Saltar ao contido

Río Okavango

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRío Okavango
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
LocalizaciónPlanalto Central de Angola (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaSeronga, Botswana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónDelta do Okavango Editar o valor en Wikidata
Mapa
 12°39′14″S 16°07′38″L / -12.653801, 16.127178
18°41′02″S 22°10′25″L / -18.683788, 22.173698
Afluentes
Rio Cuito (pt) Traducir, Alto Cubango (pt) Traducir, Rio Cuebe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Conca hidrográficaBacia do Calaári (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións1.600 (lonxitude) km
AtravesaAngola, Botswana e Namibia Editar o valor en Wikidata
Superficie da cunca hidrográfica800.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal500 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Okavango é un longo río africano, que nace na meseta de Bié, en Angola, nunha zona bastante chuviosa, e que tras un percorrido duns 1.600 km penetra nunha conca endorreica, xa en Botswana, onde formou unha extensa rexión aluvial impropiamente denominada e coñecida en todo o mundo como o delta do Okavango. Como desemboca nunha zona cun clima moi árido, trátase dun río alóctono, como é o caso do río Nilo, en Exipto, ou o río Níxer en Malí. A súa conca drena unha superficie de 721.277 km².

Río Okavango dende o espazo (fotografía da NASA).

A estación das choivas no delta cadra coa de Angola, que ten lugar entre outubro e abril e produce a crecida do río Okavango, que empeza a notarse en decembro e tarda nove meses en completarse debido á escasa pendente do río, uns 60 m en 450 km. As choivas son máis abundantes no norte e menores no sur, onde o río se interna no deserto do Kalahari.

Na cidade de Maun, a porta sur do delta do Okavango, o contraste entre o día e a noite é moi grande no inverno, cunha media das mínimas de 6 °C e unha media das máximas de 23 °C. Non son raras as xeadas durante as ondas de frío. No verán, a calor é moi forte pero pola noite segue refrescando, cunha media das mínimas de 19 °C en novembro e decembro e unha media das máximas de 35 °C en outubro, antes das choivas. A humidade mantense entre o 55 e o 70%.

As choivas son nulas en xullo, agosto e setembro e practicamente nulas en maio e xuño, con 5 e 3 mm de media. En outubro, a media é de 23 mm; en novembro, de 56 mm; en decembro, de 86 mm; en xaneiro, o mes máis húmido, de 107 mm; en febreiro, de 71 mm; en marzo, de 71 mm, e en abril, de 18 mm; logo acábanse, pero as augas seguen subindo moitas veces até xullo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]