Saltar ao contido

Serbia e Montenegro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSerbia e Montenegro
Државна заједница Србија и Црна Гора (sr-cyrl)
Državna zajednica Srbija i Crna Gora (sr-latn) Editar o valor en Wikidata

HimnoHej, Sloveni Editar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°09′N 19°47′L / 43.15, 19.78
CapitalBelgrado Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.832.545 (2006) Editar o valor en Wikidata (105,84 hab./km²)
Lingua oficiallingua serbia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie102.350 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación2003 Editar o valor en Wikidata
Disolución4 de xuño de 2006 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porSerbia e Montenegro Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Moedadinar iugoslavo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Código de paíssen valor e CS Editar o valor en Wikidata

Serbia e Montenegro foi un estado federal situado nos Balcáns, descendente directo da Iugoslavia e composto polas repúblicas de Serbia e de Montenegro. Confinaba ao norte con Hungría, ao leste con Romanía e Bulgaria, ao sur coa Macedonia do Norte e Albania e ao oeste co mar Adriático (a través do cal contactaba con Italia), Bosnia e Hercegovina e Croacia. A capital do país era a cidade de Belgrado.

No ano 2003 a República Federal de Iugoslavia composta por Serbia e Montenegro renovou a súa Carta Constitucional reestruturando o estado e mudando o nome por Unión dos Estados de Serbia e Montenegro. Porén dos cambios no estado, a bandeira, himno e escudo seguiron sendo os mesmos.

O 22 de maio de 2006 celebrouse en Montenegro un referendo no que os cidadáns montenegrinos residentes nesta república decidiron a independencia, o que levou á constitución dun estado propio e independente para Montenegro e á disolución da federación de Serbia e Montenegro.

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]
Mapa das divisións subterritoriais de Serbia e Montenegro. As sección en cor amarela representa a República de Serbia mentres que a sección en azul a República de Montenegro.

Serbia e Montenegro estaba composta de catro unidades políticas principais, dúas repúblicas e dúas provincias autónomas subordinadas:

A organización territorial de Serbia estaba regulamentada pola Lei de Organización Territorial e Goberno Local, adoptada na Asemblea de Serbia o 24 de xullo de 1991. Baixo a Lei, os municipios, cidades e asentamentos establecían as bases da organización territorial.

Serbia estaba dividida en 195 municipios e 4 cidades, que eran as unidades básicas da autonomía local. Tiña dúas provincias autónomas Kosovo e Metohija no sur e Vojvodina no norte. A parte de Serbia que non forma parte destas dúas provincias é coñecida como Serbia Central.

Montenegro ten 21 municipios (Општина, opština), e dous municipios urbanos (градска општина, gradska opština), subdivisiónns do municipio de Podgorica.

Festas en Serbia e Montenegro

[editar | editar a fonte]
Festas
Data Nome
1 de xaneiro Aninovo
7 de xaneiro Nadal ortodoxo
27 de xaneiro Día da Espiritualidade
27 de abril Día da Constitución
(Varía co ano) Venres Santo Ortodoxo
(Varía co ano) Semana Santa Ortodoxa
(Varía co ano) Luns de Pascua Ortodoxo
1 de maio Día do Traballo
9 de maio Día da Vitoria
28 de xuño Vidovdan (Día dos Mártires)
Só en Serbia
  • 15 de febreiro - Sretenje (Día Nacional)
Só Montenegro
  • 13 de xullo - Día do Estado