Mar de Timor
Tipo | mar | ||||
---|---|---|---|---|---|
Parte de | Océano Índico | ||||
Localización | |||||
País da cunca | Indonesia, Timor Leste e Australia | ||||
| |||||
Afluentes | Daly River (en) ,Ord River (mul) ,Victoria River (en) ,Berkeley River (en) ,Clerec (en) ,Glenelg River (en) ,Mitchell River (en) ,South Laclo River (en) ,Loumea (en) ,Q2756679 ,Sale River (en) | ||||
Características | |||||
Profundidade | 3.200 m | ||||
Dimensións | 480 () km | ||||
O mar de Timor (en indonesio: Laut Timor) é un mar do límite do océano Índico situado entre a illa de Timor (hoxe dividida entre os estados de Indonesia e Timor Leste) e Australia.
Xeografía
[editar | editar a fonte]O mar de Timor ten uns 480 km de ancho, en dirección L-O, cubrindo unha área duns 610.000 km². O seu punto máis profundo é a fosa de Timor na zona norte do mar, cunha profundidade de 3.300 m. O resto do mar é moito menos profundo, sendo a súa profundidade media de menos de 200 m, estendéndose sobre a plataforma Sahul, parte da plataforma continental australiana. O mar de Timor limita polo leste co mar de Arafura e polo norte co mar de Banda e o mar de Savu.
O mar posúe un número de illas significativas, entre as que se contan Illa Melville, localizada lonxe da costa australiana, e as illas Ashmore e Cartier, baixo goberno australiano. Crese que os primeiros poboadores que chegaron a Australia fixérono viaxando de illa en illa a través do mar de Timor.
O mar de Timor ten dúas importantes entradas na costa norte de Australia: o golfo Xosé Bonaparte, na honra do irmán de Napoleón Xosé I de España, e o golfo Van Diemen. A cidade australiana de Darwin é a única cidade importante que se atopa sobre este mar.
O mar é unha zona de formación de tormentas tropicais e tifóns.
Reservas de hidrocarburos
[editar | editar a fonte]Baixo o mar de Timor existen importantes reservas de petróleo e gas. O campo de gas de «Greater Sunrise» é o maior campo existente no mar de Timor e prognostícase que lle podería reportar a Timor Leste grandes beneficios.
Australia e Timor Leste tiveron unha longa disputa sobre os dereitos de explotación de petróleo e gas nunha zona chamada o Timor Gap. A reclamación territorial australiana esténdese até o eixe barimétrico (a liña de maior profundidade do fondo mariño) na fosa de Timor. Esta reclamación superponse nalgunhas partes coa reclamación territorial de Timor Leste, que segue a liña de reclamación de Portugal cando Timor era unha colonia portuguesa, que argumenta que a liña divisoria debe ser a liña equidistante entre ambos países.
Delimitación da IHO
[editar | editar a fonte]A máxima autoridade internacional en materia de delimitación de mares para os efectos de navegación marítima, a Organización Hidrográfica Internacional («International Hydrographic Organization, IHO), considera o mar de Timor como un mar. Na súa publicación de referencia mundial, Limits of oceans and seas (Límites de océanos e mares, 3ª edición de 1953), asígnalle o número de identificación 48 (i) e defíneo do seguinte xeito:
No norte.
O límite sueste do mar Savu (48o), a costa sueste de Timor e o límite sur do mar de Banda (48g).
No leste.
O oeste do mar de Arafura (48h). [Unha liña desde o cabo Don até Tanjong Aro Oesoe, o punto meridional de Selaroe (illas Tanimbar).]
No sur.
A costa norte de Australia, desde o cabo Don até o Cabo de Londonderry (13°47'S, 126°55'L).
No oeste.
Unha liña desde o cabo de Londonderry, até o punto suroeste da illa de Roti (10°56'S, 122°48'L)..Limits of oceans and seas, páx. 28.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «On the North. The Southeastern limit of the Savu Sea (48o) the Southeastern coast of Timor and the Southern limit of the Banda Sea (48g).
On the East. The Western of the Arafura Sea (48h) [A line from Cape Don to Tanjong Aro Oesoe, the Southern point of Selaroe (Tanimbar Islands)].
On the South. The North coast of Australia from Cape Don to Cape Londonderry (13°47' S, 126°55' E).
On the West. A line from Cape Londonderry to the Southwest point of Roti Island (10°56' S, 122°48' E)».
A versión orixinal, en inglés, está dispoñible en liña no sitio oficial da «International Hydrographic Organization» en: http://www.iho-ohi.net/iho_pubs/standard/S-23/S23_1953.pdf Arquivado 08 de outubro de 2011 en Wayback Machine. Consultado o 1 de abril de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mar de Timor |