Saltar ao contido

Salzburgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSalzburgo
Salzburg (de) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Epónimosalt trade (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 47°48′00″N 13°02′42″L / 47.8, 13.045
EstadoAustria
EstadosSalzburgo Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Aigen (en) Traducir
Altstadt (en) Traducir
Elisabeth-Vorstadt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 27+
Poboación
Poboación155.021 (2020) Editar o valor en Wikidata (2.361,33 hab./km²)
Xeografía
Superficie65,65 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRio Salzach (pt) Traducir, Alterbach (pt) Traducir e Saalach (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude424 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Xefe do gobernoHarald Preuner (pt) Traducir (2017–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal5020, 5023, 5026, 5061, 5071, 5081 e 5082 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico0662 Editar o valor en Wikidata
Código municipal austríaco50101 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Vilnius (1989–) Editar o valor en Wikidata

Sitio webstadt-salzburg.at Editar o valor en Wikidata
Facebook: StadtSalzburg.at Twitter: stadtdialog Instagram: stadtsalzburg Youtube: UCSlwa-Em8zh1i5pWsM5EXsQ BNE: XX453086 Editar o valor en Wikidata

Salzburgo[1] ou Salsburgo[2] (en alemán: Salzburg) é unha cidade austríaca, capital do estado federado (Bundesland) de Salzburgo e da rexión homónima. No ano 2019 tiña 154.211 habitantes.[3]

Topónimo

[editar | editar a fonte]

O nome alemán significa castelo [da] sal, e provén das barcas que transportaban sal no século VIII e que debían pagar un imposto, uso moi común en moitos ríos de Europa.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Salzburgo está a 150 km ao leste de Múnic (Alemaña), e a 300 km ao oeste de Viena. A cidade sitúase ás beiras do río Salzach, a 25 km dos contrafortes setentrionais dos Alpes. O carácter montañoso do sur da rexión de Salzburgo contrasta coas suaves ondulacións da parte norte. O cumio alpina máis próximo é o Untersberg (1.853 m), a poucos quilómetros ao suroeste. O centro da cidade está rodeado por dúas elevacións pétreas, o Mönchsberg e o Kapuzinerberg, cuxos bosques constitúen o pulmón verde da cidade.

No outeiro de Rainberg existen indicios dunha ocupación continuada desde o Neolítico até a conquista romana en tempos do emperador Augusto. No outeiro do castelo de Salzburgo e no Kapuzinerberg descubríronse restos de fortificacións do que na Idade de Ferro foi seguramente o centro máis importante do pobo celta dos ambisontes.

Os romanos agruparon as pequenas comunidades agrícolas nunha única urbe, Juvavum, no ano 15 a. C. Probablemente o nome sexa adaptado dun anterior nome celta, e non dunha divindade romana. Tralo colapso da fronteira con Noricum, a vila decaeu, e no século VII xa se convertera nunha ruína.

Cara ao ano 700 San Ruperto fundou unha poboación nese lugar, convertida no ano 739 en sede dun obispado e no 798, con Arno, en arcebispado.

Foi gobernado por un Príncipe-Arcebispo até principios do século XIX. O último Príncipe-Arcebispo foi Hieronymus von Colloredo.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]
Vista nocturna de Salzburgo.

O casco antigo da cidade, Die Altstadt, é un dos mellor conservados das rexións xermanófonas, e en 1996 a Unesco considerouno Patrimonio da Humanidade. Está dominado polas torres das súas igrexas, as fortalezas medievais, e pola Fortaleza Hohensalzburg, edificada en 1077 por orde do arcebispo Gebhard von Helffenstein. Tamén se sitúa nel a catedral de Salzburgo, o mosteiro de San Pedro, a casa natal de Mozart, e os castelos de Mirabell e Hellbrunn.

Entre os seus museos destacan:

Na cidade celébrase desde 1920 o Festival de Salzburgo. Nel adóitase interpretar a música de Mozart e o drama Jedermann de Hugo von Hofmannsthal.

O alemán de Austria é a lingua utilizada, se ben o dialecto local, que pertence ao austrobávaro, está amplamente presente na vida social e familiar.

  1. Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Lingüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua (PDF). ISBN 84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de setembro de 2015. Consultado o 16 de decembro de 2014. 
  2. Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1291. ISBN 9788482887524. 
  3. "Österreich - Größte Städte 2019". Statista (en alemán). Consultado o 1 de decembro de 2019. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]