Saltar ao contido

Subsecretario (España)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A figura do subsecretario de Estado en España, coñecida xeralmente como subsecretario, creouse por Real Decreto de 16 de xuño de 1834 como asistente das chamadas Secretarías de Despacho (actualmente Ministerios).[1][2]

Os subsecretarios son nomeados e cesados por Real Decreto do Consello de Ministros a proposta do titular do Ministerio correspondente.

Os nomeamentos deberán de efectuarse, atendendo a criterios de competencia profesional e experiencia, entre funcionarios de carreira aos que se exixa para o seu ingreso o título de Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou equivalente.

Competencias

[editar | editar a fonte]

Segundo a Lei 40/2015, de Réxime Xurídico do Sector Público, os subsecretarios ostentan a representación ordinaria do Ministerio, dirixen os servizos comúns, exercen as competencias correspondentes a ditos servizos comúns e, en todo caso, as seguintes:

  • Apoiar aos órganos superiores na planificación da actividade do Ministerio, a través do correspondente asesoramento técnico.
  • Asistir ao ministro no control de eficacia do Ministerio e os seus Organismos públicos.
  • Establecer os programas de inspección dos servizos do Ministerio, así como determinar as actuacións precisas para a mellora dos sistemas de planificación, dirección e organización e para a racionalización e simplificación dos procedementos e métodos de traballo, no marco definido polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.
  • Propoñer as medidas de organización do Ministerio e dirixir o funcionamento dos servizos comúns a través das correspondentes instrucións ou ordes de servizo.
  • Asistir aos órganos superiores en materia de relacións de postos de traballo, plans de emprego e política de directivos do Ministerio e os seus Organismos públicos, así como na elaboración, execución e seguimento dos orzamentos e a planificación dos sistemas de información e comunicación.
  • Desempeñar a xefatura superior de todo o persoal do Departamento.
  • Responsabilizarse do asesoramento xurídico ao ministro no desenvolvemento das funcións que a este lle corresponden e, en particular, no exercicio da súa potestade normativa e na produción dos actos administrativos da competencia daquel, así como aos demais órganos do Ministerio.

Nos mesmos termos di parágrafo anterior, informar as propostas ou proxectos de normas e actos doutros Ministerios, cando regulamentariamente proceda.

A tales efectos, o subsecretario será responsábel de coordinar as actuacións correspondentes dentro do Ministerio e en relación cos demais Ministerios que teñan que intervir no procedemento.

  • Exercer as facultades de dirección, impulso e supervisión da Secretaría Xeral Técnica e os restantes órganos directivos que dependan directamente del.
  • Administrar os créditos para gastos dos orzamentos do Ministerio pola súa materia propios da Subsecretaría, aprobar as modificacións orzamentarias dos mesmos, aprobar e comprometer os gastos con cargo a aqueles créditos e recoñecer as obrigas económicas e propoñer o seu pagamento no marco do plan de disposición de fondos do Tesouro Público. Todo iso dentro da contía que, no seu caso, estableza o Ministro para o efecto e sempre que os referidos actos non sexan competencia do Consello de Ministros.
  • Conceder subvencións e axudas con cargo aos créditos de gasto propios do Ministerio cos límites establecidos polo titular do Departamento.
  • Solicitar do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a afectación ou o arrendamento dos inmóbeis necesarios para o cumprimento dos fins dos servizos a cargo do Departamento.
  • Nomear e cesar aos subdirectores e asimilados dependentes da Subsecretaría, ao resto de persoal de libre designación e ao persoal eventual do Departamento.
  • Convocar e resolver probas selectivas de persoal funcionario e laboral.
  • Convocar e resolver os concursos de persoal funcionario.
  • Exercer a potestade disciplinaria do persoal do Departamento por faltas graves ou moi graves, salvo a separación do servizo.
  • Adoptar e impulsar, baixo a dirección do ministro, as medidas tendentes á xestión centralizada de recursos humanos e medios materiais no ámbito do seu Departamento ministerial.
  • Autorizar as comisións de servizo con dereito a indemnización por contía exacta para altos cargos dependentes do subsecretario.
  • Calesquera outras que sexan inherentes aos servizos comúns do Ministerio e á representación ordinaria do mesmo e as que lles atribúan a lexislación en vigor.
  1. "Decretos de la reina nuestra señora doña Isabel II". Consultado o 21 de xullo de 2016. 
  2. Julián Valero Torrijos, ed. (2002). "Los órganos colegiados". Consultado o 21 de xullo de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]