Saltar ao contido

Wilma Archer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaWilma Archer
Biografía
Nacemento1991 Editar o valor en Wikidata (32/33 anos)
Newcastle upon Tyne, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2011 Editar o valor en Wikidata -

Musicbrainz: 461dbdf1-bfc7-4e6e-a165-2b2d678ceb8a Editar o valor en Wikidata

William Archer , nado en Newcastle upon Tyne (Inglaterra) en 1991, é un músico alternativo e produtor británico.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lanzou o seu EP de debut Increases en 2011. O seu primeiro disco Company seguiu en 2015, asinado internacionalmente baixo o pseudónimo Slime, se ben en Alemaña -por risco de confusión coa banda de punk de Hamburgo do mesmo nome- saíu co nome de Will Archer. Archer é competente en varios instrumentos que se usan a miúdo nos seus ritmos (catalogados pola Pitchfork Media como skate-punk, vaporwave, rock , lounge e hip-hop) incluíndo piano, guitarra, saxofón e batería. É o propio responsable da composición, arranxos e produción. As voces veñen de convidados como a cantante de soul belga Selah Sue e o rapeiro estadounidense Jeremiah Jae. Archer tamén traballa como compositor e produtor para outros músicos. Traballou en sete cancións do álbum debut de Nilüfer Yanya Miss Universe, colaborou con Celeste e escribiu e produciu o seu sinxelo "Confessions" do seu álbum debut Athena con Sudan Archives.

No álbum A Western Circular de 2020 abandonou o nome artístico de Slime e comezou a usar a alteración do seu nome propio Wilma Archer. NO disco reuniu convidados destacados, entre eles Sudan Archives, Samuel T. Herring de Future Islands e MF Doom.[1].

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]
  • Company (2015)
  • Burd (2019)
  • A Western Circular (2020)
  • Grotto (2022)
  • In the Brick House (2014)
  • Increases (2011)
  • Increases II (2012)
  • "My Company" b/w "In One Year" (2015)
  • "Like a Hunger" (2017)
  • "Scarecrow" b/w "Cures and Wounds" (2018)

Como Produtor

[editar | editar a fonte]
  • Jessie Ware - "Something Inside" (2012)
  • George Maple - "Began to Say" (2014)
  • Celeste - "Ugly Thoughts" from Lately (2019)
  • Nilüfer Yanya - "WWAY Health™", “Paralysed", "Experience?", "Warning", "'Sparkle' God Help Me", "The Unordained", e "Give Up Function" (2019)
  • Sudan Archives - "Confessions" e "Glorious" (2019)
  • Bullion - "Loving Furlong" (2020)
  • Nilüfer Yanya - "Same Damn Luck" (2020)
  • Nilüfer Yanya - "The Dealer", "Shameless", "Stabilise", "Chase Me", "Midnight Sun", "Trouble", "Try" e "Company" (2022)
  • Nilüfer Yanya - My Method Actor (2024)
  • Lianne La Havas - "Lost & Found (Slime Remix)" (2012)
  1. "Wilma Archer". Consultado o 03 de decembro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]