Saltar ao contido

Erik Spoelstra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaErik Spoelstra

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Evanston, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónJesuit High School (en) Traducir
University of Portland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1993 Editar o valor en Wikidata - 1995 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Miami Heat
1988–1992 Portland Pilots men's basketball
Familia
Cónxuxevalor descoñecido (2016–2023), divorcio Editar o valor en Wikidata
PaiJon Spoelstra Editar o valor en Wikidata

Sitio weberikspoelstra.com Editar o valor en Wikidata

Erik Celino Spoelstra, nado en Evanston (Illinois) o 1 de novembro de 1970, é o actual adestrador de Miami Heat. É o primeiro técnico filipino-estadounidense na NBA. Dende 2001 ata 2008 foi adestrador asistente e director de scouting dos Heat.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Spoelstra medrou en Portland (Oregón), onde se graduou no Instituto Xesuíta en 1988, e na Universidade de Portland en 1992. No Instituto Xesuíta, Spoelstra é terceiro na historia en asistencias (488), terceiro tamén en triplas (156) e sexto na porcentaxe de triplas (38.4%) e tiros libres (82.4%). Spoelstra foi o base titular da Universidade de Portland durante 3 anos e foi nomeado Freshman do Ano da West Coast Conference en 1989. Forma parte do selecto grupo que superou 1.000 puntos en Portland. Despois da universidade pasou 2 anos coma adestrador-xogador en TuS Herten, un equipo alemán.

O seu pai, Jon Spoelstra, traballou coma executivo dos Portland Trail Blazers, Denver Nuggets e dos New Jersey Nets. Spoelstra ten unha orixe neerlandesa-irlandesa por parte do seu pai, e unha orixe filipina por parte da súa nai, Elisa Celino, nada en San Pablo, Laguna.

Miami Heat

[editar | editar a fonte]

O 28 de abril de 2008, Spoelstra (coñecido polos xogadores coma "Coach Spo"), foi nomeado sucesor de Pat Riley coma adestrador de Miami Heat. A dimisión de Riley produciuse despois de protagonizar a peor tempada que tivera coma técnico dende que chegara á NBA. Riley seguirá coma presidente do equipo, e a súa primeira decisión foi que o seu relevo fose Erik Spoelstra, asistente baixo a súa dirección pero que nunca tivera experiencia na NBA coma adestrador. Con 37 anos, Spoelstra converteuse no técnico máis novo da liga, 69 días máis novo que Lawrence Frank, adestrador dos New Jersey Nets.

Erik Spoelstra estivera traballando para Miami Heat durante 13 tempadas, pero nunca, coa excepción das ligas de verán, desempeñara aínda o cargo de adestrador xefe. O seu primeiro traballo en Miami foi de director de scouting, no ano 1995, e logo foi ascendido a adestrador asistente, seguindo aínda coas súas funcións de scouting. Dende fai tempo se lle vía como a persoa á que Pat Riley acabaría promocionando para substituílo no banco dos Heat.

Spoelstra adestrou aos Heat que chegaron ás Finais da NBA de 2011, perdendo por 4-2 contra os Dallas Mavericks. Ao remate desa tempada, o 16 de decembro, recibiu a extensión do seu contrato.[1]

  1. WashingtonPost.com[Ligazón morta] Consultado o 16 de decembro de 2011.