Wikipedia:Citar as fontes
- Para ler unha introdución dos aspectos máis básicos sobre como citar, véxase Wikipedia:Guía/Fontes.
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta Wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Agás para edicións pequenas, por favor, use a páxina de conversa para propoñer cambios nestas directrices. |
Unha cita ou referencia é unha liña de texto que identifica de xeito único unha fonte:
Ritter, Ron. The Oxford Style Manual. Oxford University Press, 2002, p. 1.
Na Wikipedia, cómpre citar as fontes para axudar ao lector a verificar os contidos do artigo e a atopar máis información. As citas son unha parte importante de calquera artigo da Wikipedia, xa que serven para identificar as fontes acreditadas nas que se basea. Na maioría dos casos, as citas sobre pezas específicas de información contida no artigo achéganse en forma de notas ao pé. Estas citas aparecen numeradas ao longo de todo o corpo do artigo e reciben o nome de citas en liña co texto.
A política de verificabilidade da Wikipedia esixe estas citas en liña cando haxa algún material cuestionable ou suxeito a selo, e para todas as citas textuais. Con todo, aconséllase aos editores engadir referencias para calquera material engadido.
Esta páxina contén información sobre a colocación e o formato das citas. A situación ideal é que cada artigo utilice o mesmo método de cita en todo o seu corpo. Non obstante, o máis importante sempre é achegar a suficiente información para identificar a referencia. Os detalles de formato pódense mellorar máis tarde, se fose necesario.
Tipos de citas
[editar a fonte]Axuda de edición |
---|
Antes de comezar |
Como editar unha páxina |
Creando un artigo |
Como crear unha páxina Como trocar o nome (1) (2) O libro de estilo Como citar as fontes (3) Como categorizar Como mellorar a ortografía Ligazóns interlingüísticas Como engadir imaxes (4) Non asine os textos (5) |
Clases de artigos |
Os espazos de nomes Listaxe de modelos Redireccionar unha páxina |
Usando MediaWiki |
Como facer táboas Etiquetas TeX Como facer modelos Palabras máxicas |
Máis axuda |
Os trebellos Onde colaborar Revisión ortográfica |
Recursos |
Recursos no dominio público |
A continuación detállanse os tipos de citas que existen:
- Unha cita completa identifica perfectamente unha fonte acreditada e, se fose necesario, o lugar no que se atopa dentro da fonte (como o número de páxina). Por exemplo: Rawls, John. A Theory of Justice. Harvard University Press, 1971, p. 1. Este tipo de cita aparece normalmente nas notas ao pé.
- Unha referencia xeral é a cita das fontes acreditadas que apoian os contidos do artigo, pero que non aparecen como citas en liña xunto co texto. Estas referencias xerais aparecen ao final do artigo, dentro da sección
==Véxase tamén==
e baixo a subsección===Bibliografía===
. - Unha cita curta é unha cita en liña co texto que identifica o lugar dentro dunha fonte onde se atopa a información específica, pero sen dar detalles completos da fonte, que xa se achegou como referencia xeral. Por exemplo: Rawls 1971, p. 1.
- Un recoñecemento no texto significa dicir dentro da redacción do artigo de onde vén unha afirmación en particular. Isto adóitase facer especialmente con declaracións de opinións, feitos dubidosos e citas textuais. Estes recoñecementos non dan detalles completos da fonte, xa que esta aparecerá tamén. Por exemplo: Segundo escribiu John Rawls,[5]...
Cando e por que citar
[editar a fonte]Citar as fontes nas que se basean os contidos da Wikipedia permite aos lectores verificar que a información dada está apoiada en fontes acreditadas e non é unha investigación orixinal.
En particular, cómpre dar fontes cando exista material cuestionable ou suxeito a selo. Se non se poden atopar referencias para estes contidos, probablemente desaparecerán do artigo. As referencias tamén son necesarias ao citar as verbas dunha persoa ou ao parafrasear unha fonte. Porén, a cita das fontes non está limitada a estas situacións unicamente; engadir, aumentar ou mellorar as referencias é tamén unha boa forma de ampliar os artigos.
