Saltar ao contido

Epic Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Epic Records
Logo
AcrónimoEpic
Tiposelo discográfico
Data de fundación1953
Fundador(es)Columbia Records
Organización matrizSony BMG e Sony Music Entertainment
SedeOs Ánxeles
PaísEstados Unidos de América
Na rede
http://www.epicrecords.com
Facebook: epicrecords Twitter: Epic_Records Instagram: epicrecordsuk Youtube: UCr3gQMVl1f8R08nmWKVYiRw BNE: XX5571972 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Epic Records é un selo discográfico estadounidense, propiedade do grupo Sony Music Entertainment, que opera ao amparo do Columbia/Epic Label Group. A pesar de que inicialmente concibiuse como un selo de jazz, dende entón expandiuse abarcando varios xéneros.

Epic Records iniciouna en 1953 a CBS co propósito de comercializar jazz, pop e música clásica que non encaixase na máis orientada ao gran público Columbia Records. Os novos talentos do pop do selo Okeh Records, que en parte pertencía á CBS, foron transferidos a Epic, deixando a Okeh como un selo de rhythm and blues. O logo de Epic converteuse nunha marca familiar en moitas edicións de jazz e música clásica, e entre estas incluíanse discos da Berlin Philharmonic, Charles Rosen, The Juilliard String Quartet, Antal Doráti dirixindo a Hague Philharmonic e George Szell dirixindo a Cleveland Orchestra.

Expansión de xéneros

[editar | editar a fonte]

Cara 1960, a base musical do selo expandírase para incluír todos os xéneros. Isto fíxose en parte para evitar que o elenco de Columbia Records (que, nese tempo, editaba material de artistas máis establecidos) se enchese de novos artistas. Polo tanto, Epic fíxose máis coñecida por asinar con músicos emerxentes. Cara finais da década dos 60 Epic gañou os seus primeiros discos de ouro e volveuse nunha importante factoría de hits no rock and roll, o R&B e a música country. Entre os seus artistas incluíanse Roy Hamilton, Bobby Vinton, The Dave Clark Five, The Hollies, Tammy Wynette, Donovan, The Yardbirds, Lulu, July e Jeff Beck. Varios dos artistas británicos de Epic durante os anos 60 foron o resultado do contrato de distribución internacional da unidade Epic/Okeh con EMI. As gravacións de Epic foron publicadas por EMI a través do selo Columbia.

Tamén durante os 60, Epic supervisou ás subsidiarias máis pequenas de CBS, como Okeh Records e Date Records. En 1968, o selo Epic introducíuse no Reino Unido e foi distribuído por CBS, despois de que o contrato con EMI rematase ese ano.

O éxito comercial de Epic continuou medrando nos anos 70 con edicións de ABBA, Boston, Cheap Trick, The Clash, Charlie Daniels, Heart, The Isley Brothers, The Jacksons, Labelle, Johnny Nash, Ted Nugent, REO Speedwagon, Charlie Rich, Sly & the Family Stone, Steve Vai e Edgar Winter. A este éxito tamén axudou a súa distribución con Philadelphia International Records, que produciu gravacións exitosas de artistas como The Three Degrees e McFadden and Whitehead.

Durante os anos 80, Epic foi probablemente o selo máis exitoso da década. O seu éxito entre o gran público durante os anos 80 e 90 foi alimentado coa contratación de artistas como Michael Jackson, Culture Club, Gloria Estefan and the Miami Sound Machine, Adam Ant, Living Colour, Faith No More, Dead or Alive, Europe, Cyndi Lauper, Ozzy Osbourne, Pearl Jam, Sade, Luther Vandross, Stevie Ray Vaughan, ou Céline Dion entre outros. O seu maior éxito chegou coa edición do álbum de Michael Jackson Thriller, que chegou a vender ao redor dos 80 millóns de copias, comverténdose no disco con máis vendas da historia.

Máis recentemente, outros exitosos artistas do selo foron Jennifer Lopez, The Fray, Jessica Simpson, Shakira, Korn, Fiona Apple, Ozzy Osbourne, Chevelle e Rage Against the Machine.

Actualidade

[editar | editar a fonte]

Epic Records é hoxe en día propiedade de Sony BMG. Sony mercou CBS Records en 1987, e a compañía foi rebautizada Sony Music en 1991. En 2004, Sony fusionouse con BMG, levando a selos como Epic, Arista, Columbia, RCA, Jive e moitas outras a unha única compañía nai, Sony BMG. En febreiro de 2009 a cantante e compositora Amanda Ghost foi nomeada presidenta de Epic Records. Posteriormente ese mesmo ano, Sony BMG Music fusionou as operacións de Epic e Columbia, formando o Columbia/Epic Label Group (aínda que ámbolos dous selos continúan operando como marcas independentes).

Ademais, nos anos 90, as operacións europeas de Sony Music integráronse en dous selos por separado, Epic e Columbia. A isto seguíronlle as operacións de Sony en Australia e Nova Zelandia en 1997. A operadora xaponesa do selo chámase Epic Records Japan Inc.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]