Reino de Alxeciras
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Epónimo | Taifa de Alxeciras e Ronda | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
Datos históricos | |||
Creación | 1344 | ||
Disolución | 1369 (Gregoriano) | ||
O reino de Alxeciras aparece tras a anexión en 1344 do reino meriní de Alxeciras á Coroa de Castela por parte de Afonso XI, despois de estar sitiada entre 1341 e 1344, cando se rendiu.[1]
Desde ese momento o título de "Rei de Alxeciras" figurou entre os títulos dos monarcas casteláns, e até a actualidade faino entre os títulos da Coroa de España. Con todo tras a morte de Afonso XI mentres cercaba Xibraltar en 1350, grazas ao enfraquecemento que sufría a Coroa de Castela polas loitas dinásticas que sufría, Muhammed V de Granada puido cercar e reconquistar a cidade en 1369.[1]
O rei nazarí reconstruíu as súas murallas e repoboouna, pero en 1379 comprendendo que Castela xa se repuxo das súas loitas internas e que non podería conservar a cidade moito tempo, preferiu destruíla a que volvese a mans castelás.
Tras a destrución de Alxeciras o territorio do seu antigo reino pasou a pertencer sucesivamente a Tarifa, a Xerez da Fronteira e finalmente a Xibraltar, tras a súa conquista definitiva en 1462.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Mellado, Francisco de Paula (1851). Enciclopedia moderna: Diccionario Universal de Literatura, Ciencias, Artes, Agricultura, Industria y Comercio, Vol. 2 (en castelán). Madrid: Establecimiento Tipográfico de Mellado.