As páxinas de homónimos non conteñen citas, xa que calquera información contida nestas páxinas estará referenciada na páxina de seu. Tamén é recomendable deixar a introdución dos artigos sen referencias, dado que o único que fai é resumir a información que despois se tratará no desenvolvemento do artigo, no que si cómpren as referencias.
No caso das imaxes ou do resto de ficheiros multimedia, os detalles sobre a súa orixe e o estado dos dereitos de autoría deben aparecer na páxina do ficheiro. Os pés de foto deben ser referenciados como calquera outra parte do artigo. Non obstante, non é necesaria unha cita cando a descrición simplemente identifica o que aparece na imaxe.
Citas en liña co texto
[editar a fonte]As citas en liña co texto permiten ao lector asociar un anaco do material dun artigo coa(s) fonte(s) acreditada(s) que apoia(n) o material. Estas citas engádense a modo de notas ao pé. Esta sección describe como engadir os tipos de citas expostos con anterioridade.
Como crear as citas ao pé
[editar a fonte]Para crear unha cita ao pé, cómpre facer uso da sintaxe <ref>...</ref>
no lugar axeitado do texto. Por exemplo:
A xustiza é un invento humano.<ref>Rawls, John. A Theory of Justice. Harvard University Press, 1971, p. 1.</ref> Con ela...
No artigo aparecerá así:
A xustiza é un invento humano.[1] Con ela...
As etiquetas das referencias deben ir despois dos signos de puntuación (como puntos e comas). Non debe haber ningún espazo entre o texto e a apertura da referencia.
A cita debe engadirse preto do material que apoia, ofrecendo integridade entre a fonte e o texto. Se unha palabra ou frase é especialmente polémica, pódese engadir a cita ao carón desa palabra ou frase dentro da oración. Con todo, normalmente é suficiente engadir a cita ao final dunha oración, sempre que quede claro que fonte apoia cada parte do texto.
Como crear a lista de citas
[editar a fonte]Modelos de citas | |
---|---|
{{Cita arXiv}} | pre-impresións de arXiv |
{{Cita audiovisual}} | medios audiovisuais |
{{Cita audiovisual notas}} | notas e libretos de medios audiovisuais |
{{Cita conferencia}} | conferencias publicadas |
{{Cita DVD notas}} | notas e libretos de DVDs/BRs |
{{Cita enciclopedia}} | coleccións editadas |
{{Cita entrevista}} | entrevistas |
{{Cita episodio}} | episodios de televisión ou radio |
{{Cita discurso}} | discursos |
{{Cita grupo novas}} | grupos de novas online |
{{Cita informe}} | informes |
{{Cita informe técnico}} | informes técnicos |
{{Cita libro}} | libros |
{{Cita lista correo}} | listas de distribución correo electrónico públicas |
{{Cita mapa}} | mapas |
{{Cita nota de prensa}} | notas de prensa |
{{Cita novas}} | artigos de noticias |
{{Cita podcast}} | podcast de son ou video |
{{Cita publicación periódica}} | revistas, xornais, papeis académicos |
{{Cita serie}} | series de son ou video |
{{Cita sinal}} | sinais, placas, carteis |
{{Cita tese}} | teses |
{{Cita tweet}} | chíos |
{{Cita videoxogo}} | videoxogos |
{{Cita web}} | fontes web |
Citas en formato curto |
|
O primeiro editor que engada citas ao pé a un artigo debe crear unha sección na que apareza o texto desas citas. Esta sección, chamada ==Notas==
, colócase preto do final do artigo, antes da sección ==Véxase tamén==
. Para atopar máis información sobre a estrutura dos artigos, véxase Wikipedia:Libro de estilo#Subdivisións do texto.
Salvo algunhas excepcións, as citas aparecen nunha única sección, agrupadas grazas ao modelo {{Listaref}}. Deste xeito:
==Notas==
{{Listaref}}
Todas as notas ao pé aparecerán listadas baixo a sección. As etiquetas <ref>...</ref>
presentes no texto crean unha ligazón na que se pode premer para ir ata a cita correspondente. Á súa vez, cada cita contén unha ligazón que leva de volta ao lugar apropiado do texto.
