The Smiths
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Orixe | Manchester, |
---|---|
Período | 1982 - 1987 |
Xénero(s) | rock alternativo, indie rock, indie pop, jangle pop, post-punk |
Selo(s) discográfico(s) | Rough Trade, Sire, Warner Bros. |
Membros | Morrissey Johnny Marr Mike Joyce Andy Rourke Craig Gannon |
Artistas relacionados | The Pretenders, D.A.R.K., The Adult Net |
Na rede | |
https://www.officialsmiths.co.uk/tqid/ | |
The Smiths foi un grupo inglés de rock alternativo activo entre 1982 e 1987. Foi formado en Manchester por Morrissey (voz), Johnny Marr (guitarra), Andy Rourke (baixo) e Mike Joyce (batería). Morrissey e Marr foron os principais comopositores da banda. The Smiths son considerados un dos artistas máis importantes que xurdiron da música independente británica dos anos 80.
The Smiths ficharon polo selo independente Rough Trade Records en 1983 e lanzaron o seu álbum de estrea, The Smiths, en 1984. O seu enfoque nun son de guitarra, baixo e batería que fusionaba o rock dos anos 60 e o post-punk, foi un rexeitamento ao son synthpop que predominaba na época. Varios dos seus sinxelos chegaron ao top 20 da lista británica e todos os seus álbums de estudio acadarían o top 5 no Reino Unido, conseguindo un número 1 con Meat Is Murder (1985).
En 1985 introduciron teclados, aínda que mantiveron a guitarra como instrumento principal, acadando o éxito entre o gran público en Europa con The Queen Is Dead (1986) e Strangeways, Here We Come (1987), que entraron no top 20 da lista europea de álbums. En 1986 a banda converteuse brevemente nun quinteto coa incorporación do guitarrista Craig Gannon.
Tensións internas levaron á disolución de The Smiths en 1987, seguida de demandas públicas por dereitos de autor. Cada un dos membros dixo que a banda nunca se reuniría e rexeitaron todas as ofertas para facelo. Rourke morreu en 2023.
Entre as súas principais obras destácanse as cancións "The Boy With The Thorn In His Side", "How Soon Is Now", "This Charming Man", "Ask", "Heaven Knows I'm Miserable Now", "Bigmouth Strikes Again" e "Panic".
Formación principal (1982–1987)
[editar | editar a fonte]Formación principal (1982–1987)
- Morrissey – vocais
- Johnny Marr – guitarras, teclados, baixo
- Andy Rourke – baixo
- Mike Joyce – batería
Outros membros
[editar | editar a fonte]- Dale Hibbert – baixo (1982)
- Craig Gannon – rhythm guitar (1986)
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The Smiths | 1984 | Rough Trade, Sire |
Meat Is Murder | 1985 | Rough Trade, Sire |
The Queen Is Dead | 1986 | Rough Trade, Sire |
Strangeways, Here We Come | 1987 | Rough Trade, Sire |
Recompilatorios
[editar | editar a fonte]- Hatful of Hollow - 1984 (Rough Trade, Sire)
- The World Won't Listen 1987 (Rough Trade, Sire)
- Louder Than Bombs - 1987 (Rough Trade, Sire)
- Best...I - 1992 (WEA)
- ...Best II - 1992 (WEA)
- Singles - 1995 (Warner Music Group)
- The Very Best of The Smiths - 2001 (WEA)
- The Sound of The Smiths - 2008 (Rhino Records UK)
- The Smiths Singles Box - 2008 (Rhino Records UK)
- Complete - 2011 (Rhino Entertainment)
Álbums ao vivo
[editar | editar a fonte]- Rank - 1988 (Rough Trade, Sire)
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |