Saltar ao contido

Hendrick Avercamp

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHendrick Avercamp

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de xaneiro de 1585 Editar o valor en Wikidata
Ámsterdam, Países Baixos Editar o valor en Wikidata
Morte15 de maio de 1634 Editar o valor en Wikidata (49 anos)
Kampen (Países Baixos) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Kampen (Países Baixos) (pt) Traducir (1608–1634)
Ámsterdam (1607–1608)
Kampen (Países Baixos) (pt) Traducir (1586–1607) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, artista visual Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonte1000 Mesterværker: Europæisk malerkunst fra 13. til 19. århundrede (en) Traducir, (p.39)
Allgemeine Deutsche Biographie
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Discogs: 2287212 Editar o valor en Wikidata
Paisaxe invernal con xogos no xeo, 1608. Óleo sobre táboa, 29,4 X 46,4 cm. Kunsthistorisches Museum, Viena.

Hendrick Avercamp, nado en Ámsterdan o 27 de xaneiro de 1585 e finado en Kampen o 15 de maio de 1634, foi un pintor neerlandés, especializado en pintura paisaxística de tema invernal.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Era xordo e coñecido como “o mudo de Kampen". Estudou na súa cidade natal co pintor Pieter Hendrick (1569-1625). Foi un dos primeiros pintores paisaxísticos da escola holandesa do século XVII, especializándose nas paisaxes invernais do seu país. As obras de Avercamp están cheas de colorido e vivacidade, cunha atenta colocación das personaxes na escena.

O traballo de Avercamp gozou de gran popularidade e vendendo moitas das súas obras, en boa parte realizadas á acuarela. A mesma raíña Isabel II de Inglaterra tivo unha excepcional colección das súas pinturas no castelo de Windsor.

Continuadores

[editar | editar a fonte]

As pinturas de paisaxes invernais de Hendrick Avercamp tiveron continuadores como Jan van Goyen, Aart van der Neer, Antonie van Stralen e Jan van de Capelle.

Obra (selección)

[editar | editar a fonte]
  • Paisaxe de Inverno, Rijksmuseum, Ámsterdan
  • O Inverno, Mauritshuis, A Haia
  • Escena na neve, "Rijksmuseum Kröller-Müller", Otterlo
  • Escena invernal, "Museum Boymans-van Beuningen", Rotterdam
  • Paisaxe de inverno, "Kunsthistorisches museum", Viena
  • Escena invernal en Yselmuiden, "Musée d'art et d'histoire", Xenebra
  • Escena sobre o xeo cerca dunha cidade, "National Gallery", Londres
  • Paisaxe de inverno con personaxes, "National Gallery of Scotland", Edimburgo
  • Escena sobre o xeo, "National Gallery of Ireland", Dublín