En caso de que o artigo conteña unha lista de referencias xerais, estas dispóñense nunha subsección separada, titulada ===Bibliografía===
, que vai dentro da sección ==Véxase tamén==
.
Referencias repetidas
[editar a fonte]Para facer uso da mesma cita en varios lugares do texto, pódense empregar as referencias con nome, elixindo un nome para a cita e escribindo o seguinte código:
- <ref name="nome">texto da cita</ref>
En diante, basta utilizar o código <ref name="nome" /> para usar varias veces a mesma referencia, sen necesidade de repetila.
Citas curtas
[editar a fonte]As citas curtas úsanse a miúdo cando un artigo utiliza diferentes páxinas dunha mesma fonte. Estas citas breves dan unha información resumida sobre a fonte xunto ao número da páxina. Por exemplo: <ref>Smith 2010, p. 1.</ref>
. Estas citas van xunto a unha referencia xeral que achega a información completa sobre a fonte sen especificar a páxina.
Así é como se ven as citas curtas na caixa de edición:
O Sol é ben grande,<ref>Miller 2005, p. 23.</ref> pero a Lúa non é tal.<ref>Brown 2006, p. 46.</ref> O Sol tamén é bastante quente.<ref>Miller 2005, p. 34.</ref>
== Notas ==
{{Listaref}}
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
*Brown, Rebecca (2006). "Size of the Moon," ''Scientific American'', 51(78).
*Miller, Edward (2005). ''The Sun''. Academic Press.
Así é como aparece no artigo:
O Sol é ben grande,[1] pero a Lúa non é tal.[2] O Sol tamén é bastante quente.[3]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
- Brown, Rebecca (2006). "Size of the Moon", Scientific American, 51(78).
- Miller, Edward (2005). The Sun. Academic Press.
Referencia xeral
[editar a fonte]Unha referencia xeral é unha cita dunha fonte acreditada que apoia o contido do artigo, pero que non se mostra como cita en liña co texto. As referencias xerais lístanse ao final do artigo na subsección ===Bibliografía===
, dentro da sección ==Véxase tamén==
. Hai exemplos básicos de referencias xerais na sección anterior sobre as citas curtas.
Nos artigos pouco desenvolvidos, aconséllase incluír esta sección coas referencias xerais, especialmente cando todo o contido do artigo está baseado nunha única fonte. Unha desvantaxe do uso unicamente das referencias xerais é que se perde a integridade entre a fonte e o texto, a menos que o artigo sexa moi curto.
Estilo das citas
[editar a fonte]Calquera cita debe aspirar a proporcionar toda a información detallada anteriormente. Porén, a Wikipedia non ten un único modo de expresar toda esa información. Isto é, na Wikipedia existe a liberdade de elixir un estilo para as citas, xa sexa o estilo APA, o estilo MLA, o Manual de estilo Chicago, o estilo Bluebook ou calquera outro. O que si se pide é coherencia ao longo do artigo e non mesturar os estilos na medida do posible.
Modelos de citas
[editar a fonte]Os modelos de citas son unha boa axuda para manter a coherencia en todas as referencias do artigo. O uso destes modelos non está nin aconsellado nin desaconsellado, pero non se deberían mudar as citas feitas mediante modelos en citas feitas sen modelos sen ter algún motivo xustificado.
Integridade entre a fonte e o texto
[editar a fonte]Ao utilizar as citas en liña co texto é importante manter a integridade entre a fonte e o texto. A función das citas en liña co texto é permitir aos lectores e aos demais editores a comprobación de que o material está referenciado; isto pérdese se a cita non está colocada no lugar adecuado. Con todo, a distancia entre o material e a súa fonte non é algo que se poida limitar.
