Saltar ao contido

Guillerme de Holanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaGuillerme de Holanda

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de xullo de 1228 Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xaneiro de 1256 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Hoogwoud, Países Baixos (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorto en combate Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMiddelburg Editar o valor en Wikidata
Rei dos Romanos
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónaristócrata Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor en Wikidata
FamiliaHouse of Holland (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIsabel de Brunswick-Lüneburg (1252 (Gregoriano)–) Editar o valor en Wikidata
FillosFloris V, Conde da Holanda Editar o valor en Wikidata
PaisFloris IV, Conde da Holanda Editar o valor en Wikidata  e Matilda de Brabante, Condessa da Holanda Editar o valor en Wikidata
IrmánsFloris de Voogd
Adelheid von Holland
Margarida da Holanda, Condessa de Henneberg Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Allgemeine Deutsche Biographie
Regesta Imperii (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Holland-689

Guillerme de Holanda, nado en 1227 e finado o 28 de xaneiro de 1256, foi conde de Holanda (como Guillerme II) a partir de 1234, e Rei de romanos, rival de Conrado IV, desde 1247 até a súa morte.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Fillo de Florencio IV, conde de Holanda, e da súa esposa Matilde de Brabante, non cumprira os sete anos cando seu pai morreu accidentalmente o 19 de xullo de 1234 nun torneo celebrado en Corbie,[1] aínda que, segundo Louis G. F. Kerroux, foi asasinado en dito torneo por Filipe Hurepel, conde de Clermont.[2] Seus tíos Guillerme e Otón encargáronse da rexencia do Condado desde 1234 a 1239.

Rei de romanos

[editar | editar a fonte]

Á morte de Henrique Raspe, que fora elixido polos partidarios do partido güelfo rei de Alemaña (Rei de romanos, segundo a titulación oficial) en substitución de Frederico II Hohenstaufen, deposto e excomungado polo papa Inocencio IV, con apenas 20 anos de idade, e grazas ao apoio do seu tío Henrique II, duque de Brabante e do arcebispo de Colonia, Guillerme foi elixido Rei de romanos o 3 de outubro de 1247.[3]

Debido á súa pouca idade os electores déronlle como conselleiros ao duque de Brabante e ao bispo de Utrecht. Tras un sitio de cinco meses, Guillerme tomou Aquisgrán aos partidarios de Frederico II, e puido ser coroado rei o 1 de novembro de 1248,[4] despois de ser armado cabaleiro en Colonia.[3] A súa nova dignidade fixo que parte dos príncipes do Sacro Imperio declaráranse seus inimigos, polo que Guillerme deixou en mans de seu irmán Florencio o goberno do Condado de Holanda para ter maior liberdade de movementos.[3] A maior parte dos príncipes alemáns non recoñeceron a súa elección até despois de que o 25 de xaneiro de 1251, por consello e mediación do papa, que aprobara seu nomeamento, contraese matrimonio con Isabel, filla de Otón I de Brunswick, chamado o Neno, duque de Brunswick-Lüneburg. A noite de vodas puido ser fatal para os esposos, pois, segundo conta Alberte de Stade, o palacio onde aloxaran foi incendiado. Foi a princesa quen salvou o seu marido levándoo da man por camiños que ela coñecía. O mesmo cronista relata que Guillerme tamén escapou a outro incendio na cidade de Nuis coa axuda do arcebispo de Colonia.[5]

Guerra con Margarida de Flandres

[editar | editar a fonte]

Acabado de casar e de regreso ao seu Condado, Guillerme enfrontouse a Margarida, condesa de Flandres, que se negara a recoñecer o seu nomeamento imperial, á que pretendeu desposuír do seu Condado, en tanto esta lle exixía homenaxe como conde de Holanda pola súa posesión das illas de Zelandia, feudo flamengo que quedaría definitivamente integrado no Condado de Holanda en 1256.

Margarida enviou un grande exército ao mando de seu fillo Guido de Dampierre para invadir a illa de Walcheren. Mentres os seus soldados penetraban en Zelandia, a condesa de Flandres finxía chegar a un acordo con Guillerme, que se trasladara a Anveres, onde tivo lugar unha conferencia baixo a mediación de Henrique VI, duque de Brabante.[6] Porén, non fiándose da súa inimiga, Guillerme ordenou ao seu irmán Florencio que se dirixira coas súas tropas a defender Zelandia. Este camuflouse con todo o seu exército tras as dunas de Westkapelle, esperando a Guido de Dampierre que avanzaba sen sospeitar nada.[3] Así, en xullo de 1253, o exército flamengo foi completamente derrotado, facendo os holandeses prisioneiros aos fillos de Margarida.[7]

Esta derrota sorprendeu a Margarida de Flandres, pero non a fixo desistir das súas pretensións. Chamou na súa axuda a Carlos de Anjou, irmán do rei de Francia, ao que lle outorgou a investidura do Condado de Hainaut, territorio que quería arrebatar ao seu fillo Xoán I de Avesnes. Este, axudado polo seu cuñado Guillerme, acudiu en defensa das súas terras, derrotou aos franceses e forzou á súa nai a recoñecelo como conde de Hainaut.[8] Margarida, desesperada, facendo da necesidade virtude, cedeu á necesidade e viuse incluso obrigada a facer a paz co Rei de romanos, que lle devolveu ao seu fillo Guido de Dampierre, prisioneiro de Guillerme desde a xornada de Westkapelle.[8]

Guerras co bispo de Utrecht e os frisóns

[editar | editar a fonte]
Tumba de Sigfrido III de Epstein, bispo de Maguncia, co bispo no centro coroando a Henrique Raspe e Guillerme de Holanda.
Catedral de Maguncia.

