Rebecca Cheptegei
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de febreiro de 1991 Kenya |
Morte | 5 de setembro de 2024 (33 anos) Eldoret, Kenya |
Causa da morte | homicidio, síndrome de disfunción multiorgánica |
Actividade | |
Ocupación | fondista, maratoniana |
Deporte | atletismo |
Disciplina deportiva | carreira de longa distancia maratón feminino |
Participou en | |
11 de agosto de 2024 | atletismo nos Xogos Olímpicos de Verán de 2024 - maratón feminino (44ª) |
Rebecca Cheptegei nada en Bukwo, Uganda o 22 de febreiro 1991 e finada en Eldoret, Kenia o 5 setembro de 2024, foi unha atleta ugandesa especialista na carreira de fondo e campo a través. Ostentou o récord nacional na maratón.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cheptegei empezou correr en 2010,na categoría de menores de 20 anos no Campionato Mundial de Campo a través onde terminou no lugar 15. Tamén competiu en probas de medio fondo como os 800 e 1500 metros. Un ano despois xa competía a nivel sénior, finalizando en segundo lugar no media maratón de Madrid e nos Xogos Militares en Río de Janeiro logrou o terceiro lugar nos 1500 metros como representante das Forzas Armadas de Uganda. En 2014 terminou en terceiro lugar no campionato africano de campo a través en Kampala. En 2021 gañou a edición inaugural do World Mountain Running Championships en Tailandia.[1]
En 2023 participou no Campionato Mundial de Atletismo onde terminou no lugar 14 no maratón en Budapest. Co resultado logrou a clasificación aos Xogos Olímpicos de París 2024 onde terminou no posto 44 no maratón feminina.[2][3]
Morte
[editar | editar a fonte]O 1 de setembro de 2024, foi atacada e prendéronlle lume na súa residencia en Trans-Nzoia Condado, Kenya. Sofreu queimaduras no 75% do seu corpo, deixándolle en condicións críticas no hospital. A policía informou que o seu mozo Dickson Ndiema, botoulle gasolina e prendeulle lume durante dunha discusión que tiveron acerca do terreo onde construíron a súa casa.[4][5] Ndiema foi tamén hospitalizado.[6]
Rebecca Cheptegei morreu dos seus danos o 5 de setembro, aos 33 anos.[4][7][8]
A agresión a Cheptegei foi dous anos despois de atopar morta a atleta keniana Damaris Mutua en Iten, un centro mundialmente famoso de atletismo do val do Rift.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En outubro de 2024, a alcaldesa de París Anne Hidalgo anunciou unha homenaxe a Rebecca Cheptegei e a decisión de bautizar unha sede deportiva co nome da atleta, na súa honra. Segundo manifestou Hidalgoː París non a esquecerá. Dedicarémoslle unha sede deportiva para que o seu recordo e historia permanezan entre nós e axúdenos a transmitir a mensaxe de igualdade, que é a mensaxe dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos.[9]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kibet and Cheptegei mark triumphant day for Uganda as World Mountain and Trail Running Championships conclude | REPORT | World Athletics". Consultado o 2023-03-12.
- ↑ Oscar Diego Mujuni (6 de julio de 2024). "2024 Paris Olympics: 25 Athletes to Represent Uganda". NBS Sports.
- ↑ Kaitlin Easton (3-9-2024). "Ugandan Olympic athlete Rebecca Cheptegei doused in petrol and set on fire by boyfriend, police say". ABC News. 104306780.
- ↑ 4,0 4,1 "Olympic runner Rebecca Cheptegei dies days after being doused in petrol and set on fire by ex-boyfriend". The Independent (en inglés).
- ↑ "Ugandan marathon runner Cheptegei burnt after being doused with petrol". Reuters.
- ↑ "Uganda Olympic athlete Rebecca Cheptegei set on fire by her boyfriend, Kenya police say". AFP. Consultado o 2 de outubro de 2024.
- ↑ "Olympian Rebecca Cheptegei dies after being set alight by ex-boyfriend". BBC (en inglés).
- ↑ "Ugandan Olympic runner Rebecca Cheptegei set on fire by her boyfriend".
- ↑ AFP, Agencia (2024-09-06). "“Nos deslumbró”: alcaldesa de París homenajeará a Rebecca Cheptegei, la atleta ugandesa víctima de feminicidio" (en castelán). Consultado o 2024-10-02.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rebecca Cheptegei |