Devolución de poderes
Aparencia
A devolución de poder ou devolución de poderes é unha transferencia ou delegación política dunha entidade a outra[1], ou dunha persoa a outra. Normalmente ocorre dunha entidade superior a unha entidade inferior (principio de subsidiariedade).
- A delegación de autoridade a un goberno soberano (véxase Estrutura de poder);
- No marco da rexionalización dun país (no caso da autonomía territorial), ás veces con finalidade federalista (que establece un goberno federal), a delegación nunha ou outra rexión dalgunhas das competencias que antes residían no goberno central.
Exemplos
- Home Rule en Irlanda.
- Devolución do poder no Reino Unido:
- Restablecemento do Parlamento escocés en 1999, 300 anos despois de que Escocia abandonara o seu parlamento nacional á súa entrada no Reino Unido (1707).
- Establecemento de gobernos autónomos en Gales e en Irlanda do Norte.
- Os Estatutos de Autonomía en España (1932-1939 e após 1978).
- As rexións autónomas de Italia desde 2001.
- Descentralización en Francia.
- Establecemento da rexión autónoma de Nunavut no Canadá (Véxase tamén Quebec · Federación canadense )
- Establecemento do estatuto de autonomía de Groenlandia, no Estado de Dinamarca, en 2009.
- Establecemento do réxime federal en Bélxica en 1993.
Notas
- ↑ "Devolución (política) _ AcademiaLab". academia-lab.com. Consultado o 2022-05-17.
Véxase tamén
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Devolución de poderes |