Alfabeto ugarítico
Historia do alfabeto |
---|
Idade de Bronce Medio ss –XIX - -XV
|
Meroítico s. –III. |
Xenealoxía completa |
O alfabeto ugarítico é un tipo de alfabeto testemuñado na cidade de Ugarit entre os séculos –XIV e o inicio do –XII.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Mentres que a maioría das taboíñas de Ugarit están escritas en cuneiforme silábico que notan a lingua acadia (linguas semíticas) ou hitita (lingua indoeuropea), algunhas outras sono nunha nova escritura cuneiforme, chamada «alfabeto ugarítico», que nota unha lingua semítica cananea (así como textos hurritas). Esta escritura é, de feito, historicamente, o primeiro abjad (alfabeto que escribe sobre todo as consoantes). Testemuña por primeira vez a orde das letras aínda empregada hoxe na maioría dos alfabetos modernos (alfabeto latino, alfabeto grego, alfabeto etrusco pero tamén alfabetos semíticos como os alfabetos fenicio e hebreo), a orde chamada «levantina»:
A existencia dunha clasificación alfabética énos coñecida por varias taboíñas abecedarias. Algunhas taboíñas máis raras, atopadas en Beth Šemeš, clasifican porén as letras na orde surarábiga. O abecedario ugarítico máis habitual dá vinte e sete letras (seguidas de tres adicionais) nesta orde (transcrición tradicional das linguas semíticas):
ʾa, b, g, ḫ, d, h, w, z, ḥ, ṭ, y, k, š, l, m, ḏ, n, ṭ, s, ʿ, p, ṣ, q, r, ṯ, ǵ, t, ʾi, ʾu, s̀
Nota: a letra transcrita como ṭ éo como ẓ no artigo de O'Connor (cf. bibliografía infra).
A primeira letra non é a vogal /a/ senón o ataque glotal (unha consoante) seguido da vogal /a/, pois este abjad — que non escribía normalmente as vogais — non servía para notar este ataque glotal só: en efecto, ʾi e ʾu (ataque glotal seguido de /i/ ou /u/) parecen tern sido engadidas no final do alfabeto, tardiamente, pois. É posíbel que cando a invención deste abjad designase o ataque glotal vocalizado (fose cal for o timbre da vogal) e que máis tarde se especializase para o ataque glotal seguido de /a/ e non doutra vogal, de onde a adición doutras dúas formas nunha época máis tardía.
A presenza dalgúns grafemas silábicos (por exemplo ʾi e ʾu engadidos ao final) é un préstamo segundo o modelo acadio, de onde a presenza dun s̀, para transcribir unha consoante non semítica de valor descoñecido e probabelmente utilizada para os textos escritos en hurrita. Notar que o trazado dalgúns caracteres varía segundo as fontes de documentación indicadas na bibliografía. Non hai en efecto modelo arquetípico real ningún e as inscricións poden ser de estilos moi diferentes.
Tras a destrución da cidade de Ugarit sobre o -1200 polos Pobos do Mar, a súa escritura desapareceu con ela. O alfabeto fenicio tomou o relevo, coa descxendencia coñecida (o alfabeto latino in fine). É bastante posíbel que o respecto da orde levantina neste alfabeto estea inspirado pola do ugarítico.
Codificación informática
[editar | editar a fonte]o ugarítico foi engadido aos caracteres de Unicode a partir da cuarta versión, no bloque do mesmo nome que se estende dos postos U+10380 a U+1039F. Ao estaren este caracteres fóra do plano multilingüe de base (PMB), son utilizados con moita dificultade, xa que non todos os sistemas e os navegadores son quen de os manipular. Pódese acudir a esta páxina do espazo web de Alan Wood para atopar algúns.
Os caracteres previstos por Unicode son:
Ugarítico[1][2][1] | ||||||||||||||||
0 | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | A | B | C | D | E | F | |
U+1038x | 𐎀 | 𐎁 | 𐎂 | 𐎃 | 𐎄 | 𐎅 | 𐎆 | 𐎇 | 𐎈 | 𐎉 | 𐎊 | 𐎋 | 𐎌 | 𐎍 | 𐎎 | 𐎏 |
U+1039x | 𐎐 | 𐎑 | 𐎒 | 𐎓 | 𐎔 | 𐎕 | 𐎖 | 𐎗 | 𐎘 | 𐎙 | 𐎚 | 𐎛 | 𐎜 | 𐎝 | 𐎟 | |
Notas |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Official Unicode Consortium code chart (PDF) (en inglés)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- John Healey, «The Early Alphabet», en Reading the Past, obra colectiva, British Museum Press, 1990;
- M. O'Connor, artigo «Epigraphic Semitic Scripts», en The World's Writing Systems, obra colectiva baixo a dirección Peter T. Daniels e William Bright, Oxford University Press, 1996;
- Charles Higounet, L'écriture, collection « Que sais-je ? », numéro 653, Presses universitaires de France, 11e edición de 2003;
- Marguerite Yon, La Cité d'Ougarit sur le tell de Ras Shamra, ERC, Paris, 1997 (á venda na Association pour la défense de la pensée française en Paris);
- «Le royaume d'Ougarit, aux origines de l’alphabet», hors-série des Dossiers de l'archéologie, edicións Faton;
- Emmanuel de Roux, «L'alphabet du royaume d'Ougarit », en Le Monde, número do xoves 14 de outubro de 2004.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Os caracteres Ougarit no Unicode (Ugaritic, U+10380 à U+1039F)
- Aux origines de l'alphabet
- Alfabeto ugarítico - Brian Colless (versión 1)
- Alfabeto ugarítico - Brian Colless[Ligazón morta permanente] (versión 2)