Despois de poñer fin á guerra con Flandres, Guillerme dirixiuse cara a Xenebra, onde o papa o invitara, posibelmente para coroalo. Antes quixo pasar por Alemaña, onde segundo unha carta dirixida a Luberto, o seu vicechanceler imperial e abade de Egmond, foi moi ben recibido. Pero unha nova disputa co bispo de Utrecht e a sublevación dos frisóns setentrionais, que viran con receo a construción dun castelo cerca de Heemskerk, fixérono retornar a Holanda a comezos do ano 1255, sen ter tempo de continuar a súa viaxe a Xenebra.[9]

Novas disputas desencadeáronse co bispado de Utrecht. Otón, tío e titor que fora de Guillerme, falecera, e Godwino de Amstel fora elixido para ocupar a sede episcopal. Ben porque o novo bispo fora débil de carácter para o seu cargo ou ben porque, tras un ano de asedio, estivera disposto a renunciar, Guillerme puido substituílo por Henrique de Vianen.[9]

O señor de Amstel, irmán do bispo deposto, e o señor de Woerden, descontentos co que acababa de pasar, recibiron o apoio de Otón II, conde de Güeldres, e declararon a guerra ao novo bispo. Acababan de librar unha batalla, cando o Rei de romanos Guillerme chegou a Utrecht; pero estes dous señores xa foran derrotados e feitos prisioneiros.

Guillerme mediou na disputa e conseiguiu, despois de prometelo ao bispo Henrique de Vianen, devolverlle a liberdade aos señores de Amstel e Woorden.

En 1255 os frisóns volvéranse a amotinar. No inverno Guillerme, decidido a sometelos, púxose á fronte do seu exército e, en Nadal, tomou a rota de Alkmaar (onde construíu un novo castelo) para ir a Hoogwoud e atacar os frisóns sobre o xeo, que se cría bastante forte. Brederodo, que conducía unha división do exército, xa batira aos frisóns cerca de Hoogwoud; pero Guillerme, con máis ardor que prudencia, perseguiu aos pelotóns que fuxían até un punto no que o xeo era tan débil que afundiu baixo o peso do seu cabalo.[10] Inmediatamente foi degolado mentres trataba de desprenderse do peso da súa armadura, abandonado polos seus cabaleiros que fuxiron desconcertados.[11]

Era o 15 de xaneiro de 1256. O seu corpo foi enterrado nun lugar secreto e non foi descuberto até pasados vinte e seis anos, cando seu fillo Florencio V de Holanda o trasladou a Middelburg, onde foi enterrado na abadía coa pompa propia de seu rango.[10] Nunca chegou a ser coroado emperador.

Labor de goberno

[editar | editar a fonte]

Guillerme concedeu privilexios a numerosas cidades do seu Condado, como Haarlem, Delft ey Alkmaar. Alkmaar estivo exenta de impostos durante algúns anos, excepto de servir na guerra contra os frisóns. Haarlem obtivo foros municipais de exención de aduanas. Pero Guillerme non se limitou a dotar de leis ás cidades, senón que as adornou con numerosos monumentos. O concello de Haarlem serviulle de palacio e, aínda que se dubida que fora o seu fundador, é certo que desde 1214 existía unha Corte ou palacio nesa cidade.[12] A cidade da Haia xurdiu en torno ao castelo o pavillón de caza que Guillerme fixo construír en 1250 e que concluíu seu fillo.[13]

Matrimonio e descendencia

[editar | editar a fonte]

Guillermeo casou o 25 de xaneiro de 1251 con Isabel, filla de Otón I de Brunswick, duque de Brunswick-Lüneburg. Deste matrimonio tivo dous fillos:

Predecesor:
Florencio IV

Conde de Holanda

1234 - 1256
Sucesor:
Florencio V
Predecesor:
Henrique Raspe
rival de
Frederico II e Conrado IV

Rei de romanos

1247 - 1256
(rival de Frederico II até 1250
e de Conrado IV até 1254)
Sucesor:
Ricardo de Cornualla
rival de
Afonso X o Sabio
  1. Van Hasselt, p. 177.
  2. Louis Gabriel Florence Kerroux, Abrégé de L'Histoire de la Hollande et des Provinces-Unies, Volume 1, Ed. Jacques Murray, Leiden, 1778, páx. 103.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Louis Gabriel Florence Kerroux, Op. cit., páx. 104.
  4. Van Hasselt, pp. 135-136.
  5. Louis Gabriel Florence Kerroux, Op. cit., páxs. 104 e 105.
  6. Louis Gabriel Florence Kerroux, Op. cit., páxg. 105.
  7. Van Hasselt, páx. 137.
  8. 8,0 8,1 Louis Gabriel Florence Kerroux, op. cit., páx. 106.
  9. 9,0 9,1 Louis Gabriel Florence Kerroux, Op. cit., páx. 107.
  10. 10,0 10,1 Louis Gabriel Florence Kerroux, Op. cit., páx. 108.
  11. Van Hasselt, páx. 179.
  12. Louis Gabriel Florence Kerroux, Op. cit., páx. 110.
  13. Van Hasselt, pp. 178-179.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]