Josefina Castellví
(2020) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ca) Josefina Castellví Piulachs 1 de xullo de 1935 (89 anos) Barcelona, España |
Delegado Consello Superior de Investigacións Científicas, Cataluña | |
1984 – 1986 – Carles Miravitlles (en) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Barcelona |
Tese académica | Q55431191 (1969 ) |
Director de tese | Ramon Parés i Farràs (en) |
Actividade | |
Ocupación | bióloga, escritora, oceanógrafa, profesora universitaria |
Empregador | Consello Superior de Investigacións Científicas |
Premios | |
| |
Josefina Castellví, nada en Barcelona en 1936, foi unha bióloga dedicada ó campo da oceanografía.[1] Foi a primeira muller en dirixir unha base na Antártida.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu durante a República, un ano antes do estalido da Guerra Civil española. Filla dun médico e dunha ama de casa, estudou no Instituto Montserrat.[2] Licenciouse en Bioloxía na Universidade de Barcelona en 1957 e entón marchou a Francia, onde en 1960 especializouse en oceanografía e fixo algúns cursos prácticos na Universidade da Sorbona. Doutorouse en ciencias biolóxicas pola Universidade de Barcelona en 1969.
Desde 1960 traballa no Instituto de Investigacións Pesqueiras (desde 1987 chamado Instituto de Ciencias do Mar) do Consello Superior de Investigacións Científicas, foi directora os anos 1994-1995 e delegada en Cataluña. Foi pioneira da presenza catalá na Antártida e en 1984 foi a primeira muller de España a participar nunha expedición internacional na Antártida [3][4] colaborando, dunha maneira relevante, na organización da investigación xunto con Antoni Ballester e Nolla. E dirixiu a instalación da Base Antártica Española Juan Carlos I na illa Livingston, da que foi xefa de 1989 a 1997.[5][6]. Todo iso propiciou que España entrase como membro do Tratado Antártico (1988). Na península Hurd da illa Livingston, preto de onde instalaron a base Antártica, atópase o pico Castellví, nomeado así na súa honra.
En 1994 recibiu a Medalla de Ouro da Cidade de Barcelona e en 2003 recibiu a Cruz de Sant Jordi. En 2007 foi a encargada de realizar o pregón das Festas da Mercè, cun discurso no que reivindicou unha Barcelona máis próxima ao mar.[7] Desde 2010 é a presidenta da Universidade de Verán de Andorra. É vicepresidenta do Consello Asesor para o Desenvolvemento Sostible de Cataluña. O 8 de outubro de 2013, gañou o Premio de Cultura da Xeneralidade de Cataluña e o 13 de maio de 2014 foi nomeada catalá do ano.[8] O 5 de marzo de 2015 recibiu a Medalla August Pi i Sunyer da Facultade de Medicina da UB, no marco da conmemoración do Día Internacional das Mulleres. A investigadora Josefina Castellví é a primeira muller que recibe esta distinción. En 2016 outorgóuselle a Medalla de Honra da Rede Vives de Universidades. En xullo de 2019 do Instituto de Ciencias do Mar rendeulle unha homenaxe, co descubrimento dunha placa conmemorativa da aula Pepita Castellví.[9] En marzo de 2018 un instituto público de Viladecans cambia oficialmente o seu nome a Instituto Josefina Castellví e Piulachs en recoñecemento á súa carreira
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Josefina Castellví i Piulachs | enciclopèdia.cat". www.enciclopedia.cat. Consultado o 2021-09-05.
- ↑ "07. Josefina Castellví i Piulachs (1935) - Narrativa i pedagogia, narracions i currículum". sites.google.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2014. Consultado o 2021-09-05.
- ↑ ub. "La Facultat de Medicina guardona l’oceanògrafa Josefina Castellví - Universitat de Barcelona". www.ub.edu (en catalán). Consultado o 2021-09-05.
- ↑ "La abuela científica regresa a la Antártida". ELMUNDO (en castelán). 2013-12-01. Consultado o 2021-09-05.
- ↑ "Delegación del CSIC en Cataluña - Josefina Castellví". www.dicat.csic.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2021. Consultado o 2021-09-05.
- ↑ "“En los hielos de la Antártida está escrita la vida del planeta”". La Vanguardia (en castelán). 2017-09-13. Consultado o 2021-09-05.
- ↑ BARCELONA, ROSA MARI SANZ / ALBERT OLLÉS / (2007-09-22). "Josefina Castellví reivindica els barris en el pregó de la Mercè". elperiodico (en catalán). Consultado o 2021-09-05.
- ↑ Ara (2014-05-13). "La biòloga Josefina Castellví, Catalana de l'Any 2013". Ara.cat (en catalán). Consultado o 2021-09-05.
- ↑ "El CSIC rinde homenaje a Josefina Castellví". Tiempo.com | Meteored (en castelán). 2019-07-09. Consultado o 2021-09-05.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Josefina Castellví |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cuentos de buenas noches para nuestras niñas rebeldes. Editorial Destino, 2021. ISBN: 9788408241676
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Josefina Castellví no blog Mujeres con ciencia
- Josefina Castellví na páxina web No me cuentes cuentos.
- Imaxes de Josefina