Orientación sexual
A orientación sexual é a preferencia ou tipo de atracción sexual que experimenta unha persoa en relación a xénero ou xéneros doutras.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A orientación sexual clasifícase en función do xénero cara ao que se orienta o desexo da persoa:
- heterosexual (cara ao xénero oposto)
- homosexual (cara ao mesmo xénero)
- bisexual (cara máis dun xénero)
- asexual (cara ningún xénero)
- pansexual (en principio sen preferencia ou indistintamente do xénero)
Xa nun artigo do 97 poñía que "Aínda que as porcentaxes varían considerablemente, arredor do 2% dos estadounidenses son completamente homosexuais e aproximadamente un 2 ou 3% son bisexuais, mentres que o resto da poboación é heterosexual".[1]
Características
[editar | editar a fonte]Causas que se pensaban no 96
[editar | editar a fonte]Existen indicios que relacionan a conduta sexual coa morfoloxía do sistema nervioso central. Nos seres humanos estes indicios aparecen ao seren detectadas disfuncións do lóbulo temporal do cerebro, que adoitan ter relación coa redución da actividade sexual. En xeral a área do cerebro coñecida como núcleo sexualmente dimórfico presenta un tamaño anómalo en individuos sometidos a cantidades extraordinarias de estróxenos e naqueles que na súa etapa fetal experimentaron estrés prenatal. O tamaño do núcleo sexualmente dimórfico relaciónase co comportamento sexual do macho, que é especialmente reducido naqueles individuos que sufriron lesións nesta área cerebral. A área análoga do cerebro feminino é o núcleo ventromedial do hipotálamo.[2]
Considérase probable que a herdanza xenética puidera desempeñar un papel na determinación da orientación sexual. Os estudos feitos con parellas de irmáns xemelgos descubriron que o nivel de concordancia era do 52% entre xemelgos monocigóticos e tan só do 22% nos que non o son. Estudos posteriores sobre parellas de irmás xemelgas revelaron que as porcentaxes eran do 48 e o 16% respectivamente.[2] Fronte estas cifras, só o 10% dos irmáns adoptivos e non xemelgos comparten unha orientación sexual homosexual. O feito de atopar un índice máis elevado entre xemelgos non monocigóticos que entre irmáns non xemelgos suxire que os factores ambientais tamén poden ter peso na determinación da orientación sexual. Isto leva a pensar que o máis probable é que a orientación sexual proveña da interacción de factores determinantes múltiples, entre os cales se contan tanto os psicosociais e os biolóxicos.[3]
A orientación sexual, sexa a súa orixe innata ou adquirida, atribúese a sensacións e conceptos persoais, tanto vividos como imaxinados; o comportamento sexual dunha persoa pode ser diferente á súa orientación. Así, por exemplo, a abstinencia sexual non resulta sempre dunha orientación sexual.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BARON, R.A. (1997). Fundamentos de psicología. Pearson Educación. ISBN 968-880-848-2. (en castelán)
- ↑ 2,0 2,1 CARLSON, N.R. (1996). Fundamentos de psicología fisiológica. Pearson Educación. ISBN 968-880-800-8. (en castelán)
- ↑ SARASON, I.G.; SARASON, B.R. (2006). Psicopatología: psicología anormal: el problema de la conducta inadaptada. Pearson Educación. ISBN 970-26-0841-4. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- A sinxeleza xenética fao que os machos evolucionen máis axiña (en castelán)
- Anders Agmo Functional and dysfunctional sexual behavior Elsevier 2007. (en inglés)
- Serge Wunsch Thèse de doctorat sur le comportement sexuel París SorbonneArquivado 24 de setembro de 2008 en Wayback Machine. 2007. (en francés)