Saltar ao contido

Steve Jobs

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSteve Jobs

(2010) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de febreiro de 1955 Editar o valor en Wikidata
San Francisco, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte5 de outubro de 2011 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Palo Alto, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de páncreas Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaAlta Mesa Memorial Park (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director executivo Apple
16 de setembro de 1997 – 24 de agosto de 2011 – Tim Cook (pt) Traducir →
Director executivo Pixar
29 de novembro de 1995 – 1997
Director executivo NeXT
1985 – 1997
Director executivo Apple
3 de xaneiro de 1977 – 1985 Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMountain View Editar o valor en Wikidata
RelixiónBudismo e Zen Editar o valor en Wikidata
EducaciónReed College (pt) Traducir (1972–1974)
Homestead High School (pt) Traducir (–1972)
De Anza College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónemprendedor, produtor delegado, produtor de cinema, informático teórico, inventor, deseñador, financeiro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1974 Editar o valor en Wikidata - 2011 Editar o valor en Wikidata
EmpregadorApple
NeXT
Pixar
Atari, Inc. (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Participou en
2005commencement at the Stanford University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeLaurene Powell Jobs (1991–2011), morte da persoa Editar o valor en Wikidata
ParellaChrisann Brennan Editar o valor en Wikidata
FillosAdrian Brennan-Jobs
 () Chrisann Brennan
Reed Paul
 () Laurene Powell Jobs
Erin Sienna
 () Laurene Powell Jobs
Eve Jobs
 () Laurene Powell Jobs Editar o valor en Wikidata
PaisAbdulfattah Jandali Editar o valor en Wikidata  e Joanne Carole Schieble Simpson Editar o valor en Wikidata
IrmánsMona Simpson Editar o valor en Wikidata
ParentesPaul Jobs, pai adotivo
Clara Hagopian Jobs, mãe adotiva
Bassma Al Jandaly, curmán
Malek Jandali, curmán Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webapple.com… Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0423418 Allocine: 38315 Rottentomatoes: celebrity/steve-jobs Allmovie: p202146
TED: steve_jobs BNE: XX5098457 Musicbrainz: 85fe4494-c134-44dd-ba92-7e7cd6eff3e4 Discogs: 2881882 WikiTree: Jobs-9 Find a Grave: 77692175 Editar o valor en Wikidata

Steven Paul Jobs, máis coñecido como Steve Jobs, nado o 24 de febreiro de 1955 e finado o 5 de outubro de 2011,[1] foi un magnate e empresario informático estadounidense. Foi o cofundador,[2] e presidente executivo de Apple Inc.[3][4] Jobs tamén foi durante un tempo presidente executivo de Pixar Animation Studios; e fíxose membro do consello de directores de The Walt Disney Company en 2006, despois da adquisición de Pixar por parte de Disney. Nos créditos de Toy Story (1995) aparece como un dos produtores executivos.[5]

A finais dos anos 70, Jobs, co cofundador de Apple Steve Wozniak, e xunto a Mike Markkula[2] e outros, deseñaron, desenvolveron e comercializaron unha das primeiras e exitosas liñas de ordenadores persoais, a serie Apple II. A principios dos 80, Jobs estaba entre os primeiros en ver o potencial comercial da interface gráfica controlada por rato da compañía PARC, que levou á creación do Macintosh.[6][7]

O 5 de outubro de 2011, Apple anunciou que Jobs falecera á idade de 56 anos[8][9][10][11] debido a un cancro neuroendocrino de páncreas[12].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Joanne Simpson foi a nai de Steve Jobs e Abdulfattah John Jandali foi o seu pai[13][14]. Nado en Green Bay (Wisconsin) foi adoptado, despois de nacer, por Paul e Clara Jobs procedentes de Mountain View (Santa Clara County, California). Neste lugar foi onde viviu toda a súa infancia.

A creación do Apple I e a fundación de Apple Computer

[editar | editar a fonte]
Steve Jobs (esquerda) con Bill Gates.

O primeiro ordenador de Apple o Apple I foi construído e deseñado por Steve Wozniak para uso persoal, mais foi Jobs quen o convenceu de presentalo no Homebrew Computer Club e vendelo, nacendo así en 1976 Apple Computer Inc. O prezo orixinal deste foi de 500$, mais o aumentaron a 666,66 $ para obter unha marxe de beneficio. As primeiras oficinas da Apple situáronse no garaxe dos pais de Steve Jobs.

A partir de entón, a empresa comezou a crecer e en tan só dez anos auntentou o número de empregados a 4000. Con 27 anos, Steve Jobs converteuse no millonario máis novo de 1982.

En 1985, despois dunha loita interna polo poder, Jobs foi destituído dos seus cargos na empresa e despedido por John Sculley, CEO da empresa. Logo da súa saída, Jobs fundou NeXT Computer. Semellante ó Apple Lisa, NeXT tiña unha tecnoloxía moi avanzada para a época, pero nunca foi moi popular. En 1986 comprou Pixar a LucasFilm, empresa que, posteriormente, se faría moi famosa polos seus filmes de animación feitos con ordenadores (coma Toy Story).

En xullo de 1997, Steve Jobs regresou a Apple. A situación da empresa nese momento non era boa pero, coa súa chegada, Steve Jobs conseguiu mellorar as vendas a base de novos modelos que marcan as tendencias no deseño dos ordenadores, como por exemplo o iMac. O día 24 de agosto de 2011 presentou a súa renuncia como CEO de Apple.

  1. "Apple anuncia el fallecimiento de Steve Jobs". El País. Consultado o 06 de outubro de 2011.  (en castelán)
  2. 2,0 2,1 Markoff, John (1 de setembro de 1997). "An 'Unknown' Co-Founder Leaves After 20 Years of Glory and Turmoil". The New York Times. Consultado o 24 de agosto de 2011. 
  3. "Steve Jobs Resigns as CEO of Apple". Apple Inc. 24 de agosto de 2011. Consultado o 24 de agosto de 2011. 
  4. Ovide, Shira (24 de agosto de 2011). "Steve Jobs Resigns as Apple CEO". The Wall Street Journal. Consultado o 24 de agosto de 2011. 
  5. Créditos de Toy Story na IMDb (en inglés)
  6. Kahney, Leander (6 de xaneiro de 2004). "Wired News: We're All Mac Users Now". Wired News. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 20 de setembro de 2006. 
  7. "America's Most Admired Companies: Jobs' journey timeline". CNNMoney.com. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2014. Consultado o 24 de maio de 2010. 
  8. "Remembering Steve Jobs". Cupertino, California: Apple Inc. 5 de outubro de 2011. Consultado o 5 de outubro de 2011. 
  9. "Apple Co-founder Steve Jobs dies at 56.". BeautyMania.biz. 5 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2011. Consultado o 5 de outubro de 2011. 
  10. "Steve Jobs: iDied.". noypi.ph. 5 de outubro de 2011. Consultado o 5 de outubro de 2011. 
  11. "Steve Jobs: Apple Announces Former CEO Steve Jobs Has Died". Chicago Tribune. 5 de outubro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2011. Consultado o 5 de outubro de 2011. 
  12. El cáncer de Steve Jobs, El Mundo, 6/10/2011.
  13. Os pais biolóxicos de Jobs tiveran unha filla máis tarde, a escritora Mona Simpson, a quen Steve Jobs coñeceu sendo ambos os dous adultos.
  14. "Steve Jobs' Father Regrets Adoption, Hasn't Met Apple Founder". Consultado o 6 outubro de 2011.  (en inglés)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]