Percopsiformes
Aparencia
Os Percopsiformes son unha orde de peixes teleósteos, da superorde Paracantopterixios (Paracanthopterygii), propios de augas mariñas.
Características
[editar | editar a fonte]A forma do corpo é parecida á das percas. As aletas pelvianas, cando existen, sitúanse por detrás das aletas pectorais, con 3 a 8 radios brandos; na aleta dorsal presenta espiñas pero normalmente débiles. Moitas especies con escamas ctenoides. Teñen seis fendeduras branquiais. Premaxilar non protráctil.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Divídense en dúas subordes e tres familias:
- Suborde Aphredoderoidei
- Familia Amblyopsidae (Bonaparte, 1846)
- Familia Aphredoderidae (Bonaparte, 1846)
- Suborde Percopsoidei
- Familia Percopsidae (Agassiz, 1850)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Percopsiformes |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Percopsiformes |