Saltar ao contido

Conversa:Viktor Yushchenko

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Y grego no apelido

[editar a fonte]

Se a señora Timoshenko é Iulia, por que Yushenko non é Iushenko? (ou, mellor, Iúshenko, para respectar a pronuncia).--XoioÉche o que hai 5 de marzo de 2014 ás 14:20 (UTC)[responder]

Iso é o malo de non haber un sistema de transcrición aceptado, cada quen fai o que pode, e máis en casos como este, onde a pronuncia de Ю no ucraíno (tamén no ruso) non sempre é a mesma, así en Юлія (Iulia) [1] é como o "i" pero en Ющенко [2] semella máis o y do castelán. Pero creo que cómpre homoxeneizar e mover esta páxina a Iushenko, ou con til de se preferir.--Sernostri (conversa) 5 de marzo de 2014 ás 15:09 (UTC)[responder]
O que habería que facer é adoptar na wiki un sistema de transliteración para ucraíno, ruso, etc. Eu teño en mente facer unha proposta, non se trataría de inventar nada, senón de elixir un dos existentes (científica, ONU, etc.). Mais suxiro agardar para facer o cambio a nivel global. Ollo! A transliteración do ucraíno non é igual a do ruso, habería que ir lingua por lingua (e o árabe sería outro bo sitio polo que seguir). --Norrin_strange (Fala-me) 5 de marzo de 2014 ás 15:13 (UTC)[responder]
No caso do alfabeto árabe para a lingua árabe xa existen propostas para o galego, entre as linguas con alfabeto cirílico creo que existía unha proposta de transcrición galega para o serbio pero non sei se ten moito sentido xa que o serbio emprega oficialmente tamén o alfabeto latino como nativo (non falo do serbio-croata, senón que o serbio propio adoptou oficialmente os dous alfabetos, aínda que é o cirílico é o que predomina)--Sernostri (conversa) 5 de marzo de 2014 ás 15:22 (UTC)[responder]
Ben, en árabe existen (creo) dúas propostas para o galego, certo, pero falo a nivel de políticas, de adoptar unha convención para os títulos en alfabetos non latinos, e de adaptar os títulos dos artigos a isto (coherencia interna). O caso do cirílico pois depende de cada idioma, pero poderíase comezar polo ruso e polo ucraíno. O serbio, como dis, xa ten o seu, do mesmo xeito que o tártaro e supoño que algunha mais. --Norrin_strange (Fala-me) 5 de marzo de 2014 ás 15:32 (UTC)[responder]
O bielorruso, por exemplo, ten unha proposta adoptada polo goberno en 2007, ver a wiki inglesa. --Norrin_strange (Fala-me) 5 de marzo de 2014 ás 15:37 (UTC)[responder]
Eu estou a favor de adoptarmos propostas internas, pero tería que quedar claro nalgún sitio que son iso propostas internas, e que se mudarían no caso de se adoptar para a lingua galega transcricións oficiais.--Sernostri (conversa) 5 de marzo de 2014 ás 15:40 (UTC)[responder]
Obviamente é unha proposta interna, mais non unha invención. É empregar algo que xa existe e referenciado. Claro que se mañá a RAG adopta un estándar oficial para algún destes casos, habería que mudalo, mais é o mesmo que no caso dos topónimos: se hai fontes, xa non teríamos que decidir... e isto está a sobrepasar o ámbito desta conversa, mudamos para algún lado? --Norrin_strange (Fala-me) 5 de marzo de 2014 ás 15:46 (UTC)[responder]
Mellor expoñelo na Taberna en propostas por se alguén ve algún atranco ou calquera cousa.--Sernostri (conversa) 5 de marzo de 2014 ás 15:54 (UTC)[responder]
Impórtache facelo ti? Ando un chisco liado... Se non podes, di. --Norrin_strange (Fala-me) 5 de marzo de 2014 ás 15:58 (UTC)[responder]
Xa está en Wikipedia:A Taberna (propostas)--Sernostri (conversa) 5 de marzo de 2014 ás 16:13 (UTC)[responder]