Adición de texto novo
[editar a fonte]Ao engadir texto novo a un parágrafo, cómpre asegurarse de manter a integridade, deixando claro a que feitos apoia cada referencia. Por exemplo:
O Sol é ben grande.[1] O Sol tamén é bastante quente.[2]
Notas
Non é bo engadir feitos nunha oración completamente referenciada
O Sol é ben grande, pero a Lúa non é tal.[1] O Sol tamén é bastante quente.[2]
Notas
sen incluír unha fonte que apoie a nova información.
O Sol é ben grande,[1] pero a Lúa non é tal.[2] O Sol tamén é bastante quente.[3]
Notas
Moitas referencias
[editar a fonte]Outro punto a ter en conta é que incluír demasiadas referencias dentro dunha mesma oración pode resultar pouco agradable para a lectura:
O Sol é a estrela[1] que está máis preto[2] do planeta Terra,[3] pero a Lúa está aínda máis preto.[4]
Neste caso, pódese considerar estoutra colocación:
O Sol é a estrela que está máis preto do planeta Terra,[1][2][3] pero a Lúa está aínda máis preto.[4]
ou
O Sol é a estrela que está máis preto do planeta Terra, pero a Lúa está aínda máis preto.[1][2][3][4]
Non obstante, esta solución trae consigo os seus propios problemas:
- Unha sucesión de citas independentes, todas seguidas, pode facer tamén que a lectura sexa pouco agradable.
- A identificación da correspondencia entre a referencia e o anaco de texto pódese volver máis difícil.
- O mantemento tamén é máis complicado. A adición de contidos a unha oración xa referenciada pode facer máis complexo o traballo de posicionar correctamente a nova cita.
Recoñecemento no texto
[editar a fonte]Facer un recoñecemento no texto significa indicar na propia redacción do artigo a fonte da cal procede o material, xunto a unha cita en liña co texto. Estes recoñecementos débense facer tanto no estilo directo (ao reproducir entre comiñas as palabras textuais dunha persoa), como no estilo indirecto e ao parafrasear. Tamén se pode utilizar ao resumir vagamente a posición dunha fonte. Isto último serve para evitar o plaxio e axuda ao lector a comprender de onde vén unha determinada posición. Os recoñecementos no texto deben ir seguidos dunha cita, a miúdo ao final da oración.
Por exemplo:
John Rawls argumentou que, para alcanzar decisións xustas, as partes deben considerar as cuestións coma se estivesen tras un velo de ignorancia.[2]
Ao empregar os recoñecementos, cómpre asegurarse de que non dan pé a unha violación da neutralidade. Por exemplo, na seguinte frase existe unha igualdade entre as fontes, sen deixar claro que a posición de Dawkins é a maioritaria:
Richard Dawkins argumentou que o ser humano evolucionou mediante selección natural, pero John Smith escribiu que o ser humano chegou desde Marte.
Deixando a un lado os problemas coa neutralidade, hai outros modos de recoñecemento que levan a engano. A seguinte oración suxire que The New York Times foi o único en realizar este importante descubrimento:
Segundo o xornal The New York Times, o Sol vaise poñer polo oeste este serán.
Algúns feitos simples como o seguinte poden ter citas en liña co texto cara a fontes acreditadas como axuda ao lector, pero normalmente o texto por si só pode quedar como unha afirmación sen o recoñecemento:
En masa, o osíxeno é o terceiro elemento máis abundante no Universo despois do hidróxeno e do helio.[3]
Material sen referenciar
[editar a fonte]Se un artigo carece de referencias, pódese marcar co modelo {{Sen referencias}}. Este marcador serve para etiquetar unha sección ou todo o artigo, pero poden darse outros casos:
- Se unha afirmación é dubidosa pero non perniciosa, existe o modelo {{Cómpre referencia}}, que aparecerá como unha cita en liña co texto.
- Se unha afirmación é dubidosa e perniciosa, cómpre retirala do artigo. Logo diso, pódese abrir un debate na páxina de conversa do artigo e pedir unha fonte.
- Calquera material polémico pobremente referenciado ou sen referenciar sobre unha persoa viva debe eliminarse do artigo de inmediato. Véxase a política sobre as biografías de persoas vivas.