Músculo redondo menor
Aparencia
Músculo redondo menor | |
---|---|
Nervios supraescapular e axilar do lado dereito, visión dorsal. (O músculo redondo menor é visíbel no centro). | |
Músculos do dorso da escápula, e o músculo tríceps braquial: #3 é omúsculo latísimo do dorso #5 é o músculo redondo maior #6 é o músculo redondo menor #7 é o músculo supra-espiñal #8 é o músculo infra-espiñal #13 é a cabeza longa do músculo tríceps braquial. | |
Latín | musculus teres minor |
Gray's | subject #123 441 |
Orixe | Borda lateral da escápula. |
Inserción | Face inferior do tubérculo maior do úmero. |
Vascularización | |
Innervación | {{{Innervación}}} |
Nerve root | Nervio axilar |
Accións | Rotación lateral do brazo, adución, e estabiliza o úmero. |
Dorlands /Elsevier |
12551124 |
O músculo redondo menor é un músculo do membro superior humano. Ten forma de cordón e orixínase nunha zona chá da escápula, moi preto do bordo externo, por debaixo do tubérculo infraglenoide. O seu tendón insírese na superficie inferior do tubérculo maior do úmero. O redondo menor rota lateralmente o úmero e é un compoñente do manguito rotador.
É innervado polo nervio axilar.