Samia Yusuf Omar
Nome orixinal | (ar) سامية يوسف عمر (so) Saamiya Yuusuf Cumar |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de marzo de 1991 Mogadixo, Somalia |
Morte | 2 de abril de 2012 (21 anos) Mar Mediterráneo |
Causa da morte | morte accidental, afogamento |
Altura | 162 cm |
Peso | 54 kg |
Actividade | |
Campo de traballo | Carreira a pé |
Ocupación | fondista, corredora, atleta |
Deporte | atletismo |
Participou en | |
2010 | Campeonato Africano de Atletismo de 2010 (pt) |
2008 | Campeonato Africano de Atletismo de 2008 (pt) –100 metros lisos |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008–200 metros lisos |
Samia Yusuf Omar ou Samiyo Omar (en somalí: Saamiya Yuusuf Cumar; en árabe: سامية يوسف عمر), nada en Mogadixo o 25 de marzo de 1991 e finada no mar Mediterráneo o 2 de abril de 2012, foi unha atleta somalí especialista en probas de velocidade. Foi un dos dous atletas somalís que competiron polo seu país nos Xogos Olímpicos de 2008 en Pequín, na China. Omar medrou en Mogadixo, e adestrou alí durante a Guerra Civil Somalí malia recibir o acoso de grupos da milicia local. A súa historia nos Xogos Olímpicos foi cuberta polos medios de comunicación e a súa actuación foi ben acollida pola multitude.
Despois dos Xogos, deixou o atletismo tras as ameazas do grupo militante Al-Shabaab. Acabou nun campo de desprazados en Hizbul-Islam, e decidida a competir nos Xogos Olímpicos de 2012, cruzou a fronteira cara a Etiopía na procura dun lugar seguro onde adestrar. Foi traficada cara a Libia, onde a encarceraron. Durante os Xogos de 2012, revelouse que Omar afogara nas costas de Libia mentres intentaba cruzar o mar Mediterráneo cara a Italia.