Saltar ao contido

Río Tietê

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Tietê
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaBrasil Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónSalesópolis (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia de Buenos Aires, Arxentina Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Paraná Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 20°37′40″S 51°33′54″O / -20.6278, -51.565
20°37′41″S 51°33′54″O / -20.628, -51.565
Afluentes
31
Conca hidrográficaBacia do rio da Prata (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1.150 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica150.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal2.500 m³/s Editar o valor en Wikidata
Placa coa indicación da nacente do río Tietê, no municipio de Salesópolis, estado de São Paulo.

O Río Tietê é un río brasileiro do Estado de San Paulo. É famoso nacionalmente por atravesar a cidade de São Paulo.

Nace na cidade de Salesópolis, nas montañas da Serra do Mar, a 1.027 metros de altitude. A pesar de estar a apenas 22 km do litoral, as escarpas da Serra do Mar o obrigan a camiñar en sentido inverso, rumbo ó interior, atravesando o estado de San Paulo de sueste a noroeste ata desaugar no lago formado pola represa de Jupiá no río Paraná. Recorre no total uns 1.100 km.

No seu nacente, situado nun parque estatal, é un río de augas puras, que serven para beber. Pero despois que atravesa a cidade de Moji das Cruzes (uns 40 km ó leste da cidade de San Paulo) xa recibe unha carga significativa de poluentes, e as súas augas xa adquiren un olor desagradábel. A seguir, recibe máis polución das cidades de Itaquaquecetuba, Guarulhos e tamén de San Paulo, principalmente efluentes domésticos orgánicos, que esgotan o osíxeno do río e imposibilitan a vida de peixes e algas. Ó atravesar a cidade de San Paulo, o Tietê é un río morto. En raros puntos onde recibe algún afluente e hai movemento nas súas augas, unha minúscula especie de peixe, chamada guaru (que non pasa dos 5 cm) consegue sobrevivir. Noutros puntos, só as bacterias anaeróbicas sobreviven.

Ponte sobre o Río Tietê na cidade de Pirapora do Bom Jesus. Nótase a polución que flutúa nas súas augas.

O río segue poluído polos veciños municipios de Osasco, Barueri, Santana de Parnaíba e Pirapora do Bom Jesus. Nesa cidade, está a represa Edgard de Souza, construída no comezo do século XX para posibilitar que a auga dun afluente do Tietê, o río Pinheiros, fose bombeada para producir electricidade na Serra do Mar.

Grazas a Edgard de Souza, unha parte da polución do río sedimenta no seu fondo, e as augas reciben osíxeno ao moverse cando saen da represa. Pero xorde outro problema: as augas retidas preto de Pirapora do Bom Jesus quedan paradas por bastante tempo e formase unha espuma composta de poluentes, deterxentes e gas sulfhídrico. Esta espuma é levada polo vento ata a cidade, provocando alerxias respiratorias na súa poboación (especialmente en nenos de pouca idade) e corroendo as construcións históricas do seu centro, ademais do cheiro desagradábel e concentrado.

Despois de Pirapora do Bom Jesus, o río Tietê comeza un proceso de recuperación, ó deixar parte das substancias que o contaminan no fondo da represa Edgard de Souza e ó recibir afluentes con menor carga de polución. Os peixes e as algas rexorden.

Mais algúns quilómetros adiante, comezan as represas para xerar enerxía hidroeléctrica e as esclusas para a navegación fluvial. Na cidade de Barra Bonita, a uns 300 km de San Paulo, o río pode ser usado para bañarse, para a pesca e para a navegación turística e de cargas. Así prosegue ata súa foz, no lago da represa de Jupiá, no río Paraná.

Importancia

[editar | editar a fonte]

Durante o período colonial, a navegación no río Tietê durante o período das monzóns posibilitou a penetración dos bandeirantes polo interior do Brasil, atinxindo os actuais Mato Groso do Sur, Mato Groso e Goiás. Esta penetración de exploradores estableceu núcleos de poboamento que hoxe son cidades importantes. Na cidade de San Paulo foi, ata a década de 1940, usado para competicións de natación e remo en clubs que xurdiron nas súas marxes. Dende comezos do século XX, é utilizado para a produción de enerxía hidroeléctrica.

Hoxe, o lecer, a través de deportes náuticos e das praias fluviais só é posíbel nas cidades do interior que están varios quilómetros á xusante de Edgard de Souza. Tamén o transporte fluvial só é actualmente posíbel uns 200 km despois da cidade de San Paulo, xa na cidade de Conchas, que pode recibir barcas de gran capacidade.

Pero o feito de ser un río practicamente sen vida ó pasar pola rexión metropolitana de San Paulo incomoda a súa poboación, e xurdiron campañas e manifestacións pedindo a recuperación do río. Finalmente, en 1992 xurdiu un extenso e ambicioso proxecto de despolución do río, comezando coa mellora da captación e tratamento dos efluentes do consumo doméstico, pasando tamén polo control das súas enchentes na rexión metropolitana que ocorren nos meses de decembro ata marzo, os máis chuviosos no estado. É un proxecto para varios anos, con varias etapas, que sofre frecuentes interrupcións cando as verbas son escasas. Cando esta redución de polución tornarse significativa, prevese que a vida, sobre todo peixes de porte medio ata grande, retorne ás súas augas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]