Neila García Salgado
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | outubro de 1991 (33 anos) Ourense, España |
Educación | Universidade de Salamanca |
Actividade | |
Ocupación | tradutora |
Empregador | ONU |
Premios | |
Neila García Salgado, nada en Ourense en outubro de 1991, é unha tradutora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudante no colexio dos Salesianos da cidade ourensá, obtivo no seu ano a mellor nota de selectividade en Galicia[1]. Licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Salamanca, realizou estadías erasmus nas universidades de Göteborg e Heildelberg, onde perfeccionou o seu coñecemento da lingua sueca.
Desde 2014 traballa como tradutora para as Nacións Unidas en Viena.
Obras traducidas
[editar | editar a fonte]Ao galego
[editar | editar a fonte]- Sobre a vida e a morte, de Iona Heath (Kalandraka, 2020)[2]
- E un voou sobre o niño do cuco, de Ken Kesey (Kalandraka, 2020)[3]
Ao castelán
[editar | editar a fonte]- Encontraste un alma, de Edith Södergran (2017)
- La juventud de Martin Birck, de Hjalmar Söderberg (2014)
- Imágenes de Suecia, de Lars Gustafsson e Agneta Blomqvist (2014)
Galardóns
[editar | editar a fonte]- Premio Nacional de Tradución de España, pola súa versión da poesía completa (Encontraste un alma) de Edith Södergran.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Región, La. "La ourensana Neila García Salgado, Premio Nacional de Traducción". La Región (en castelán). Consultado o 2018-11-16.
- ↑ Novembro, entre doses de intriga e voces femininas, Nós Diario.
- ↑ Ficha Arquivado 02 de decembro de 2020 en Wayback Machine. na web da editorial.