Quito
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde novembro de 2015) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2015.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Ecuador | |||
Provincia | Provincia de Pichincha | |||
Cantón | Quito (pt) | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 1.763.275 (2022) (4.735,02 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua castelá Lingua kichwa | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 372,39 km² | |||
Altitude | 2.850 m | |||
Datos históricos | ||||
Fundador | Sebastián de Belalcázar | |||
Creación | 6 de decembro de 1534 | |||
Santo padrón | Francisco de Asís e Virgin of Quito (en) | |||
Organización política | ||||
• Alcalde | Pabel Muñoz (en) (2023–2027) | |||
Membro de | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | EC170150 | |||
Fuso horario | ||||
Prefixo telefónico | 2 | |||
Outro | ||||
Irmandado con | Cracovia Coral Gables Buxton (pt) A Paz Louisville Cali Madrid Santo Domingo Toronto Buenos Aires Taipei (2016–) | |||
Sitio web | quito.gob.ec |
San Francisco de Quito é a capital da República de Ecuador e da provincia ecuatoriana de Pichincha, e a cabeceira do cantón homónimo.
Cunha poboación de 1.978.376 (datos do 2019), Quito é a segunda cidade máis poboada do país, despois de Guayaquil. A alta taxa de inmigración rural aumentou notabelmente a súa poboación nos últimos anos.
Algúns lingüistas especulan que o seu nome significa, en tsafiqui, lingua da etnia Tsáchila ou Indios Colorados, centro (Quitsa) do mundo (To).
Localización xeográfica
[editar | editar a fonte]A cidade de Quito encóntrase nas abas orientais do estratovolcán activo Pichincha, que está na Cordilleira Occidental dos Andes setentrionais de Ecuador. A Praza da Independencia no centro de Quito está situada a 2.850 m de altitude sobre o nivel do mar.
A cidade está no centro da provincia de Pichincha, no suroeste do foxo do río Guayllabamba. O foxo do Guayllabamba está rodeada por varios volcáns altos das cordilleiras Occidental e Central (tamén chamada Real). Os volcáns da Cordilleira Occidental que bordean o foxo inclúen, de norte a sur, o Pululahua, o Casitagua, o Pichincha, o Atacazo, o Corazón e o Illiniza. Os da Cordilleira Central inclúen o Cusinurcu, Cayambe, Saraurcu, Pambamarca, Filocorrales, Antisana, Sincholagua e Cotopaxi. Entre as dúas cordilleiras hai varios volcáns como o Moxanda, Ilalou, Pasochoa e Rumiñahui.
A cidade ten o segundo centro histórico máis grande de América, despois do existente na Habana en Cuba, e o máis grande de Suramérica. Os centros históricos de Cracovia en Polonia e de Quito foron os primeiros sitios en ser declarados Patrimonios Culturais pola UNESCO o 18 de setembro de 1978. Quito é sé arcebispal.
O aeroporto internacional da cidade chámase Aeroporto Internacional Mariscal Sucre, en honra a Antonio José de Sucre, un mariscal da Gran Colombia.
Dentro dos atractivos turísticos está a lomba de El Panecillo, onde se encontra unha estatua da Virxe de Quito inaugurada o 28 de marzo de 1976. Un atractivo turístico novo do Municipio de Quito é un teleférico, chamado ‘‘Telefériqo’‘ (con ‘‘q’‘ de ‘‘Quito’‘), que permite subir os visitantes a 4200 metros sobre o nivel do mar a Cruz Loma, que é unha lomba no leste do Pichincha, que se caracteriza por ter un ecosistema de páramo andino. Fóra da cidade, ao norte, na parroquia San Antonio do cantón Quito, existe un monumento para a liña ecuatorial, xunto cunha serie de locais comerciais chamada Cidade Metade do Mundo e administrada polo Consello Provincial de Pichincha.
Economía da cidade
[editar | editar a fonte](2001)
- taxa de desemprego: 8,9%
- taxa de subemprego: 43,8% [1][Ligazón morta]
- ingreso mensual medio: 317 USD [2][Ligazón morta]
Política
[editar | editar a fonte]División política da cidade
[editar | editar a fonte]Actualmente, Quito está dividida en 19 parroquias urbanas, que se usan como divisións durante eleccións.
- Alfaro
- Benalcázar
- Chaupicruz
- Chillogallo
- Cotocollao
- La Floresta
- González Suárez
- Guápulo
- La Libertad
- La Magdalena
- O Salvador
- San Blas
- San Marcos
- San Roque
- San Sebastián
- Santa Bárbara
- Santa Prisca
- A Vicentina
- Villa Flora
Alcaldes
[editar | editar a fonte]Desde | Alcalde |
---|---|
1970 | Sixto Durán Ballén |
1978 | Álvaro Pérez |
1983 | Gustavo Herdoíza |
1987 | Rodrigo Paz |
1992 | Jamil Mahuad |
1998 | Roque Sevilla |
2000 | Paco Moncayo |
Poboación da cidade
[editar | editar a fonte]Censo nacional |
Cidade (soamente parroquias urbanas) |
Poboación do cantón (= "Distrito Metropolitano" desde 1993) | |
---|---|---|---|
Poboación | Fogares (vivendas) | ||
1950 | 209.932 | 319.221 | |
1962 | 354.746 | 510.286 | |
1974 | 599.828 | 782.651 | |
1982 | 866.472 | 1.116.035 | |
1990-11-25 | 1.100.847 | 1.409.845 | |
2001-11-24 | 1.399.378 | 419.845 | 1.839.853 |
Historia
[editar | editar a fonte](datas en formato YYYY-MM-DD do padrón ISO 8601)
- 1º milenio a.C.: Nómades indíxenas empezan a vivir na zona. Os Kitu-Kara poboaron o que é hoxe cidade de Quito en diferentes etapas.
