Saltar ao contido

Rebecca Cheptegei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRebecca Cheptegei

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de febreiro de 1991 Editar o valor en Wikidata
Kenya Editar o valor en Wikidata
Morte5 de setembro de 2024 Editar o valor en Wikidata (33 anos)
Eldoret, Kenya Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio, síndrome de disfunción multiorgánica Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfondista, maratoniana Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportivacarreira de longa distancia
maratón feminino Editar o valor en Wikidata
Participou en
11 de agosto de 2024atletismo nos Xogos Olímpicos de Verán de 2024 - maratón feminino (44ª) Editar o valor en Wikidata

IAAF: 14413309 Editar o valor en Wikidata

Rebecca Cheptegei nada en Bukwo, Uganda o 22 de febreiro 1991 e finada en Eldoret, Kenia o 5 setembro de 2024, foi unha atleta ugandesa especialista na carreira de fondo e campo a través. Ostentou o récord nacional na maratón.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cheptegei empezou correr en 2010,na categoría de menores de 20 anos no Campionato Mundial de Campo a través onde terminou no lugar 15. Tamén competiu en probas de medio fondo como os 800 e 1500 metros. Un ano despois xa competía a nivel sénior, finalizando en segundo lugar no media maratón de Madrid e nos Xogos Militares en Río de Janeiro logrou o terceiro lugar nos 1500 metros como representante das Forzas Armadas de Uganda. En 2014 terminou en terceiro lugar no campionato africano de campo a través en Kampala. En 2021 gañou a edición inaugural do World Mountain Running Championships en Tailandia.[1]

En 2023 participou no Campionato Mundial de Atletismo onde terminou no lugar 14 no maratón en Budapest. Co resultado logrou a clasificación aos Xogos Olímpicos de París 2024 onde terminou no posto 44 no maratón feminina.[2][3]

O 1 de setembro de 2024, foi atacada e prendéronlle lume na súa residencia en Trans-Nzoia Condado, Kenya. Sofreu queimaduras no 75% do seu corpo, deixándolle en condicións críticas no hospital. A policía informou que o seu mozo Dickson Ndiema, botoulle gasolina e prendeulle lume durante dunha discusión que tiveron acerca do terreo onde construíron a súa casa.[4][5] Ndiema foi tamén hospitalizado.[6]

Rebecca Cheptegei morreu dos seus danos o 5 de setembro, aos 33 anos.[4][7][8]

A agresión a Cheptegei foi dous anos despois de atopar morta a atleta keniana Damaris Mutua en Iten, un centro mundialmente famoso de atletismo do val do Rift.

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En outubro de 2024, a alcaldesa de París Anne Hidalgo anunciou unha homenaxe a Rebecca Cheptegei e a decisión de bautizar unha sede deportiva co nome da atleta, na súa honra. Segundo manifestou Hidalgoː París non a esquecerá. Dedicarémoslle unha sede deportiva para que o seu recordo e historia permanezan entre nós e axúdenos a transmitir a mensaxe de igualdade, que é a mensaxe dos Xogos Olímpicos e Paralímpicos.[9]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]