Tacones lejanos
Tacones lejanos | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Tacones lejanos |
Director | Pedro Almodóvar |
Produtor | Agustín Almodóvar Enrique Posner |
Guión | Pedro Almodóvar |
Intérpretes | Victoria Abril Marisa Paredes Miguel Bosé |
Música | Gil Evans George Fenton Ryūichi Sakamoto |
Son | Jean-Paul Mugel |
Fotografía | Alfredo F. Mayo |
Montaxe | José Salcedo |
Estrea | 1991 |
Duración | 112 minutos |
Orixe | España |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Tacones lejanos é unha película española de 1991, dirixida por Pedro Almodóvar.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Rebeca traballa como locutora de telexornais nunha cadea que dirixe o seu marido, Manuel. Este último foi o grande amor da nai de Rebeca, Becky del Páramo, antes de que esta abandonase a súa filla para dedicarse á súa carreira como cantante. Manuel non sabe que Rebeca é filla de Becky.
Quince anos despois, a nai volve a Madrid para actuar e arranxar algunhas contas pendentes, especialmente a relación coa súa filla Rebeca. A noite da súa chegada, Becky cea con Rebeca e Manuel. Xuntos van ver un imitador de Becky, o transformista Femme Letal. Rebeca dille á súa nai que, cando tiña saudade dela, ía ver o seu imitador.
Como as relacións entre Rebeca e Manuel non van ben, el intenta reavivar o seu vello amor con Becky, que non acepta o seu ofrecemento, a pesar de que Manuel lle di que pensa divorciarse de Rebeca. Unha noite, Manuel aparece asasinado no seu chalé.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Victoria Abril (Rebeca)
- Rocío Muñoz (Rebeca de nena)
- Marisa Paredes (Becky del Páramo)
- Miguel Bosé (Xuíz Domínguez/Femme Letal)
- Anna Lizarán (Margarita)
- Mayrata O'Wisiedo (nai do xuíz Domínguez)
- Cristina Marcos (Paula)
- Féodor Atkine (Manuel)
- Pedro Díez del Corral (Alberto)
- Bibi Andersen (Suzanna)
- Nacho Martínez (Juan)
- Miriam Díaz Aroca (Isabel)
- Juan José Otegui (capelán do hospital)
- Paula Soldevilla (enfermeira)
- Javier Bardem (Javier)
Palmarés cinematográfico
[editar | editar a fonte]Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor interpretación feminina secundaria | Cristina Marcos | Candidata |
Mellor montaxe | José Salcedo | Candidato |
Mellor son | Jean-Paul Mugel | Candidato |
Mellor deseño de vestiario | José María De Cossío | Candidato |
Mellor maquillaxe e peiteado | Jesús Moncusi e Gregorio Ros | Candidatos |
Categoría | Resultado |
---|---|
Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa | Candidata |
Categoría | Resultado |
---|---|
Mellor película estranxeira | Gañadora |
Festival de Cine de Gramado (Rio Grande do Sul, Brasil)
[editar | editar a fonte]Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Mellor Actriz | Marisa Paredes | Gañadora |
Mellor Director | Pedro Almodóvar | Gañador |
Mellor Música | Ryūichi Sakamoto | Gañador |
Mellor Película Iberoamericana | Candidata |
Festival Internacional de Cine de Cartaxena de Indias (Colombia)
[editar | editar a fonte]Categoría | Resultado |
---|---|
India Catalina á mellor película | Gañadora |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Filmes de España propostos ó Óscar ó mellor filme internacional
- Filmes propostos ó mellor filme internacional na 64ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Galán, Diego (27 de novembro de 2004). "Tacones lejanos". El País. Consultado o 9 de decembro de 2017.
- Ficha en IMDb. (en inglés).
- Ficha en filmaffinity. (en castelán).
- Luz Casal interpreta Piensa en mí de Agustín Lara. (en Youtube).