Dronavalli Harika
Nome orixinal | (te) ద్రోణవల్లి హారిక |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 12 de xaneiro de 1991 (33 anos) Guntur, India (pt) |
Educación | Sri Venkateswara Bala Kuteer (en) |
Q89547790 | Gran Mestra Feminina |
Actividade | |
Ocupación | professional gamer (en) , xadrecista |
Nacionalidade deportiva | India |
Deporte | desporto eletrónico (pt) xadrez |
Disciplina deportiva | xadrez |
Título de xadrecista | Mestra FIDE (pt) (2003) Mestra Internacional Femenina (2003) Gran Mestra Feminina (2004) Mestre Internacional (2007) Grande Mestre de Xadrez (pt) (2011) |
Puntos ELO (màx.) | 2.543 (2016)< |
Identificador FIDE | 5015197 |
Participou en | |
2018 | Women's Chess Olympiad 2018 (en) |
2016 | Women's Chess Olympiad 2016 (en) |
2014 | Women's Chess Olympiad 2014 (en) |
2012 | Women's Chess Olympiad 2012 (en) |
2010 | Women's Chess Olympiad 2010 (en) |
2010 | Jogos Asiáticos de 2010 (pt) |
2008 | Women's Chess Olympiad 2008 (en) |
2006 | Women's Chess Olympiad 2006 (en) |
2004 | Women's Chess Olympiad 2004 (en) |
Premios | |
Premio Arjuna de 2007 Medalla de bronce nos Xogos Asiáticos de 2010 | |
Lista
|
Dronavalli Harika, nada o 12 de xaneiro de 1991 en Guntur (Andhra Pradesh, A India), é unha xadrecista india, Gran Mestra Feminina dende xullo de 2011. Comezou a ser coñecida tras gañar o Campionato Mundial de Xadrez da Mocidade nas categorías femininas sub-14 e sub-18. En 2011 gañou o Campionato de Xadrez Asiático Individual de Mulleres.[1] Vladimir Kramnik, Judit Polgár e Viswanathan Anand son os seus heroes no xadrez.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Harika naceu o 12 de xaneiro de 1991 na cidade de Guntur, filla de Ramesh e Swarna Dronavalli. Estudou no colexio Sri Venkateswara Bala Kuteer da súa cidade natal.[3] Comezou a xogar ao xadrez sendo moi nova e logrou unha medalla no campionato nacional Sub-9. A este trofeo seguiuno unha medalla de prata no campionato mundial xuvenil feminino Sub-10. Comezou entón os seus adestramentos con NVS Ramaraju,[4] quen refinou as súas técnicas de xogo. Harika converteuse na segunda muller da India en obter o título de Gran Mestra Feminina, despois de Humpy Koneru.[5]
Palmarés (incompleto)
[editar | editar a fonte]- Campionato da Muller da Commonwealth en 2006, 2007 e 2010.
- En 2004 gañou o Sub-14 feminino en Heraclión, (Grecia).
- En 2006 gañou o Sub-18 feminino en Batumi (Xeorxia).
- En 2008 gañou o título feminino no Mundial xuvenil de xadrez en Gaziantep (Turquía) por só un punto de diferenza.
- En 2008 foi a muller líder do Festival de Xadrez de Xibraltar.
- En 2010 gañou a medalla de prata nos Xogos Asiáticos en xadrez rápido individual feminino.[6]
- En 2010 chegou aos cuartos de final do Campionato Mundial Feminino de Xadrez.[7]
- En 2012 chegou ás semifinais do Campionato Mundial Feminino de Xadrez, mais perdeu fronte a Antoaneta Stefanova.
- En 2015 gañou a medalla de bronce no Campionato Mundial Feminino de Xadrez, celebrado en Sochi (Rusia).
- En 2017 obtivo a medalla de bronce no Campionato Mundial Feminino de Xadrez, celebrado en Teherán (Irán).[8]
- En 2021 gañou a medalla de prata no Campionato Mundial Feminino de Xadrez por equipos da FIDE.
- O mesmo ano obtivo a medalla de bronce na Olimpíada Feminina de Xadrez Online.
Outros recoñecementos
[editar | editar a fonte]- En 2007 recibiu o Premio Arjuna, o segundo máximo recoñecemento da India ao deporte.[9]
- En 2019 foi galardoada co Padma Shri, o cuarto maior recoñecemento civil da India, pola súa contribución a través do eido deportivo.[10]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Asian Individual Women Chess Championship 2011". Chess-Results.com. 10 de maio de 2011. Consultado o 26 de setembro de 2014.
- ↑ PowerPlayChess (2014). Olympiad Tromsø 2014 - A quick chat with Harika Dronavalli (YouTube) (en inglés).
- ↑ Subrahmanyam, V. V. (3 de agosto de 2011). "Calculated moves". The Hindu (en inglés). ISSN 0971-751X. Consultado o 21 de novembro de 2022.
- ↑ "Ramaraju, N". FIDE - International Chess Federation (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2022.
- ↑ Phadnis, Ashish (29 de setembro de 2017). "Harika Dronavalli earns Grandmaster title in chess". DNA India (en inglés) (Diligent Media Corporation Limited). Consultado o 21 de novembro de 2022.
- ↑ "Asian Games". Chess-Results.com. Consultado o 21 de novembro de 2022.
- ↑ "Women's World Championship Knockout Tournament (2010)". Chessgames.com. Consultado o 21 de novembro de 2022.
- ↑ Shah, Sagar (28 de febreiro de 2017). "World Women’s Chess Championship: Harika Dronavalli won bronze and shockingly, India didn't even cheer". First Post (en inglés). Consultado o 21 de novembro de 2022.
- ↑ "Harika's parents on cloud nine". The Hindu (en inglés). 6 de agosto de 2008. Consultado o 21 de novembro de 2022.
- ↑ "Here is the complete list of Padma awardees 2019- The New Indian Express". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 21 de novembro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dronavalli Harika |
- Interview with Dronavalli Harika, World Women Chess Championship 2010 (en inglés).