Saltar ao contido

Árabe exipcio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Árabe exipcio
مصري / Ma
Falado en: Exipto
Total de falantes: 83 000 000 aprox.
Familia: Afro-asiática

  Semítica
    Semítico occ.
      Árabe
        Árabe exipcio

Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: arz
ISO 639-3: arz
Mapa
Status

O árabe exipcio está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

árabe exipcio é unha variedade da lingua árabe usada en Exipto que ten influencias doutros idiomas próximos. A constitución exipcia recoñece o idioma árabe como a lingua oficial de Exipto, sendo falado por case a totalidade dos seus máis de 80 millóns de habitantes.[2]

Todos os dialectos árabes coloquiais normalmente só son transmitidos oralmente, sen deixar nada escrito, mais a gran vitalidade do exipcio fai que sexa unha das que máis escritos posúe, especialmente de poesía e teatro. Grazas aos medios audiovisuais modernos, o árabe exipcio é a variedade de árabe máis coñecido do mundo islámico xa que é comprendido, en gran medida, nos países pertencentes ao mundo árabe oriental (Máshreq en árabe), e aínda que ten diferenzas con outros dialectos do Magreb, tamén é xeralmente comprendido.

gramática do exipcio, como a de todos os dialectos árabes coloquiais, está simplificada en comparación co árabe clásico. Por exemplo, a maioría das vogais de unión omítense, e as formas nominais e verbais do dual substitúense con frecuencia polo plural. En fonoloxía, cinco consoantes cambian a súa pronunciación no exipcio: o dhal soa como dal, zha como dad, yim como o g de gato, qaf como o hamza (ʔ), e tha como ta (véxase alfabeto árabe).

O árabe exipcio ten a súa orixe na zona do Delta do Nilo e no Baixo Exipto, arredor do Cairo. Descende do árabe falado que foi levado a Exipto polos conquistadores musulmáns no século VII, e o seu desenvolvemento histórico viuse moi influenciado polo copto do Exipto pre-islámico e posteriormente por outras linguas como o turco/turco otomán, italiano, francés e o inglés.[3][4]

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. "Árabe Egipcio" (en español). Arquivado dende o orixinal o 03 de xuño de 2015. Consultado o 30 de abril de 2015. 
  3. Tetsuo Nishio (1996).
  4. Wilson B.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]