Kanye. Foi profesor e director da escola secundaria de Seepapitso. En 1965 foi un dos fundadores do Partido Democrático de Botswana (BDP). Cando Botswana obtivo a súa independencia, Masire tornouse vicepresidente do país.
Coa morte do presidente Seretse Khama o 13 de xullo 1980, Masire foi escolleito presidente do país. Gobernou até 1998, ano no que renunciou.
Logo da súa saída da presidencia, converteuse nun activo diplomático, actuando como mediador na guerra civil da República Democrática do Congo. En 2007 foi nomeado pola Comunidade para o Desenvolvemento de África Austral como mediador da disputa política en Lesoto[1].
Faleceu o 22 de xuño de 2017 en Gaborone, aos 91 anos de idade.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moabi Phia, "Former Botswana leader to mediate in Lesotho" Arquivado 15 de xuño de 2006 en Wayback Machine., Reuters (IOL), 22 June 2007.
- ↑ "Muere el expresidente de Botsuana Ketumile Masire, a sus 91 años" (en castelán). 23 de xuño de 2017. Consultado o 10 de maio de 2019.
Presidente de Botswana | ||
---|---|---|
Segue a: Seretse Khama |
Quett Masire | Precede a: Festus Mogae |
BDP |