Damas do teatro
Damas do teatro | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Stage Door |
Director | Gregory La Cava |
Produtor | Pandro S. Berman |
Guión | Morrie Ryskind Anthony Veiller |
Baseado en | Stage Door de Edna Ferber e George S. Kaufman |
Intérpretes | Katharine Hepburn Ginger Rogers Adolphe Menjou |
Música | Roy Webb |
Fotografía | Robert De Grasse |
Montaxe | William Hamilton |
Estudio | RKO Radio Pictures |
Distribuidora | RKO Radio Pictures (USA) Radio Pictures Ltd. (Reino Unido) |
Estrea | 8 de outubro de 1937 31 de decembro de 1937[1] 20 de novembro de 2021 (TVG) |
Duración | 92 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 952 000 dólares[2] |
Recadación | 1 762 000[2] |
Na rede | |
Damas do teatro (en inglés: Stage Door) é un filme estadounidense de 1937 dirixido por Gregory La Cava. É unha adaptación da obra do mesmo nome, e conta a historia de varias aspirantes a actrices que viven xuntas no 158 West 58th Street de Nova York. Está protagonizado por Katharine Hepburn, Ginger Rogers, Adolphe Menjou, Gail Patrick, Constance Collier, Andrea Leeds, Samuel S. Hinds e Lucille Ball. Eve Arden e Ann Miller, que acadaron a fama en filmes posteriores, interpretan papeis menores.
Estreouse en galego o 20 de novembro de 2021 a través da TVG.[3]
Sinopse
[editar | editar a fonte]Terry Randall é unha moza aspirante a actriz que chega ao Footlight Club,[4] unha pensión teatral de Nova York onde viven outras actrices que desexan triunfar. Alí, a súa presenza provoca roces con elas, incluíndo a súa nova compañeira de cuarto Jean Maitland, á que non lle fai graza a chegada de Terry á casa. Cando o produtor teatral Anthony Powell se fixa na atractiva Jean, é Terry en cambio quen entra na escena.
Algunhas compañeiras non terán máis remedio que esquecer os seus soños, quedar, casar ou volver ao lugar do que saíron un día.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Katharine Hepburn como Terry Randall |
Ginger Rogers como Jean Maitland | ||
Adolphe Menjou como Anthony Powell |
Gail Patrick como Linda Shaw | ||
Constance Collier como Anne Luther |
Andrea Leeds como Kay Hamilton | ||
Samuel S. Hinds como Henry Sims |
Lucille Ball como Judy Canfield |
- Eve Arden como Eve
- Ann Miller como Annie
- Franklin Pangborn como Harcourt
- William Corson como Bill
- Pierre Watkin como Richard Carmichael
- Grady Sutton como "Butch"
- Frank Reicher como director de teatro
- Jack Carson como Mr. Milbanks
- Phyllis Kennedy como Hattie
- Margaret Early como Mary Lou
- Florence Reed (sen acreditar)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ The Times arquivo dixital: primeiro anuncio da película o 31 de decembro de 1937 (showing at the Regal), seguido dunha revisión o 3 de xaneiro de 1938.
- ↑ 2,0 2,1 Jewel, Richard (1994). "RKO Film Grosses, 1931-1951: the C. J. Telvin ledger". Historical Journal of Film Radio and Television 14 (1): 56. doi:10.1080/01439689400260031.
- ↑ "Programación da TVG o 20 de novembro de 2021". Consultado o 23 de maio de 2022.
- ↑ Segundo Robert Osborne, presentador de Turner Classic Movies, estaba inspirado no real Rehearsal Club.