Freak Scene
«Freak Scene» | |||||
---|---|---|---|---|---|
sinxelo de Dinosaur Jr. | |||||
do álbum Bug | |||||
Lanzamento | setembro de 1988 | ||||
Formato | {{{formato}}} | ||||
Gravada | 1988 | ||||
Xénero musical | rock alternativo, noise rock | ||||
Lingua(s) | {{{lingua}}} | ||||
Duración | 3:35 | ||||
Discográfica | SST Records | ||||
Produtor(es) | J Mascis | ||||
Escritor(es) | J Mascis | ||||
Cronoloxía | |||||
| |||||
Miscelanea | {{{miscelanea}}} |
"Freak Scene" é unha canción da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr., editado como sinxelo do seu terceiro álbum, Bug, en setembro de 1988. Foi composta e producida polo líder do grupo J Mascis, e gravárona nos Fort Apache Studios Paul Q. Kolderie e Sean Slade. A banda realizou un vídeo musical do tema para promocionar o sinxelo.
"Freak Scene" está considerada unha das mellores cancións de Dinosaur Jr. Na súa recensión de Bug, Stephen Thomas Erlewine de Allmusic dixo que a canción era "a peza mestra do disco, ...unha sorprendente canción pegadiza que encapsula o atractivo e as dificultades do indie rock en tres minutos". Jess Harvell de Pitchfork Media cre que "Freak Scene é probablemente a mellor interpretación de guitarra do indie rock e a mellor canción pop da banda". O sinxelo acadou o número 7 na lista Indie Chart británica, onde pasou 12 semanas.
Listaxe de cancións
[editar | editar a fonte]Os dous temas foron compostos por J Mascis.
- 7" SST 220
- "Freak Scene" – 3:35
- "Keep the Glove" – 2:52