- 1534-12-06: Fundación da cidade por un grupo de 205 conquistadores españois dirixidos por Sebastián de Benalcázar
- 1545-01-08: Fundación da Diocese de San Francisco de Quito polo papa Alessandro Farnese (Paulo III)
- 1563-08-29: Fúndase a Real Audiencia de Quito.
- 1586-03-18: Fundación da Universidade Central de Ecuador
- 1809-08-10: "Primeiro Grito de Independencia" de Quito
- 1822-05-24: Batalla do Pichincha
- 1824-06-25: Fúndase a provincia de Pichincha, con Quito como capital.
- 1830-05-13: Créase o estado de Ecuador, con Quito como capital, ao separarse da Gran Colombia.
- 1869-08-27: Fundación da Escola Politécnica Nacional
- 1932-08-29 a 09-01: Guerra dos Catro Días
- 1940-04: É inaugurada Radio Quito, estación de radio do diario O Comercio
- 1949-02-12: Radio Quito transmite unha versión falada en español da novela de 1898 The War of the Worlds (A Guerra dos Mundos) de H. G. Wells. Os oíntes malinterpretan a novela como unha nova de invasión extraterrestre e, tras darse conta do malentendido, incendian o edificio do diario El Comercio, onde estaba a estación de Radio Quito. No incendio morren seis persoas.
- 1960-08-06: Inaugúrase o Aeroporto Internacional Mariscal Sucre.
- 1976-03-28: Na lomba de El Panecillo, o décimo primeiro arcebispo de Quito, Pablo Muñoz Vega, inaugura a Virxe do Panecillo, unha estatua deseñada polo español Agustín de la Herrán Matorras e feita de bronce.
- 1978-09-18: Os centros históricos de Cracovia e Quito son os primeiros Patrimonios Culturais da Humanidade declarados pola UNESCO.
- 1987-03-05: Sismo de aproximadamente 7 na escala sismolóxica de Richter, con epicentro a aproximadamente 80 km de Quito, causa danos en edificios da cidade.
- 1993-12-27: Promúlgase Lei de Réxime para o Distrito Metropolitano de Quito que declara o Cantón Quito como "Distrito Metropolitano de Quito".
- 1995-12-17: O Municipio de Quito inaugura a primeira liña de trolebúses de Quito co nome de El Trole.
- 2005-04-20: Golpe de estado contra o goberno de Lucio Gutiérrez.
- 2005-07-02: O Municipio de Quito inaugura a liña de teleféricos para Cruz Loma co nome de Telefériqo (derivado de teleférico + Quito).
Ensino superior
[editar | editar a fonte]A cidade e os seus arredores contan con varias universidades de pre e posgrao.
Fonte das datas de creación: Consello Nacional de Educación Superior.
Fundación | Universidade | |
---|---|---|
1586-03-18 | Universidade Central de Ecuador | UCE |
1869-08-27 | Escola Politécnica Nacional | EPN |
1946-11-04 | Pontificia Universidade Católica de Ecuador | PUCE |
1977-12-20 | Escola Politécnica do Exército | ESPE |
1986-02-18 | Universidade Tecnolóxica Equinoccial | UTE |
1994-08-05 | Universidade Politécnica Salesiana de Ecuador (Quito) | UPSQ |
1995-10-25 | Universidade San Francisco de Quito | USFQ |
1995-11-29 | Universidade das Américas (Quito) | UDLA |
1997-08-20 | Universidade Tecnolóxica América | UNITA |
1998-08-10 | Universidade Cooperativa de Colombia de Ecuador (Quito) | UCCE |
1999-07-17 | Universidade Autónoma de Quito | UNAQ |
2004-05-20 | Universidade dos Hemisferios |
Equipos profesionais de fútbol
[editar | editar a fonte]Os seguintes equipos de fútbol de Quito xogan na primeira división ecuatoriana:
Equipo | Maior avance na Copa Libertadores |
Estadio | Parroquia | |
---|---|---|---|---|
Sociedad Deportivo Quito | Oitavos de final | 1989 | Estadio Olímpico Atahualpa | Benalcázar |
Club Deportivo El Nacional | Semifinal | 1985 | Estadio Olímpico Atahualpa | Benalcázar |
Liga Deportiva Universitaria | Campión | 2008 | Estadio Casa Blanca | Cotocollao |
Outros equipos da cidade teñen disputado varias tempadas da primeira división, como o CD Espoli, o SD Aucas, o CD Universidad Católica ou o CD América.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quito |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Goberno de Quito, sitio oficial do municipio do Distrito Metropolitano de Quito.
- Guía turística de Quito[Ligazón morta], guía turística da cidade.