Saque de banda
Aparencia
No fútbol, o saque de banda é unha forma de renovar o xogo.
Características
[editar | editar a fonte]Concédese saque de banda cando o balón traspasa na súa totalidade a liña de banda, xa sexa por terra ou por aire. O equipo adversario do último xogador ou xogadora que tocou o balón realizará o saque de banda polo punto onde saíu. No momento de lanzar o balón, quen faga o saque de banda debe estar de fronte ao terreo de xogo, ter ambos os pés fóra da liña de banda, servirse de ambas as mans e lanzar o balón desde detrás e por encima da cabeza. Non se pode anotar un gol directamente dun saque de banda, e quen o realiza non pode volver xogar o balón ata que o toque outra persoa.