Cátedra universitaria
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2018.) |
Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes:
|
No sistema universitario de España, unha cátedra universitaria é o posto o máis alto no escala docente dunha Universidade, ocupado por persoal docente e investigador logo de pasar unha serie de requisitos. Algúns postos universitarios, como o reitorado, só poden ser ocupados por catedráticos ou catedráticas.
Historia
[editar | editar a fonte]Antigamente as cátedras universitarias eran a base da organización das Universidades, e tiñan a súa propia autonomía económica e de investigación. Hoxe, esta base son os Departamentos que, segundo a vixente Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, son os órganos encargados de coordinar as ensinanzas dunha ou varias áreas de coñecemento nun ou varios centros, de acordo coa programación docente da universidade, de apoiar as actividades e iniciativas docentes e investigadoras do profesorado, e de exercer aquelas outras funcións que sexan determinadas polos estatutos da universidade.[1]
Requisitos
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
En España, o posto de catedrático está regulado pola Lei Orgánica de Universidades (LOU) de 2001, modificada en 2007, 2011, 2012 e 2015. Para acceder a el, é necesario cumprir os seguintes requisitos:[2]
- Ser profesor titular de universidade ou catedrático de escola universitaria.
- Estar en posesión do título de doutor.
- Ter un mínimo de tres anos de antigüidade.
- Lograr a acreditación do currículo por parte da Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e Acreditación.
- Superar unha proba selectiva na Universidade de destino.
- Non ter antecedentes penais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Artigo 9. Departamentos da LOU.
- ↑ "Carrera académica". universia.es. Universia España. Consultado o 7 de maio de 2018.