Alboíno
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 530 (Gregoriano) valor descoñecido |
Morte | 28 de xuño de 572 (Gregoriano) (41/42 anos) Verona, Italia |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Verona |
Rei de Italia | |
568 – 28 de xuño de 572 – Cleph → | |
Rei dos longobardos | |
década de 560 – 572 ← Audoíno de Lombardía – Cleph → | |
Datos persoais | |
Relixión | Arianismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Familia | Gausos |
Cónxuxe | Clodosvinda Rosmunda |
Fillos | Albsuinda () Clodosvinda |
Pais | Audoíno de Lombardía e Rodelinda |
Irmáns | Grasulfo de Friúl |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopedia de Otto |
Alboíno é rei dos longobardos máis ou menos desde 563 a 572, sucesor do rei Alduíno, seu pai.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tras entrar ao servizo de Bizancio con todo o seu pobo, alíase cos ávaros do khagan Baian contra os xépidos e destrúe o seu reino sobre o Danubio sobre o 567, matando o seu vello rei Cunimundo e casando á forza coa filla deste último, a princesa Rosmunda. Ao principio do ano 568, se cadra por desconfianza cara aos ávaros, pero tamén ao corrente da inestabilidade do dominio bizantino en Italia despois da guerra gótica, decide a migración do seu pobo cara a Italia do norte, non sen ter concluído con Baian un dereito de regreso a Pannonia e a Nórica válido durante dous séculos. Diríxese desde alí co seu pobo e con outras tribos, entre as que se contas os xépidos, saxóns e mesmo ávaros, cara Italia partindo do lago Balaton (na Hungría actual) o luns de Pascua do ano 568. Ocupa o Friúl na primavera de 569, facendo da rexión o primeiro ducado longobardo e instalando nel un sobriño seu, Xisulfo, con sede en Cividale, capital do ducado. Desde o nordeste da península, conquista toda a fértil chaira do Po ata os Alpes, así como a Italia central coa excepción de Rávena e de Roma, que se libran del, conservadas polos bizantinos, e instala o seu cuartel xeral na antiga Regia do rei Teodorico o Grande en Verona. Milán cae ao final do verán de 569 e Pavia capitula despois dun longo e penoso cerco de tres anos (572).
O 23 de xuño de 572, Alboíno é asasinado en Verona mentres dorme a sesta. Segundo a lenda, Rosmunda foi a instigadora desta morte por vinganza, pois o rei a obrigara a beber o viño da vitoria nunha copa feita co cranio do seu propio pai.
Alboíno casara antes con Clotsuínda, unha princesa cristiá merovinxia, filla de Clotario, rei dos francos.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Paulo Diácono, Historia Langobardorum (Historia dos Longobardos, Lorenzo Valla/Mondadori, Milano 1992). I, 21 e 27; II, 6-28.
- Origo gentis Langobardorum, ed. G. Waitz in Monumenta Germaniae Historica SS rer. Lang. § 5.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Reino longobardo | ||
---|---|---|
Segue a: Alduíno |
Alboíno | Precede a: Cleph |